2013/11/18 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2013/11/18 Antón Méixome <[email protected]>: >> Sería aceptable? >> >> Stop = Parar >> Pause = Deter >> >> O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas >> accións distintas e que estan en todos os trebellos > > Eu emprego (xa que non hai ningún acordo): > > «stop» = «deter» > «pause» = «pausar» > > > O que máis me sorprende é que se miras > http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter > case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na > páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as > acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están > todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo > «parar». >
Precisamente ese é o problema. Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que buscala nós especializando as formas por iso «pausar» non me parece unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un calco do inglés. Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo que con bastante éxito como «retomar» Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de avance dunha reprodución Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar.... E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución Abrir - Pechar - Retirar - Engadir _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

