Alguén probou a instalar de 0 a Ubuntu 16.04?
Atopo un problema:
- A interface de idioma galego non se completa no proceso de instalación
- Ao revisar a configuración de idioma, pide instalar unha serie de
paquetes entre os que está hunspel-gl-es
Sobre isto aínda instala o dicionario de mínimos que é unha auténtica
rémora porque xa non existe tal normativa e habería que quitar ese paquete
do medio.
- Non consigue instalar ese paquete de hunspell (que é o corrector de
LibreOffice)
- Párase a instalación do galego no sistema.
Probei a instalar con synaptic pero tampouco vai. Seica ten dependencias
que non atopa.
Pode estar mal construído o paquete en Ubuntu?
_______________________________________________
proxecto mailing list
[email protected]
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto