Pois sendo así, o máis axeitado é o termo de "varrido". Saúde, Serxio.
Galiza, diamante en bruto! O 13 xan, 2016 14:12, "mvillarino" <[email protected]> escribiu: > Boa tarde: > > Non esquecer que un SEM (scanning electron microscope) é un "microscopio > electrónico de barrido/varredura) > > O 13 xaneiro 2016 09:36, Serxio Cachaldora <[email protected]> > escribiu: > >> Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado. >> >> Saúde, Serxio. >> >> Galiza, diamante en bruto! >> O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" <[email protected]> >> escribiu: >> >>> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: >>> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: >>> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está >>> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo. >>> >> >>> >> Por exemplo: scan WI-FI que se traduce como ... >>> >> >>> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en >>> inglés: >>> >> >>> >> escanear >>> >> verbo transitivo >>> >> Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e >>> >> gárdaas no disquete. >>> >> >>> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería >>> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar" >>> >> por exemplo no caso de redes. >>> >> >>> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como >>> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de >>> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar >>> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é >>> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar. >>> >> >>> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai >>> >> un radar, un varrido de radar. >>> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar >>> > >>> > >>> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal >>> > valor non estea recollido pola RAG >>> > >>> > <string name="stop_scan" msgid="527546916633745779">"Deter >>> escaneo"</string> >>> > En >>> > >>> > >>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml >>> >>> Ola, >>> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún >>> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería >>> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente >>> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar» >>> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a >>> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben >>> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa >>> existencia. >>> >>> >>> Deica >>> _______________________________________________ >>> proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >>> >> >> _______________________________________________ >> proxecto mailing list >> [email protected] >> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >> >> > > _______________________________________________ > proxecto mailing list > [email protected] > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

