En 19/11/2013 0:05, Antón Méixome escribiu:
2013/11/18 Leandro Regueiro <[email protected]>:
2013/11/18 Antón Méixome <[email protected]>:
Sería aceptable?
Stop = Parar
Pause = Deter
stop: deter
pause: interromper?
O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
accións distintas e que estan en todos os trebellos
Eu emprego (xa que non hai ningún acordo):
«stop» = «deter»
«pause» = «pausar»
O que máis me sorprende é que se miras
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter
case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na
páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as
acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están
todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo
«parar».
Precisamente ese é o problema.
Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe
técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que
buscala nós especializando as formas por iso «pausar» non me parece
unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se
usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un
calco do inglés.
Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
que con bastante éxito como «retomar»
Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar
Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de
avance dunha reprodución
Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar....
E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución
Abrir - Pechar - Retirar - Engadir
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto