2014-01-29 Xosé <[email protected]>: > Déixase "oem"/"OEM" ou tradúcese como "fabricantes", "fabricantes de > computadores",...?
Creo que sería un criterio de tradutor no sentido de se cres que é necesario/pertinente en función do valor do texto e do seu destinatario. Poño un par de exemplos extraídos de documentos oficiais europeos: a) Traducible → In certain cases, prices for OEM models were found to be higher than for own brand sales. b) Non traducible → OEM security enables a user to protect their intellectual property by preventing unauthorized cloning of configuration. É dicir, cando OEM indica un valor exacto, terminolóxico, non se traduciría mentres que cando indica fabricantes, montadores, manufactores, empresas así en xeral si que se traduciría sobre todo se é un texto dirixido ao público xeral, manual de usuario, prensa ou divulgación. En resumo, que non é o mesmo «un produto/licenza OEM» que «os OEM que montan ou distribúen software = serían "fabricantes", distribuidores, comercializadores» e neste caso o anglicismo non é necesario. > > Xosé > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

