2012/7/24 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Témolo falado moitas veces ... a un arado romano acáelle mellor arcaico, > porque segue a ser romano ? > Pois porque os tipógrafos chámanlle negra a un "tipo de mancha grráfica", e > nos poderemos seren moi modernos e máis ilustrados, mais os profesionais > chámanlle "negra", podemos discutir case toda a terminoloxía profesional ou > aceptala. > > (ollo non confundir tipógrafo con usuario de ferramentas de deseño CAD como > potachop e semellantes) > > É cousa de entender a historia do termo. >
A nosa tradición non é diferente da española, é certo. Ambas derivan exactamente igual da orixinal francesa e secundariamente italiana http://www.unostiposduros.com/taller-de-tipografia-digital-2-conceptos-basicos/ «Estos términos son comúnmente aceptados por los diseñadores de tipos, aunque dependiendo del país o de sus tradiciones en el campo de la imprenta algunos pueden variar o tener más de una denominación.» (1) (1) Por certo, nesa páxina admiten o uso de "fuentes" copiado do inglés, aínda que supoño que como concesión ao popular anglicismo Podémolo discutir, infinitamente. Incluso podemos entrar a diferenciar itálica de cursiva, romana de redonda, lexibilidade de lecturabilidade (tm. chamada comprensibilidade), e así por diante... O criterio actual da RAG é claro: *negriña ou *negrita → grosa http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=groso s Letra grosa. Groso (ac. 3). As entradas deste dicionario aparecen en letra grosa. http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=32893 *negrita Pero en termos técnicos eu, sinceramente, creo que RAG non adoita ser moi competente nin fiable. Todos sabedes por qué; trátese de botánica, física, computación, dereito... por iso eu nestes temas voume cos especialistas galegos, se pode ser: «Do orixinal ao libro, Manual de edición técnica» de Juan L. Blanco Valdés. Ed. Xerais, 2009, editor da USC, autor tamén do Léxico editorial castelán-galego, coordinador do Máster en Edición da USC Que di (páx. 157 e seg.) 1.5 Series ou variedades do tipo Serie ou variedade designa a forma distinta ou alógrafo que un mesmo tipo pode adoptar. As series ou variedades distínguense en función de diferentes criterios: a) pola inclinación do eixo: - redonda; - cursiva (ou itálica); b) polo tamaño: - minúscula (caixa baixa ou baixas no argot técnico. «Non se usan os termos maiúsculas nin minúsculas en edición... - segue a nota- ...»; - versaleta ou versal menor (mal chamada versal); - versal ou maiúscula (caixa alta ou altas no argot técnico); c) polo grosor do ollo - fina (en inglés light) - grosa (en inglés bold) No entanto, no volume Criterios lingüísticos, de «Mellorando os servicios», da USC, ano 2000 aproximadamente, fálase de variacións de presentación dos caracteres dos procesadores de textos e cítase especialmente: cursivas e negras. Este último libro, importante para o galego, foi non só feito polo SNL da USC senón asesorado directamente polo Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, o Servizo de Tradución do DOG... todos eles lingüistas da miña xeración ou arredores, que non teñen por que ter un especial exactitude en temas de tipografía xa que non é a súa función. Limítanse a usar as ferramentas de hoxe, como dicía Bouzada. Resumo a miña postura. Non é un termo no que nós debamos fixar nada. Máis ben dar por válido o que utilicen os especialistas/profesionais e a autoridade académica. Así que xa sei que cousa non acabará aquí. http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002606.html Ou estamos de acordo en que "grosa" non ten problema ningún? Se cadra, si que nos poderiamos preguntar se damos un paso máis en en lugar de utilizar font → tipo de letra, pasamos a font → tipo, a secas ou mesmo ao revés e admitir a imposición do termo "fonte" sinónima de tipo, letra, carácter, tipografía (sensu lato) Outro termo que anda ás voltas relacionado por exemplo é o de "capa" ou "cuberta". Non é tema noso, o que temos é que concretar que referencia seguimos. > > 2012/7/24 damufo <[email protected]> >> >> Intereante! >> >> http://wikidog.xunta.es/index.php/Normas_xerais_de_todos_os_textos >> >> Letra negra ou grosa >> >> Vese que non se acaban de mollar. Na miña opinión a día de hoxe, grosa >> acae moito mellor que negra (penso que grosa cínguese máis ao concepto que >> negra a parte de que negra é confuso). >> Porque non evitar dita confusión? >> >> Eu engadiría isto para debater nas trasnadas. >> >> >> >> >> >> >> En 24/07/2012 10:39, Antón Méixome escribiu: >> >>> Interesante >>> >>> http://wikidog.xunta.es/index.php/Portada >>> >>> Deberá tomarse como unha referencia normativa para a linguaxe >>> xurídico-administrativa pero para os demais tamén resulta de interese >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

