Re: Eliminación de acentos/diacríticos nas fórmulas das follas de cálculo

2016-12-01 Conversa Serxio Cachaldora
A min paréceme unha aberración que non se debera de producir.
Agora que me preocupa moito máis o restrinxido espazo que ten o Galego nas
tecnoloxías, que deixar ao castelán sen os seus til.

Galiza, diamante en bruto!
O 1 dec, 2016 6:18 a.m., "Adrián Chaves Fernández" 
escribiu:

> Eu non teño opinión sobre o tema. Noutras palabras, en galego temos tiles
> se non me equivoco, e non veo motivo para quitalas.
>
> 2016-11-30 22:09 GMT+01:00 Xosé :
>
>> Unha novidade na próxima LibreOffice será a eliminación dos acentos en
>> castelán. Lede isto: https://bugs.documentfoundatio
>> n.org/show_bug.cgi?id=101981
>>
>> Non parece que se deba a motivos técnicos (ou sexa, non nos veremos
>> forzados no futuro) senón de sinxeleza. Estou en contra por 1) a diferenza
>> E (AND) e É (IS) e 2) a conveniencia de ver as palabras ben escritas no
>> noso idioma.
>>
>> Opinións?
>>
>> Xosé
>>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: É correcto colocar o artigo antes de Twitter?

2016-05-09 Conversa Serxio Cachaldora
Home!,  eu téñome cuestionado moito eses casos, mais non sabería ben que
criterio seguir. Coido que vai segundo soe mellor.
Si sei que cando son siglas, a norma di usar o feminino.

Saúde

Galiza, diamante en bruto!
O 9 mai, 2016 13:13, "Xose M."  escribiu:

> e non sería máis correcto utilizar a forma femenina? "A" Twitter. A "rede
> social" twitter.
>
> Ou ben considerades que é "o servizo de mensaxería Twitter"? Eu creo que
> non, que é unha rede social.
>
>
> Xosé M. Lamas
>
> On 09/05/16 12:00, proxecto-requ...@trasno.net wrote:
>
> É correcto colocar o artigo antes de Twitter?
>
>
> --
> PGP Key_id: ...EFBE4BB3
> 
> Guía para recuperar a intimidade do teu correo
> 
> Non imprimas este correo se non é preciso
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: É correcto colocar o artigo antes de Twitter?

2016-05-08 Conversa Serxio Cachaldora
Persoalmente coido que o uso do artigo, amais de correcto, é O correcto. Na
nosa lingua os nomes propios levan artigo, e as empresas tamén. Así,
podemos dicir:
- A Coca-Cola vén de incorporar o Galego aos seus coches
- A Clesa négase a respectar a lexislación vixente en materia de toponimia
- O Twitter sería fantástico se incorporase o Galego á súa App

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 8 mai, 2016 20:40, "Antón Méixome"  escribiu:

> Fácil:
> Entidade\Produto
> Mozilla\O Firefox
>
> Wolkswagen\O Golf
>
> Frase:
>
> Para Twitter, Inc. é moi importante a seguranza dos datos persoais no
> Twitter.
>
> Barcelona\O Barcelona
>
> A utilización do artigo simplemente é unha marca de palabra común,
> coñecida, incluso con nomes propios:
> María\A María
>
> Trasno recomenda vivamente o uso do artigo, pois ademais de axudar a
> distinguir, resulta natural e tradicional.
>
> El 8 may. 2016 7:55 p. m., "Marcos Lans" 
> escribió:
>
>> Xurdiu nos foros de tradución ao galego no Twitter unha dúbida sobre se é
>> correcto usar o artigo antes da palabra Twitter. P.e: O Twitter, do
>> Twitter, no Twitter.
>>
>> Como penso que tamén pode afectar a outras traducións das nosas, sería
>> útil que algún filólogo nos aclarase o tema cando teña un momento libre. O
>> fío no Twitter é este:
>>
>> https://translate.twitter.com/forum/forums/galician/topics/9521
>>
>> Sería correcto tamén usar O Firefox, O Ubuntu etc?
>>
>> Thanks in advance.
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Trasno na revista Terminalia

2016-03-11 Conversa Serxio Cachaldora
Parabéns a todo o grupo
Unha aperta.

Galiza, diamante en bruto!
O 10 mar, 2016 19:50, "Antón Méixome"  escribiu:

> Aquí tedes creo que o maior recoñecemento académico ao labor de Trasno na
> súa historia:
>
>
> «La terminologia gallega i els col·lectius de localització de programari
> lliure
>
> Cal fer un reconeixement als col·lectius de base que duen a terme un
> treball importantíssim en la localització de programari lliure cap al
> gallec i fan importants aportacions pràctiques en l’àmbit terminològic.
>
> Mereix una atenció especial el col·lectiu Trasno, constituït actualment
> com a associació, que té entre les seves finalitats compilar, elaborar i
> fixar un estàndard coherent de terminologia en llengua gallega en el camp
> de les noves tecnologies, i que ja ha ofert força fruits a la terminologia
> gallega de les TIC.
>
> La terminologia gallega després del Pla General de Normalització de la
> Llengua Gallega, por
>
> Com a conclusió
>
> Podem dir que una de les característiques de la terminologia en llengua
> gallega és el seu policentrisme. »
>
> Manuel González González
> (Académico da RAG)
>
>
> http://revistes.iec.cat/index.php/Terminalia/article/download/139442/pdf_683
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-18 Conversa Serxio Cachaldora
Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define canto
a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a condición
de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo), parello ao
que en castelán chman privacidade.

Que vos parece?

Saúde.

2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome :

> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>
> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>
> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego. En
> portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>
> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>
> Privacy Policy → Normas de privanza
>
> e fai parella con Security → Seguranza
>
> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate case
> medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un castelanismo
> que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>
> O calco directo español de privacy é privacía.
>
>
> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo» porque
> vén do léxico xurídico.
>
> Opinións?
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
institucións:
- Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
- Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
obriga de nos defender):
sxpl.secreta...@xunta.es
Moitas Grazas.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Lexnet e software libre

2016-02-14 Conversa Serxio Cachaldora
Grazas por difundilo.

Galiza, diamante en bruto!
O 14 feb, 2016 5:17 p.m., "Antón Méixome"  escribiu:

> Lexnet non é un "sistema" calquera, leva uns 10 anos de
> desenvolvemento co obxectivo de converterse na administración dixital
> de todas as facetas da xustiza, un sistema que globaliza o uso do
> dixital e eliminará o uso do papel.
>
> O problema son os detalles:
> Déixovos para lectura, un artigo que levaba tempo esperando. Alguén
> con coñecemento directo e excelente criterio:
>
> Un extracto:
>
> «se está utilizando una tecnología propietaria, se están utilizando
> máquinas que solamente funcionan con un determinado Java, no se está
> cifrando la información, la identificación de los usuarios esté en
> manos de ActiveX (diseñado por una empresa que ha tenido gravísimos
> fallos de seguridad) y los formatos exigidos (como el PDF) hacen que
> el sistema no sea interoperable.»
>
> http://www.baquia.com/tecnologia/base-tecnologica-lexnet-inconstitucional
>
>
> Trasno levou este asunto ás reunións coa AMTEGA pedindo que se estude
> a fondo, debido á transcendencia, do mesmo calibre que o software que
> se utiliza no sistema educativo.
>
> Aquí están en xogo os dereitos dos cidadáns e mesmo a calidade da
> democracia na nosa sociedade. Por non falar das garantías para o uso
> do noso idioma, da invasión de competencias autonómicas ou da
> indefensión cando se produzan todo tipo de problemas de funcionamento
> ou do monopolio tecnolóxico en que queda encerrado todo.
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] scan

2016-01-13 Conversa Serxio Cachaldora
Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" 
escribiu:

> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome  escribiu:
> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome  escribiu:
> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
> >>
> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
> >>
> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
> inglés:
> >>
> >> escanear
> >>  verbo transitivo
> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
> >> gárdaas no disquete.
> >>
> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
> >> por exemplo no caso de redes.
> >>
> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
> >>
> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
> >> un radar, un varrido de radar.
> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
> >
> >
> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
> > valor non estea recollido pola RAG
> >
> > "Deter
> escaneo"
> > En
> >
> >
> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>
> Ola,
> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
> existencia.
>
>
> Deica
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] scan

2016-01-13 Conversa Serxio Cachaldora
Pois sendo así, o máis axeitado é o termo de "varrido".

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 13 xan, 2016 14:12, "mvillarino" <mvillar...@gmail.com> escribiu:

> Boa tarde:
>
> Non esquecer que un SEM (scanning electron microscope) é un "microscopio
> electrónico de barrido/varredura)
>
> O 13 xaneiro 2016 09:36, Serxio Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
> escribiu:
>
>> Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.
>>
>> Saúde, Serxio.
>>
>> Galiza, diamante en bruto!
>> O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" <leandro.regue...@gmail.com>
>> escribiu:
>>
>>> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
>>> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
>>> >>
>>> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
>>> >>
>>> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
>>> inglés:
>>> >>
>>> >> escanear
>>> >>  verbo transitivo
>>> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
>>> >> gárdaas no disquete.
>>> >>
>>> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
>>> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
>>> >> por exemplo no caso de redes.
>>> >>
>>> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
>>> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
>>> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
>>> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
>>> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
>>> >>
>>> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
>>> >> un radar, un varrido de radar.
>>> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
>>> >
>>> >
>>> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
>>> > valor non estea recollido pola RAG
>>> >
>>> > "Deter
>>> escaneo"
>>> > En
>>> >
>>> >
>>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>>>
>>> Ola,
>>> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
>>> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
>>> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
>>> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
>>> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
>>> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
>>> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
>>> existencia.
>>>
>>>
>>> Deica
>>> ___
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Mensaxe para Ian

2016-01-03 Conversa Serxio Cachaldora
Estou dacordo co texto.

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 31 dec, 2015 13:08, "Antón Méixome"  escribiu:

> O 31 decembro 2015 13:05, Xosé  escribiu:
> > Que pasa con trasno.gal? (tema para a directiva)
> >
> > Xosé
>
> Que redirixe a trasno.net pero trasno.gal está activo. É unha tema de
> hosting que tento solucionar.
>
>
>
> >
> > O 31 dec, 2015 1:03 p.m., "Antón Méixome" 
> escribiu:
> >>
> >> O 31 decembro 2015 11:34, Xosé  escribiu:
> >> > E se tamén o pos en trasno.gal?
> >>
> >> Mensaxe enviada.
> >>
> >> Tamén o publico no web
> >>
> >> http://www.trasno.net/en-lembranza-de-ian-murdock-fundador-de-debian/
> >>
> >>
> >> >
> >> > O 31 dec, 2015 11:32 a.m., "Antón Méixome" 
> >> > escribiu:
> >> >>
> >> >> Este é texto que propoño para difundir (comentade):
> >> >>
> >> >> En nome da comunidade galega de tradutores voluntarios de software
> >> >> libre «Proxecto Trasno», manifesto o noso dó polo pasamento de Ian,
> >> >> pioneiro e fundador de Debian, un dos proxectos nos que traballamos e
> >> >> que nos reuniron a nós en comunidade aberta desde hai 15 anos co fin
> >> >> de acadar un sistema operativo universal para a súa adaptación á nosa
> >> >> lingua e sen dúbida a máis importante e influente distribución de
> >> >> código aberto ao longo do tempo.Non só o software senón sobre todo os
> >> >> principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e
> >> >> coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático
> >> >> seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos
> >> >> agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando
> >> >> certos de seguirán dando os mellores froitos nas mans dos miles de
> >> >> usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade
> >> >>
> >> >> (redacto en primeira persoa porque penso remitilo co enderezo de
> >> >> presiden...@trasno.net)
> >> >> ___
> >> >> proxecto mailing list
> >> >> proxecto@trasno.net
> >> >> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Mensaxe para Ian

2015-12-30 Conversa Serxio Cachaldora
Paréceme o correcto.

Galiza, diamante en bruto!
O 30 dec, 2015 22:18, "mvillarino"  escribiu:

> Por min perfecto.
>
> O 30 decembro 2015 20:53, Antón Méixome  escribiu:
> > Se vos parece podemos redactar unha pequena mensaxe e remitila aquí
> >
> > in-memoriam-...@debian.org
> >
> > onde se gardará como memorial ou libro de condolencias. Creo que pouco
> > é pero paga a pena.
> >
> >
> > Vía Debian:
> https://bits.debian.org/2015/12/mourning-ian-murdock.html?utm_source=twitterfeed_medium=twitter_campaign=bits.debian.org
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Discourse

2015-12-23 Conversa Serxio Cachaldora
Boas, parece que xa fun avanzando. Conseguín descargar un arquivo que,
supoño, hai que traducir.
So quero confirmar unha cousa. O arquivo en cuestión chámase:

for_translation_discourse-org_clientenyml_gl.yml

Cando se abre aparece unha lista enorme de comandos e dende aí hai que
facer a tradución?

Exemplo:

edit: 'editar o título e a categoría deste tema'
not_implemented: "Sentímolo pero esta funcionalidade non se
implementou aínda."
no_value: "Non"
yes_value: "Si"

De ser así, o problema que teño eu é que non me aparecen as verbas con
acentos (estes están codificados), e iso lévame a preguntar como podo facer
unha tradución se os acentos non se poden gardar.

A ver se me podedes axudar. Se cadra o problema é o programa co que se
abríu ese arquivo, no meu caso foi o TextEdit do Mac.

Saúde, Cachaldora.


O 22 decembro 2015 23:35, Manel Villar <mane...@gmail.com> escribiu:

> Rexístrate na web e despois na mesma páxina, "Join Team". Entón hai que
> escoller "Galician" no desplegábel. Transifex é unha ferramenta moi
> empregada, así que deberia ser doado unirse ao grupo.
>
> As categorías son sempre un punto grande de desencontro. Haberá que
> escollelas, mais o Discourse ainda está de proba, e quedan cousas por facer
> antes.
>
> Orde e progreso :D
>
> 2015-12-22 22:45 GMT+01:00 Serxio Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
> :
>
>> Eu tentei entrar no enlace pra contribuír na tradución pero cando carga a
>> páxina di que teño o acceso prohibido.
>> Sabedes como debo de facer?
>>
>> Saúde, Serxio.
>>
>> Galiza, diamante en bruto!
>> O 22 dec, 2015 17:21, "Manel Villar" <mane...@gmail.com> escribiu:
>>
>>> Saudos,
>>>
>>> En Chuza temos a proba o software Discourse, que é un sistema de foros
>>> moderno. O enderezo é: http://beta.chuza.gal
>>>
>>> Aqui está a ligazón de Transifex para a traducción ao galego por se
>>> queredes colaborar:
>>>
>>> https://www.transifex.com/discourse/discourse-org/language/gl/
>>>
>>> Haberá un anuncio público OQue.GAL en breve.
>>>
>>> Grazas
>>>
>>> --
>>> Manel Villar
>>> Paulsborner Str. 9
>>> 10709 Charlottenburg
>>> Berlin (Deutschland)
>>>
>>> Tel: (+49) (0)162 6574604
>>> skype: manel.villar
>>> mane...@gmail.com
>>>
>>> *"Ars longa, vita brevis"*
>>>
>>> ___
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>
>
> --
> Manel Villar
> Paulsborner Str. 9
> 10709 Charlottenburg
> Berlin (Deutschland)
>
> Tel: (+49) (0)162 6574604
> skype: manel.villar
> mane...@gmail.com
>
> *"Ars longa, vita brevis"*
>



-- 
Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
institucións:
- Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
- Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
obriga de nos defender):
sxpl.secreta...@xunta.es
Moitas Grazas.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: terminoloxía de android

2015-11-27 Conversa Serxio Cachaldora
Eu de inglés non domino :(

Saúdos.

Galiza, diamante en bruto!
O 27 nov, 2015 10:47, "Leandro Regueiro" 
escribiu:

> O 27 novembro 2015 02:11, Antón Méixome  escribiu:
> > Coas súas definicións
> >
> > https://wiki.cyanogenmod.org/w/Doc:_glossary
> >
> >
> > Algunhas merecen consideración pola nosa parte: rooting, flashing,
> > brick, wipe...
>
> Basicamente só hai que fornecer a tradución galega e vía. Hai alguén
> da comunidade de Android por aquí?
>
>
> Deica
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía] dummy page

2015-11-21 Conversa Serxio Cachaldora
Boas, dacordo cos razoamentos que vides de expor, pareceme outra opcion
posibel poñer “paxina modelo“.
Coido que a sua funcion e esa.

Perdoade non poñer os tiles, pero veño de reiniciar o ordenador e ainda non
din configurado ben o teclado.

Saude,
Trilino.

O 21 novembro 2015 18:39, Antón Méixome  escribiu:

> 2015-11-21 16:56 GMT+01:00 Manuel Caeiro Rodrí’guez :
> > Coido que podería porse "... coa maqueta dunha páxina ..."
> >
> > El 21/11/15 a las 15:34, Cristian Estévez Hermida escribió:
> >
> > Bo dia,
> >
> > Estou traducindo o sitio web de OmegaT ao galego, e atopei un termo para
> o
> > cal non puiden dar cun equivalente nin no galego nin no castelán, dummy
> > page. O termo aparece na seguinte frase:
> >
> > When you have selected all of these, the Start button appears. When
> > actuated, this launches your browser with a dummy page instructing you to
> > set the automatic refresh function, which you should then do, and then to
> > hit Ctrl+s, Ctrl+d in OmegaT to launch automatic updating of the browser.
> >
> > Podedes atopar a páxina da cal provén este termo aquí.
> >
> > Algunha suxestión?
> >
>
>
> Ola Christian
>
> Como me estrañaba que non se tivese falado dela fixen unha busca e
> atopo o seguinte:
>
> a) Dummy Backend Plugin
>
> gl:Extensión da infraestrutura de proba
> pt:'Plugin' da Infra-Estrutura de Testes
> es:Complemento de motor de prueba
>
> b) dummy variable
> gl: variable muda
>
>
> c) dummy instruction
> gl: instrución falsa
>
> Ademais, tendo en conta o famoso "dummy text" : Lorem ipsum... etc
>
> Que viría sendo un texto de proba, pois parece que a proposta máis
> neutra sería "páxina de proba". Unha suxestión á parte podería ser
>
> páxina de palla / texto de palla / home de palla (que tamén sería
> moneco de probas)
>
>
> P.S
> Por certo, corrixo a estrutura do asunto: [terminoloxia] -- dúbida --
>
>
>
> > Saudiña,
> >
> > Cristian
> >
> >
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> > --
> > Manuel Caeiro Rodríguez
> > PhD in Telecommunications Engineering
> > Associate Professor (Profesor Contratado Doctor)
> > Department of Telematic Engineering
> > E.E. Telecomunicación
> > University of Vigo
> > 36312 Vigo, Spain
> > Phone: (+34) 986.813.468
> >
> > Working in Edu-AREA
> > Web http://www.edu-area.com
> > Blog http://blog.edu-area.com
> > Twiter @edu_area
> >
> >
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>



-- 
Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
institucións:
- Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
- Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
obriga de nos defender):
sxpl.secreta...@xunta.es
Moitas Grazas.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto