Re: Novas paxinas do XIS
Camilo Regueiro wrote: > > > PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só > > fai un listado de directorios ;)) > > ummm ?:( estas seguro. Estiven probando e vexo que o temos. Debeu de > pasar que Roberto Abalde estivo cambiando onte as páxinas e entraches nun > intre que estaba actualizando, supoño. > > Proba de novo e se estas conectado a un Proxy, actualiza a páxina. Se > segue a pasar avisame por favor. > > Gracias polo aviso pois sería iso, agora mesmo está ben :)) aburinho!! Manuel A. Fernández Montecelo -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
RE: Novas paxinas do XIS
> PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só > fai un listado de directorios ;)) > > > aburinho!! > ummm ?:( estas seguro. Estiven probando e vexo que o temos. Debeu de pasar que Roberto Abalde estivo cambiando onte as páxinas e entraches nun intre que estaba actualizando, supoño. Proba de novo e se estas conectado a un Proxy, actualiza a páxina. Se segue a pasar avisame por favor. Gracias polo aviso -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
RE: Novas paxinas do XIS
>A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería >dicir" software gratuito (freeware) e de demostración > >(shareware) para Windows", xa que iso é o que tedes de >momento. Non é que cambie moito (casi nada, de >feito), pero é unha cousa máis exacta :-) A ver Roberto. como ti dis é o que temos ata o de agora, e se queremos exactitude precisa, o Mozilla que temos é 'open source' e ademais vai servir para Linux, está Jesus con eso, e poderíamos decir que é un proxecto Galego21-TRASNO (non si Jesus?), asi pois a túa suxerencia xa non é correcta. Agardamos ter algo tamén para Mac, e así pois tampouco poderíamos limitar a cousa a Windows, etc... Veña :)) Recibe unha forte aperta -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
Re: Novas paxinas do XIS
Roberto Suarez Soto wrote: > > El día 19/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía: > > > Dacordo tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos > > diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é > > o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen > > admirado como RMS :))). > > Non, é que en Linux hai de toda clase de software :-D Hai software "de > libre distribución" (freeware, para entendermonos), software Open Source (de > código aberto), shareware, software comercial ... :-) Que a meirande parte > sexa de código aberto non quere dicir que sexa todo así. Aínda que me gustaría > :-D > E o propio termo de "libre distribución" ten moitos detalles. Hai > moitos programas que son de distribución caseque libre: programas que permiten > a súa distribución só en forma de fontes, programas que permiten a súa > distribución libre mais non permiten que se cobre nada por eles (en forma de > CDs ou revistas, por exemplo), etc. vaia co emulador de Mr RMS, e non esquences o software libre };))) lembra que freeware != sw libre, e opensource != sw libre tb ;)) por credes que vos serve serve de algo ... http://www.gnu.org/philosophy/categories.html > A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir > "software gratuito (freeware) e de demostración (shareware) para Windows", xa > que iso é o que tedes de momento. Non é que cambie moito (casi nada, de > feito), pero é unha cousa máis exacta :-) hmm, eu casi que tb me apunto. pero Camilo, tómao como unha simple *suxerencia* ;)) > Síntoo, pasei demasiado tempo con Jacobo e pegóuseme toda a cousa > legal isa de definir as cousas do xeito máis axeitado posible :-D > > -- > Roberto Suarez Soto · Help me ... >ask...@gpul.org · Heal me ... > Corgo/Lugo/Galicia/Spain · Kill me ... PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só fai un listado de directorios ;)) aburinho!! Manuel A. Fernández Montecelo TraSNo- GNU/Linux en galego [http://trasno.gpul.org] GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de GNU/Linux [http://www.glug.es] GNU [http://www.gnu.org] <-> Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
Re: Novas paxinas do XIS
El día 18/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía: > inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución. ... para Windows, ¿non? };-) E un pouco unha broma e un pouco en serio: dicir "todo o software de libre distribución" é dicir moito, e penso que dicindo que "para Windows (inicialmente)", ou algunha matización dese estilo, podería quedar mellor. Xa, xa sei que son un pesado, pero tamén RMS o é e mirade canta xente o admira ;-D -- Roberto Suarez Soto · Help me ... ask...@gpul.org · Heal me ... Corgo/Lugo/Galicia/Spain · Kill me ... -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
Re: Novas paxinas do XIS
El día 19/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía: > Dacordo tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos > diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é > o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen > admirado como RMS :))). Non, é que en Linux hai de toda clase de software :-D Hai software "de libre distribución" (freeware, para entendermonos), software Open Source (de código aberto), shareware, software comercial ... :-) Que a meirande parte sexa de código aberto non quere dicir que sexa todo así. Aínda que me gustaría :-D E o propio termo de "libre distribución" ten moitos detalles. Hai moitos programas que son de distribución caseque libre: programas que permiten a súa distribución só en forma de fontes, programas que permiten a súa distribución libre mais non permiten que se cobre nada por eles (en forma de CDs ou revistas, por exemplo), etc. A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir "software gratuito (freeware) e de demostración (shareware) para Windows", xa que iso é o que tedes de momento. Non é que cambie moito (casi nada, de feito), pero é unha cousa máis exacta :-) Síntoo, pasei demasiado tempo con Jacobo e pegóuseme toda a cousa legal isa de definir as cousas do xeito máis axeitado posible :-D -- Roberto Suarez Soto · Help me ... ask...@gpul.org · Heal me ... Corgo/Lugo/Galicia/Spain · Kill me ... -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
RE: Novas paxinas do XIS
> > > inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución. > > ... para Windows, ¿non? };-) E un pouco unha broma e un pouco en > serio: dicir "todo o software de libre distribución" é dicir moito, e penso > que dicindo que "para Windows (inicialmente)", ou algunha matización dese > estilo, podería quedar mellor. > > Xa, xa sei que son un pesado, pero tamén RMS o é e mirade canta xente > o admira ;-D > Dacordo tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen admirado como RMS :))). Apertas -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe
Novas paxinas do XIS
Galego21 - Proxecto Xis (www.galego21.org/xis): O proxecto Xis ven de reorientarse e de extrenar páxinas Web novas. O Proxecto Xis, nacido para a adaptación do Netscape Communicator ao galego, despois de sacar a súa primeira versión, o Xis 4.03, reorienta a súa idea inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución. o Proxecto Xis está incluido dentro da plataforma de traballo de Galego21 (www.galego21.org) que engloba aos seguintes proxectos: Lapis de Cores: , onde se poden atopar recursos educativos en Galego de todo tipo, dende textos ata programas educativos (Lapis de Cores) Proxecto Rianxo: Un proxecto de elaborar un traductor de textos automático de galego-castelán e de castelán ao galego e que xa conta cunha versión operativa totalmente gretuíta na rede en forma de applet de Java nunha páxina Web. Proxecto Tomiño: Proxecto para poñer na rede as obras dos grandes autores galegos que xa estean libres de dereitos de autor para que calquera poda baixalas e disfrutar delas. Hoxe en dia xa se contan con mais de 5Gb de obras de autores entre os que figuran Rosalía de Castro, Padre Feijoo, Alfonso X, etc.. Proxecto Rábade: Un curso en liña de galego orientado sobre todo a fillos de emigrantes galegos no exterior. SOFTWARE DISPOÑIBLE NO PROXECTO XIS: Despois de meses de traballa o Proxecto Xis acaba de poñer a dispor de todos os internautas e usuarios de informática de Galicia a adaptación ao galego dos programas mais populares tanto de internet como de multimedia. Así pois calquera pode baixar de xeito gratuíto dende 'www.galego21.org/xis' os seguintes programas elaborados polo equipo do Xis: - Xis 4.03 .- A adaptación ao galego do coñecido navegador Netscape Communicator, que inclúe navegador Web, Xestor de Correo electrónico, Xestor de grupos de debate, e editor HTML. - WinAmp 2.64 .- O mais famoso reproductor de arquivos de música en formato MP3 - WebCopier 2.1 .- O navegador off-line mais empregado polos internautas a nivel internacional. Permite baixar todo un sitio Web ao noso disco para despois navegar polas suas páxinas sen conexión telefónica. - WebZip 3.80 .- Igual que o WebCopier, pero permite gardar o sitio descargado en formato Zip. - LeechFtp 1.3.- Un excelente cliente de Ftp que nos permitirá descargar arquivos dende servidores FTP, ou nos permitirá xestionar o noso sitio WEB. - NetVampire 3.3 .- Un xestor de descargas de arquivos de internet que permite entre outras cousas, recuperar unha descarga que se cortou polo medio no punto onde se deixou, sen ter que comezar de novo a descarga que moitas veces pode supoñer unha grande cantidade de Megas. Aforrando tempo e sobre todo cartos. Easy CD-DA Extractor: Permite pasar música dun CD a formatos dixitais para escoitalos por ordenador en varios formatos, principalmente MP3. Mozilla 6 (M14) .- A evolución do Netscape Communicator, e sobre o que se basea a nova versión do Netscape 6 acabado de sair. Esta é unha versión provisional, con erros aínda pero que permitenos ver como será a vindeira versión do navegador XIS, con xestor de correo de grupos de novas e editor HTML, ademais incorpora con respecto ao Netscape Communicator técnicas avanzadas de programación orientada a obxectos. Este novo producto incorpora total compatibilidade cos estandares HTML 4, CSS, -1, XLM, RDF, etc... Para descargar as versións destes programas ademais doutros da autoría doutras persoas que estan dispoñíbeis na rede podes ir a www.galego21.org/xis . Para mais información: camilo.regue...@galego21.org