Si, bueno, supoño que fun eu (polo de «icona»).

Á maneira de desculpa, pois só poido dicir que non me coincidiu vivir
onde se dixese "premer", para min sempre foi "calcar" (sen a
connotación de ter que usar o pé para facelo).

2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> No DRAG "premer" é sempre transitivo, o que indica que vai necesariamente
> seguido dun obxecto directo; un obxecto directo, en xeral, non pode comezar
> por preposición. En consecuencia, debemos dicir "Prema o botón do timbre" e
> non *"Prema no botón". "Premer" tamén ten un uso absoluto (isto é, omitindo
> o obxecto por ser obvio), polo que é posíbel dicir "Prema nunha cela/nun
> espazo baleiro".
>
> Digo isto porque estou atopando moitos "Prema na icona" que, segundo isto, é
> incorrecto e debería ser "Prema a icona".
>
> Xosé
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a