2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>: > Despois de consultalo un chisco: > > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será > difÃcil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta. > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico: > > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o > pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) > A + un, outro... > A + todo/s... > A + calquera > ... > > Exemplo : querÃa tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o outro) > > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma > "moderna" en galego...) > > Sempre voto aos meus/os meus > Atopei aos/os demais confundidos > > O problema está a partir de aquÃ. > > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX > con el. > Esa é a realidade do idioma pero aquà está o debate. > >  A radio informa os/aos composteláns >  As manchas de sangue delataron o/ao ladrón > > Eu optarÃa pola forma máis conservadora: > >  A radio informa os composteláns >  As manchas delatan o ladrón
Entón en galego serÃa como en inglés, non? The radio informs the "composteláns" > Por que hai debate? > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo > din algúns autores aÃnda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX (o > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é > precisamente a estrutura contraria ao habitual > > O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non > aparece o -A- > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)  Pode aparecer o -A- como > reforzo > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)  Idem > > > Creo que quedan claras dúas cousas > > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode perfectamente > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos resistencia, > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquà de "restaurar" > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto en trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >

