Boas:

En canto ao uso por parte de especialistas e como NON especialista que son, pois non teño nada que dicir.

O meu pensamento vai máis polo usuario común, diría que son a maioría dos que usan os procesadores de textos e onde todos ou case todos estes aplicativos teñen a opción de por a letra máis grosa (ou negra para os especialistas).

Eu penso que se en ditos procesadores de texto o botón para engrosar a letra non aparecese unha letra máis grosa e puxese só negra (o texto con grosor normal), sería como mínimo confuso, máis penso que grosa acae mellor para esa gran maioría de usuarios non especialistas (técnicos, entendidos na materia...) simplemente porque desde o meu punto de vista o significado de grosa é máis acorde co resultado que se pretende.

Na miña opinión mesmo nese ambiente especializado tamén debe haber algo de división cando xa hai fontes que tamén falan de letra grosa (como pode ser esta última que comentou Antón e outras).

grosa (en inglés bold)

http://wikidog.xunta.es/index.php/Normas_xerais_de_todos_os_textos
Letra negra ou grosa




En 24/07/2012 19:36, Antón Méixome escribiu:
2012/7/24 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
Témolo falado moitas veces ... a un arado romano acáelle mellor arcaico,
porque segue a ser romano ?
Pois porque os tipógrafos chámanlle negra a un "tipo de mancha grráfica", e
nos poderemos seren moi modernos e máis ilustrados, mais os profesionais
chámanlle "negra", podemos discutir case toda a terminoloxía profesional ou
aceptala.

(ollo non confundir tipógrafo con usuario de ferramentas de deseño CAD como
potachop e semellantes)

É cousa de entender a historia do termo.


A nosa tradición non é diferente da española, é certo. Ambas derivan
exactamente igual da orixinal francesa e secundariamente italiana

http://www.unostiposduros.com/taller-de-tipografia-digital-2-conceptos-basicos/

«Estos términos son comúnmente aceptados por los diseñadores de tipos,
aunque dependiendo del país o de sus tradiciones en el campo de la
imprenta algunos pueden variar o tener más de una denominación.» (1)

     (1) Por certo, nesa páxina admiten o uso de "fuentes" copiado do
inglés, aínda que supoño que como concesión ao popular anglicismo

Podémolo discutir, infinitamente. Incluso podemos entrar a diferenciar
itálica de cursiva, romana de redonda, lexibilidade de lecturabilidade
(tm. chamada comprensibilidade), e así por diante...

O criterio actual da RAG é claro: *negriña ou *negrita → grosa

http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=groso
   s Letra grosa. Groso (ac. 3). As entradas deste dicionario aparecen
en letra grosa.

http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=32893
*negrita

Pero en termos técnicos eu, sinceramente, creo que RAG non adoita ser
moi competente nin fiable. Todos sabedes por qué; trátese de botánica,
física, computación, dereito... por iso eu nestes temas voume cos
especialistas galegos, se pode ser: «Do orixinal ao libro, Manual de
edición técnica» de Juan L. Blanco Valdés. Ed. Xerais, 2009, editor da
USC, autor tamén do Léxico editorial castelán-galego, coordinador do
Máster en Edición da USC

Que di (páx. 157 e seg.)

1.5 Series ou variedades do tipo
Serie ou variedade designa a forma distinta ou alógrafo que un mesmo
tipo pode adoptar. As series ou variedades distínguense en función de
diferentes criterios:
a) pola inclinación do eixo:
   - redonda;
   - cursiva (ou itálica);
b) polo tamaño:
   - minúscula (caixa baixa ou baixas no argot técnico. «Non se usan os
termos maiúsculas nin minúsculas en edición... - segue a nota- ...»;
   - versaleta ou versal menor (mal chamada versal);
   - versal ou maiúscula (caixa alta ou altas no argot técnico);
c) polo grosor do ollo
  - fina (en inglés light)
  - grosa (en inglés bold)


No entanto, no volume Criterios lingüísticos, de «Mellorando os
servicios»,  da USC, ano 2000 aproximadamente, fálase de variacións de
presentación dos caracteres dos procesadores de textos e cítase
especialmente: cursivas e negras. Este último libro, importante para o
galego, foi non só feito polo SNL da USC senón asesorado directamente
polo Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, o Servizo de
Tradución do DOG... todos eles lingüistas da miña xeración ou
arredores, que non teñen por que ter un especial exactitude en temas
de tipografía xa que non é a súa función. Limítanse a usar as
ferramentas de hoxe, como dicía Bouzada.



Resumo a miña postura.
Non é un termo no que nós debamos fixar nada. Máis ben dar por válido
o que utilicen os especialistas/profesionais e a autoridade académica.
Así que xa sei que  cousa non acabará aquí.
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002606.html

Ou estamos de acordo en que "grosa" non ten problema ningún?


Se cadra, si que nos poderiamos preguntar se damos un paso máis en en
lugar de utilizar font → tipo de letra,   pasamos a font → tipo, a
secas ou mesmo ao revés e admitir a imposición do termo "fonte"
sinónima de tipo, letra, carácter, tipografía (sensu lato)

Outro termo que anda ás voltas relacionado por exemplo é o de "capa"
ou "cuberta". Non é tema noso, o que temos é que concretar que
referencia seguimos.





2012/7/24 damufo <dam...@gmail.com>

Intereante!

http://wikidog.xunta.es/index.php/Normas_xerais_de_todos_os_textos

Letra negra ou grosa

Vese que non se acaban de mollar. Na miña opinión a día de hoxe, grosa
acae moito mellor que negra (penso que grosa cínguese máis ao concepto que
negra a parte de que negra é confuso).
Porque non evitar dita confusión?

Eu engadiría isto para debater nas trasnadas.






En 24/07/2012 10:39, Antón Méixome escribiu:

Interesante

http://wikidog.xunta.es/index.php/Portada

Deberá tomarse como unha referencia normativa para a linguaxe
xurídico-administrativa pero para os demais tamén resulta de interese
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




--
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a