------- Mensaxe Remitida -------
De: "Xose M (Pika)" <pikamoku en gmail.com>
A: proxecto en trasno.net
Asunto: Re: preposición A
Data: Thu, 08 Jul 2010 22:37:06 +0200

En Thu, 08 Jul 2010 22:22:38 +0200, Antón Méixome <certima en certima.net>
escribiu:

> 2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>
>
>>
>>
>> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>
>> 2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>>> > Despois de consultalo un chisco:
>>> >
>>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai)  
>>> será
>>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
>>> incorrecta.
>>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>>> >
>>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que  
>>> reduplicar o
>>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
>>> > A + un, outro...
>>> > A + todo/s...
>>> > A + calquera
>>> > ...
>>> >
>>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
>>> outro)
>>> >
>>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
>>> forma
>>> > "moderna" en galego...)
>>> >
>>> > Sempre voto aos meus/os meus
>>> > Atopei aos/os demais confundidos
>>> >
>>> > O problema está a partir de aquí.
>>> >
>>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir  
>>> o
>>> SUX
>>> > con el.
>>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>>> >
>>> >   A radio informa os/aos composteláns
>>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>>> >
>>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
>>> >
>>> >   A radio informa os composteláns
>>> >   As manchas delatan o ladrón
>>>
>>> Entón en galego sería como en inglés, non?
>>>
>>> The radio informs the "composteláns"
>>>
>>
>> Si
>>
>> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou  
>> semellante),
>> o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
>>
>> A radio informa diso aos composteláns
>>
>>
>>    A proper server always shows all files, but some broken servers hide
>> files from the user.
>>
>>    Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
>> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS  
>> (--OD--)
>> AOS USUARIOS (--OI--).
>>
>> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios».  
>> Non é
>> que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os  
>> usuarios" é
>> un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para  
>> unha
>> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
>> significativa (relevante) cá do inglés.
>>
>>
> Outro exemplo común
>
>  Use this option to force the server to show all files.
>  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
>
saúdos.
estou a ler esta conversa con atención. Non podo máis que aprender, pero
nos meus tempos da escola eso traducíase com

"use esta opción para forzar o servidor a mostrar todolos ficheiros"
ou incluso

"forzalo"

ou incluso

"use esta opción para forzar ó servidor a mostrar todolos ficheiros"

ó coma contracción de ao. Non existe xa isto?

non son correctas?
>
>>
>>> > Por que hai debate?
>>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
>>> (segundo
>>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
>>> presenta
>>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o  
>>> SUX
>>> (o
>>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa  
>>> é
>>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
>>> >
>>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
>>> > aparece o -A-
>>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
>>> como
>>> > reforzo
>>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>>> >
>>> >
>>> > Creo que quedan claras dúas cousas
>>> >
>>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas  
>>> construcións
>>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
>>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
>>> perfectamente
>>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
>>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
>>> resistencia,
>>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
>>> "restaurar"
>>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Proxecto mailing list
>>> > Proxecto en trasno.net
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>


-- 

-----------------  Xose M.  -----------------

Responderlle a