No DRAG "premer" é sempre transitivo, o que indica que vai necesariamente
seguido dun obxecto directo; un obxecto directo, en xeral, non pode comezar
por preposición. En consecuencia, debemos dicir "Prema o botón do timbre" e
non *"Prema no botón". "Premer" tamén ten un uso absoluto (isto é, omitindo
o obxecto por ser obvio), polo que é posíbel dicir "Prema nunha cela/nun
espazo baleiro".

Digo isto porque estou atopando moitos "Prema na icona" que, segundo isto,
é incorrecto e debería ser "Prema a icona".

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a