2012/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Vaime ben calquera día.
>
> No canto de terminoloxía, querería propor algún tema de organización.
>
> Xosé
>
>
> 2012/9/15 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>
>>
>> A min a localizacion pareceme ben. En canto a data non tanto :(. As tres
>> primeiras semanas de outubro estarei en Dublin por motivos academicos. Pero
>> se a maioria vos ven ben esa data por min non a cambiedes. Xa caera outra
>> trasnada ;). Saudos dende Taboada.

Desgraciadamente non temos tanta marxe de manobra.


> El 15/09/2012 13:21, "Miguel Branco" <mgl.bra...@gmail.com> escribió:
>>
>> Outra trasnada, faivos? :)
>> http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.1
>>
>> * Onde?
>> En principio, acaería celebrala en Pontevedra e que Antón fixera de
>> coordinador principal. A idea sería centrarse máis na terminoloxía e retirar
>> das trasnadas os cursos de localización.

A razón disto é que Trasno vai participar nun curso de localización
para profesionais, e dado que a maior parte da xente (por non dicir
toda) que se achegaba aos cursos das Trasnadas eran tradutores
profesionais, desta vez preferimos realizar unha Trasnada centrada no
Proxecto Trasno xa que pouco tempo despois se realizará este curso
para tradutores profesionais.

Respecto da terminoloxía, estivemos discutindo na directiva a
posibilidade de cambiar o formato, e ao final imos facer o seguinte
para acelerar a creación de terminoloxía:

* antes da Trasnada crearase unha lista de termos máis comúns (de
centos de termos, e por centos quero dicir que quizais sexan máis de
1000)
* a partir desa lista crearanse grupos de aproximadamente 50 termos
* chegados á Trasnada repartiranse os termos entre os asistentes
* cada participante buscará todos os datos relevantes respecto de cada
un dos termos asignados a el: discernir se o termo se corresponde con
varios conceptos, crear definición ou definicións, buscar traducións
empregadas nas traducións ao galego, etc...
* cada participante incluirá todos os datos recollidos no Terminator
* como o anterior ha levar varias semanas facelo (pola miña
experiencia) o máis probable é que na Trasnada non se discuta nada ou
moi poucos conceptos
* nas seguintes Trasnadas discutiremos en base a todo ese labor de
investigación previo realizado de forma colectiva por todos.

Deica

>> El 15/09/2012 13:21, "Miguel Branco" <mgl.bra...@gmail.com> escribió:
>>>
>>> Outra trasnada, faivos? :)
>>> http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.1
>>>
>>> * Onde?
>>> En principio, acaería celebrala en Pontevedra e que Antón fixera de
>>> coordinador principal. A idea sería centrarse máis na terminoloxía e retirar
>>> das trasnadas os cursos de localización.
>>> Pola miña parte, a data que suxiro é o segundo fin de semana de outubro
>>> (antes a min éme imposible). Se non vos acae/preferides Pontevedra,
>>> propoñede outros lugares e quen a xestionaría.
>>>
>>> * Asemblea
>>> Como no seu momento na trasnada 12.0 non se puido celebrar a primeira
>>> asemblea do ano da asociación; propoño, agás que vexades impedimentos,
>>> celebrala nesta seguinte trasnada. A segunda e última do ano acaería na
>>> primeira ou segunda semana de decembro. Todo o que queirades debater,
>>> dicideo. E os que vos queirades dar de novos socios, benvidos!
>>>
>>> * Como organizarmonos?
>>> Candidatádevos a organizar no que poidades. Editade a wiki para incluír o
>>> que fagades.
>>> Adestora eu xa case teño rematado un cartel e prepararei banner e demais.
>>>
>>> Ide comentando.
>>>
>>> Apertas,
>>> Miguel
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a