2010/7/20 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>

> A normativa permítea, inda que "prefire" as segundas. Por consistencia
> entre todos nós, sería ben usar as segundas.
>
    Manda carallo! Estes non se aclaran!

>
> 2010/7/20 Anxo Outeiral Vidal <bassball93 en gmail.com>
>
> E que dende a normativa do 2003  fixeron modificacións coma as seguintes:
>>
>> *ó* por *ao*
>> *tódolos/todo-los* por *todos os*
>>
>> Ou se poden poñer? Eu penso que non penso que a de Leandro é a correcta ;)
>>
>> 2010/7/9 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>
>> 2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>>> >
>>> >
>>> > 2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>
>>> >>
>>> >>
>>> >> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>> >>>
>>> >>> 2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>>> >>> > Despois de consultalo un chisco:
>>> >>> >
>>> >>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai)
>>> será
>>> >>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
>>> >>> > incorrecta.
>>> >>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>>> >>> >
>>> >>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que
>>> reduplicar o
>>> >>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
>>> >>> > A + un, outro...
>>> >>> > A + todo/s...
>>> >>> > A + calquera
>>> >>> > ...
>>> >>> >
>>> >>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma
>>> o
>>> >>> > outro)
>>> >>> >
>>> >>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é
>>> a
>>> >>> > forma
>>> >>> > "moderna" en galego...)
>>> >>> >
>>> >>> > Sempre voto aos meus/os meus
>>> >>> > Atopei aos/os demais confundidos
>>> >>> >
>>> >>> > O problema está a partir de aquí.
>>> >>> >
>>> >>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode
>>> confundir o
>>> >>> > SUX
>>> >>> > con el.
>>> >>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>>> >>> >
>>> >>> >   A radio informa os/aos composteláns
>>> >>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>>> >>> >
>>> >>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
>>> >>> >
>>> >>> >   A radio informa os composteláns
>>> >>> >   As manchas delatan o ladrón
>>> >>>
>>> >>> Entón en galego sería como en inglés, non?
>>> >>>
>>> >>> The radio informs the "composteláns"
>>> >>
>>> >> Si
>>> >>
>>> >> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou
>>> >> semellante), o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
>>> >>
>>> >> A radio informa diso aos composteláns
>>> >>
>>> >>
>>> >>    A proper server always shows all files, but some broken servers
>>> hide
>>> >> files from the user.
>>> >>
>>> >>    Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
>>> >> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS
>>> (--OD--)
>>> >> AOS USUARIOS (--OI--).
>>> >>
>>> >> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios».
>>> Non
>>> >> é que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os
>>> usuarios"
>>> >> é un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe
>>> para unha
>>> >> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
>>> >> significativa (relevante) cá do inglés.
>>> >>
>>> >
>>> > Outro exemplo común
>>> >
>>> >  Use this option to force the server to show all files.
>>> >  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
>>>
>>> Eu teríao traducido como:
>>>
>>> "Use esta opción para forzar que o servidor mostre todos os ficheiros."
>>>
>>> >>> > Por que hai debate?
>>> >>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
>>> >>> > (segundo
>>> >>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
>>> >>> > presenta
>>> >>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que
>>> o
>>> >>> > SUX (o
>>> >>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é.
>>> Esa é
>>> >>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
>>> >>> >
>>> >>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver
>>> non
>>> >>> > aparece o -A-
>>> >>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o
>>> -A-
>>> >>> > como
>>> >>> > reforzo
>>> >>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>> > Creo que quedan claras dúas cousas
>>> >>> >
>>> >>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas
>>> construcións
>>> >>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
>>> >>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
>>> >>> > perfectamente
>>> >>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo
>>> fortemente
>>> >>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
>>> >>> > resistencia,
>>> >>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
>>> >>> > "restaurar"
>>> >>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>> > _______________________________________________
>>> >>> > Proxecto mailing list
>>> >>> > Proxecto en trasno.net
>>> >>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>> _______________________________________________
>>> >>> Proxecto mailing list
>>> >>> Proxecto en trasno.net
>>> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >>
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Proxecto mailing list
>>> > Proxecto en trasno.net
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> http://trasno.net/
>>
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> http://www.jabberes.org/
>>
>> Un saúdo!
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/

Un saúdo!
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100720/27e73b61/attachment.htm>

Responderlle a