Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.
Saúde, Serxio. Galiza, diamante en bruto! O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" <[email protected]> escribiu: > O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está > >> recollido no DRAG temos o tema do verbo. > >> > >> Por exemplo: scan WI-FI que se traduce como ... > >> > >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en > inglés: > >> > >> escanear > >> verbo transitivo > >> Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e > >> gárdaas no disquete. > >> > >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería > >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar" > >> por exemplo no caso de redes. > >> > >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como > >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de > >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar > >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é > >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar. > >> > >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai > >> un radar, un varrido de radar. > >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar > > > > > > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal > > valor non estea recollido pola RAG > > > > <string name="stop_scan" msgid="527546916633745779">"Deter > escaneo"</string> > > En > > > > > https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml > > Ola, > Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún > significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería > empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente > diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar» > tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a > connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben > investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa > existencia. > > > Deica > _______________________________________________ > proxecto mailing list > [email protected] > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

