Boas a todos. Estiven botándolle unha ollada ás correccións pendentes para o corrector listadas en http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell
Non toquei a lista do wiki. Se nada se di neste fío para impedilo, a seguinte vez que me poña actualizarei a lista eliminando as cousas que se arranxaron desta volta. Só cheguei ata o punto sobre as unidades do sistema internacional. Na seguinte volta partirei dese punto. Código dos cambios: https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/2 Erros que xa estaban corrixidos - *dia (día) - *auxiliár, aparece como suxestión válida cando non o é. - *astrinxente (adstrinxente) - vinteún, vintedous, vintetrés, vintecatro, vintecinco, vinteseis, vintesete, vinteoito, - vintenove. Débense escribir sempre desaglutinados: vinte e un, vinte e dous,... - Incluso se dá a opción correcta como posibilidade. - *vademécum (vademecum) - hainas - continuei - elexir (elixir, ver toda a conxugación, CIII) - haino, faino - interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen, éche, liches, leron, lera, leras, lerades, leran, lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren, sirve, fuxe, iamos, iades, ide - abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafio, caramba, cataplún, coriño, dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro, múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba, recoiro, to, uf, vaites, xo - ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, desenvolto, desprovisto, encolleito, envolto, desprover, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, volto, desdito, anisosilábico, autoservizo - alfabeto (nome e símbolo en minúscula). - Deberían darse por bos todos os símbolos do alfabeto en maiúscula? Erros que non corrixín porque non parecen tal - *exercinte (exercente) - «exercinte» é unha forma correcta, se ben rebuscada: «Oh, poder… Exercinte ata que xa non me quedaba máis de ti». - «exercente» non está contemplada no DRAG. - *currículum (curriculum) - O corrector, seguindo o ditame do DRAG, dá ambas por incorrectas, e acepta «currículo». - óao - Segundo o Wiktionary en galego¹, a forma correcta sería «óiao», que o corrector dá, efectivamente, por boa. - guau (non VOLG) - controverso - O DRAG non o contempla. - refritir, refritido - O DRAG non os contempla. - antidóping - O DRAG considérao unha forma incorrecta, sendo a correcta «antidopaxe». - cableado - O DRAG nin sequera contempla «cablear». Erros para os que necesito información adicional - Revisar a conxugación dos verbos que teñen dous posíbeis paradigmas (aínda que tenden á conxugación regular, especialmente nalgunhas persoas do PTO. e PS - Non sei exactamente a que se refire. Alguén que o saiba pode indicar que son, se o corrector os dá por bos ou malos e, en caso de que os dea por malos, fornecer unha lista das formas que deberían considerarse correctas? Erros corrixidos - *estabelecemento0 (estabelecemento) - contradicido - desprovido - Símbolos químicos. - Baseándome na táboa periódica dos elementos da Wikipedia en inglés², engadín os que faltaban: Bh, Cn, Db, Fl, Lr, Lv, Mt, Rf, Sg, Uuo, Uup, Uus, Uut. - Deberían estar incluídos todos os da táboa periódica estendida³? - Unidades do SI. - Engadín as que faltaban de acordo coas táboas da Wikipedia en inglés⁴. - Separeinas nun módulo de seu, incluído de maneira predeterminada. Referencias ¹ http://gl.wiktionary.org/wiki/oír ² http://en.wikipedia.org/wiki/Periodic_table ³ http://en.wikipedia.org/wiki/Periodic_table_(extended) ⁴ http://en.wikipedia.org/wiki/International_System_of_Units
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

