Despois de consultalo un chisco: Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será difÃcil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta. Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) A + un, outro... A + todo/s... A + calquera ... Exemplo : querÃa tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o outro) A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma "moderna" en galego...) Sempre voto aos meus/os meus Atopei aos/os demais confundidos O problema está a partir de aquÃ. Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX con el. Esa é a realidade do idioma pero aquà está o debate. A radio informa os/aos composteláns As manchas de sangue delataron o/ao ladrón Eu optarÃa pola forma máis conservadora: A radio informa os composteláns As manchas delatan o ladrón Por que hai debate? Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo din algúns autores aÃnda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX (o axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é precisamente a estrutura contraria ao habitual O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non aparece o -A- O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano) Pode aparecer o -A- como reforzo A primavera vence o inverno (-humano, - humano) Idem Creo que quedan claras dúas cousas - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións correctas como para considerar algunhas delas incorrectas - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode perfectamente variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos resistencia, acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquà de "restaurar" senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100702/806c8b2c/attachment.htm>

