2012/9/16 damufo <[email protected]>: > Boas: > Non sei se entendín ben o da lista. Uhna idea é por a lista xa e asignar(se) > os distintos termos para levalos á trasnada, e que cada un vai expoñendo o/s > que preparou.
A idea é repartir o traballo entre todos e adiantalo para antes de cada Trasnada. Explícome. Agora mesmo temos unha lista de termos, e na Trasnada entre todos diferenciamos conceptos, buscamos as posibles traducións, calquera problema que haxa, miramos nos dicionarios cales son os termos aceptados ou non recollidos neles, etc e despois discutimos e intentamos chegar a un acordo. Despois da Trasnada alguén (ata agora eu) xuntaba todo, buscaba ou creaba unha definición acorde (leva o seu traballo) e creaba un ficheiro TBX que despois se publicaba para que todos o puideran empregar. Despois en base a isto creábanse ou actualizábanse as regras de Pology. A idea é que a partir de agora todo o labor de recoller eses datos e crear a definición se faga antes da Trasnada. Estes datos débense meter no Terminator. Despois na Trasnada exporase todo o recollido, os asistentes valorarán se a investigación foi o suficientemente exhaustiva e completa, e de ser así procederase a chegar a un acordo. Ese acordo e todas as opinións expresadas recolleranse no Terminator. E como o Terminator é capaz de xerar ficheiros TBX automaticamente aforramos esa parte. Para as regras de Pology abondará con indicar unha lista de novos conceptos despois de cada Trasnada e xa está. Deste xeito distribuimos o traballo, e en vez de investigar durante a Trasnada simplemente examinamos os datos recollidos e chegamos a un acordo, o que teoricamente permitirá obter un maior volume de acordos. Ademais deste xeito unha vez remate a Trasnada xa estarán todos os acordos dispoñibles para utilizar, sen ter que agardar semanas ou meses a que alguén (non vou dicir quen) remate o labor de recoller todo e crear/actualizar o ficheiro TBX. Como esta vai ser a primeira Trasnada con este sistema, realizaremos durante a Trasnada a investigación, recollida de datos, e utilización de Terminator para que vaiades aprendendo e o fagamos todos seguindo as mesmas pautas. Pode que aprobemos uns poucos conceptos se sobra tempo. A idea tamén é que se faga unha demostración práctica de utilización de Pology ou outras ferramentas se hai alguén interesado. Deica > En 15/09/2012 19:45, Leandro Regueiro escribiu: >> >> 2012/9/15 Xosé <[email protected]>: >>> >>> Vaime ben calquera día. >>> >>> No canto de terminoloxía, querería propor algún tema de organización. >>> >>> Xosé >>> >>> >>> 2012/9/15 Alejo Pacín Jul <[email protected]> >>>> >>>> >>>> A min a localizacion pareceme ben. En canto a data non tanto :(. As tres >>>> primeiras semanas de outubro estarei en Dublin por motivos academicos. >>>> Pero >>>> se a maioria vos ven ben esa data por min non a cambiedes. Xa caera >>>> outra >>>> trasnada ;). Saudos dende Taboada. >> >> >> Desgraciadamente non temos tanta marxe de manobra. >> >> >>> El 15/09/2012 13:21, "Miguel Branco" <[email protected]> escribió: >>>> >>>> >>>> Outra trasnada, faivos? :) >>>> http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.1 >>>> >>>> * Onde? >>>> En principio, acaería celebrala en Pontevedra e que Antón fixera de >>>> coordinador principal. A idea sería centrarse máis na terminoloxía e >>>> retirar >>>> das trasnadas os cursos de localización. >> >> >> A razón disto é que Trasno vai participar nun curso de localización >> para profesionais, e dado que a maior parte da xente (por non dicir >> toda) que se achegaba aos cursos das Trasnadas eran tradutores >> profesionais, desta vez preferimos realizar unha Trasnada centrada no >> Proxecto Trasno xa que pouco tempo despois se realizará este curso >> para tradutores profesionais. >> >> Respecto da terminoloxía, estivemos discutindo na directiva a >> posibilidade de cambiar o formato, e ao final imos facer o seguinte >> para acelerar a creación de terminoloxía: >> >> * antes da Trasnada crearase unha lista de termos máis comúns (de >> centos de termos, e por centos quero dicir que quizais sexan máis de >> 1000) >> * a partir desa lista crearanse grupos de aproximadamente 50 termos >> * chegados á Trasnada repartiranse os termos entre os asistentes >> * cada participante buscará todos os datos relevantes respecto de cada >> un dos termos asignados a el: discernir se o termo se corresponde con >> varios conceptos, crear definición ou definicións, buscar traducións >> empregadas nas traducións ao galego, etc... >> * cada participante incluirá todos os datos recollidos no Terminator >> * como o anterior ha levar varias semanas facelo (pola miña >> experiencia) o máis probable é que na Trasnada non se discuta nada ou >> moi poucos conceptos >> * nas seguintes Trasnadas discutiremos en base a todo ese labor de >> investigación previo realizado de forma colectiva por todos. >> >> Deica >> >>>> El 15/09/2012 13:21, "Miguel Branco" <[email protected]> escribió: >>>>> >>>>> >>>>> Outra trasnada, faivos? :) >>>>> http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.1 >>>>> >>>>> * Onde? >>>>> En principio, acaería celebrala en Pontevedra e que Antón fixera de >>>>> coordinador principal. A idea sería centrarse máis na terminoloxía e >>>>> retirar >>>>> das trasnadas os cursos de localización. >>>>> Pola miña parte, a data que suxiro é o segundo fin de semana de outubro >>>>> (antes a min éme imposible). Se non vos acae/preferides Pontevedra, >>>>> propoñede outros lugares e quen a xestionaría. >>>>> >>>>> * Asemblea >>>>> Como no seu momento na trasnada 12.0 non se puido celebrar a primeira >>>>> asemblea do ano da asociación; propoño, agás que vexades impedimentos, >>>>> celebrala nesta seguinte trasnada. A segunda e última do ano acaería na >>>>> primeira ou segunda semana de decembro. Todo o que queirades debater, >>>>> dicideo. E os que vos queirades dar de novos socios, benvidos! >>>>> >>>>> * Como organizarmonos? >>>>> Candidatádevos a organizar no que poidades. Editade a wiki para incluír >>>>> o >>>>> que fagades. >>>>> Adestora eu xa case teño rematado un cartel e prepararei banner e >>>>> demais. >>>>> >>>>> Ide comentando. >>>>> >>>>> Apertas, >>>>> Miguel >> >> _______________________________________________ >> >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

