NOTIFICATION.

2009-03-12 Conversa r.p.vanbavel

 Dear Email Account User,
This is to inform you that your email address has made you the 3rd prize winner 
in the just concluded  Online promotion/award  held in the month of  February 
2009.   
You have won  £ 750,000.00 GBP. Contact the claims agent below to claim your 
prize.

Name :  Dr John Mccall.
 
Email: enquiryu...@msn.com
Phone:+44  704 576 2729

Regards,
Mrs Bert  Sturkenboom
Online Co-ordinator,
IRNLB.


dúbida sobre ISDN / RDSI

2009-03-12 Conversa Miguel Bouzada
Revisando a tradución de ant-phone (isdnutils) atópome reiteradamente coas
siglas ISDN e teño a dúbida de si traducilas ou non por RDSI.

Vos que fariades?

-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."


Re: dúbida sobre ISDN / RDSI

2009-03-12 Conversa Leandro Regueiro
> Revisando a tradución de ant-phone (isdnutils) atópome reiteradamente coas
> siglas ISDN e teño a dúbida de si traducilas ou non por RDSI.

ISDN é un dos poucos casos nos que traducimos siglas. Sempre por RDSI, sempre.

Outro caso seria UPS, que sempre se traduce por SAI.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[terminoloxia] socket

2009-03-12 Conversa Leandro Regueiro
Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión   (KDE) = 1


O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".


Re: [terminoloxia] socket

2009-03-12 Conversa damufo



Leandro Regueiro escribiu:

Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión   (KDE) = 1





O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".



socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.


Re: [terminoloxia] socket

2009-03-12 Conversa Tomás Teijeiro Campo

damufo escribió:



Leandro Regueiro escribiu:

Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión   (KDE) = 1





O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".



socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.




Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal non 
se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución máis 
fácil de entender polas persoas máis especializadas, que sen dúbida é 
"socket".


Fwd: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Leandro Regueiro
Como parece que non chegou á rolda de Trasno (ou polo menos a min non
me chegou) reenvio:


-- Forwarded message --
From: alberte mendez lopez 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/3/12
Subject: Fwd: Solicitude charla
To: Leandro Regueiro 

Ola, son profesor do CPI de Atios en Valdoviño e tiña unha solicitude.

Sei do voso traballo porque estou subscrito á lista e, máis ou menos,
voume enterando dalgún tema. O asunto é que me interesaba que alguén
puidera vir dar unha charla/presentación ao meu colexio, xa que me
parece un traballo moi importante e interesante, tanto no contido como
no desenvolvemento do mesmo.
Sei que pode ser complicado, e xa me dixera Leandro que non tedes a
ninguén por esta remota parte do mundo, pero agora nos concederon unha
axuda económica, así que poderíamos remunerar a charla, para que, se
vén alguén, poidera ter para pagarse os gastos de desprazamento e lle
quedase aínda algo (a convir) para invitar á parella a cear nun sitio
bonito.

O tema que nos interesaría que desenvolvese a charla, ou o que sexa,
sería o software libre, a traducción e , sobre todo, como vos
organizades (técnica e humanamente) para levar adiante o voso
traballo. De todos xeitos, isto xa o concretaríamos.

As datas preferentemente serían despóis de semana santa e,
obrigatoriamente, antes do 31 de maio que temos que ter todo  acabado.
Creo que sería un traballo que estaría moi ben, tanto por traballar
sobre os cachorros que poden ser futuros traductores, como por
difundir entre o profesorado a vosa actividade, que seguro moitos
descoñecen e lles interesará.

Grazas pola vosa atención e, sempre, polo voso traballo.

Tucho Méndez
CPI de Atios - Valdoviño


Solicitude charla

2009-03-12 Conversa alberte mendez lopez
Ola, son profesor do CPI de Atios en Valdoviño e tiña unha solicitude.
Sei do voso traballo porque estou subscrito á lista e, máis ou menos, voume
enterando dalgún tema. O asunto é que me interesaba que alguén puidera vir
dar unha charla/presentación ao meu colexio, xa que me parece un traballo
moi importante e interesante, tanto no contido como no desenvolvemento do
mesmo.
Sei que pode ser complicado, e xa me dixera Leandro que non tedes a ninguén
por esta remota parte do mundo, pero agora nos concederon unha axuda
económica, así que poderíamos remunerar a charla, para que, se vén alguén,
poidera ter para pagarse os gastos de desprazamento e lle quedase aínda algo
(a convir) para invitar á parella a cear nun sitio bonito .
O tema que nos interesaría que desenvolvese a charla, ou o que sexa, sería o
software libre, a traducción e , sobre todo, como vos organizades (técnica e
humanamente) para levar adiante o voso traballo. De todos xeitos, isto xa o
concretaríamos.
As datas preferentemente serían despóis de semana santa e, obrigatoriamente,
antes do 31 de maio que temos que ter todo  acabado.
Creo que sería un traballo que estaría moi ben, tanto por traballar sobre os
cachorros que poden ser futuros traductores, como por difundir entre o
profesorado a vosa actividade, que seguro moitos descoñecen e lles
interesará.
Grazas pola vosa atención e, sempre, polo voso traballo.
Tucho Méndez
CPI de Atios - Valdoviño


Re: [terminoloxia] socket

2009-03-12 Conversa mvillarino
> O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".

Eu opino algo moi semellante ao que opinas ti de «implementar»


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa mvillarino
2009/3/12 Leandro Regueiro :
> Sei que pode ser complicado, e xa me dixera Leandro que non tedes a
> ninguén por esta remota parte do mundo, pero agora nos concederon unha
> axuda económica, así que poderíamos remunerar a charla, para que, se
> vén alguén, poidera ter para pagarse os gastos de desprazamento e lle
> quedase aínda algo (a convir) para invitar á parella a cear nun sitio
> bonito.

Valdoviño está a uns 45 minutos de Viveiro, se alguén máis se anima,
podémola facer. Eu non quero axudas económicas.

> As datas preferentemente serían despóis de semana santa e,
> obrigatoriamente, antes do 31 de maio que temos que ter todo  acabado.

No caso de ser en día laborable, tería algún problema máis, pero un
día ben podo escapar.


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Miguel Branco

> Valdoviño está a uns 45 minutos de Viveiro, se alguén máis se anima,
> podémola facer. Eu non quero axudas económicas.

Pois xq non, a min quédame como a 1h: podería ir. Iso si tería que escoller o 
día pois teño horarios complicados e por preferír prefiro antes de Semana 
Santa e un Luns ou un Xoves, pero vamos, que non hai moito problema. 

Igual ca Marce, non creo que nos teñades que pagar nada, como moito indicarnos 
dun sitio non que poidamos xantar ben ;) e iso inclúe que fagan un bo café . 

Saúdos e moitas grazas pola invitación, Alberte


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Leandro Regueiro
>> Valdoviño está a uns 45 minutos de Viveiro, se alguén máis se anima,
>> podémola facer. Eu non quero axudas económicas.
>
> Pois xq non, a min quédame como a 1h: podería ir. Iso si tería que escoller o
> día pois teño horarios complicados e por preferír prefiro antes de Semana
> Santa e un Luns ou un Xoves, pero vamos, que non hai moito problema.
>
> Igual ca Marce, non creo que nos teñades que pagar nada, como moito indicarnos
> dun sitio non que poidamos xantar ben ;) e iso inclúe que fagan un bo café .
>
> Saúdos e moitas grazas pola invitación, Alberte

Eu xa lle comentei que ando un pouco liado. En todo caso non farán
falta tres trasnegos de pro para controlar a eses rapaces, digo eu.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Miguel Branco

> Eu xa lle comentei que ando un pouco liado. En todo caso non farán
> falta tres trasnegos de pro para controlar a eses rapaces, digo eu.

ai! aghora andan moi botados ó monte, dighocho eu q traballo nunha pasantía :) 


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > Eu xa lle comentei que ando un pouco liado. En todo caso non farán
> > falta tres trasnegos de pro para controlar a eses rapaces, digo eu.
>
> ai! aghora andan moi botados ó monte, dighocho eu q traballo nunha pasantía
> :)

Unha pasantían? Iso que ven sendo? (son un ignorante, seino, pero o levo ben 
:-))


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa Miguel Branco

> Unha pasantían? Iso que ven sendo? (son un ignorante, seino, pero o levo
> ben

onde metes ós rapaces cando suspenden no cole (clases de apoio, academia... )


Re: Solicitude charla

2009-03-12 Conversa alberte mendez lopez
Pois moitas grazas!
A verdade é que me alegra moito que poidades vir algún, e non vos
preocupedes que por aquí se come ben. A charla si que tería que ser en día
laborable, xa que sería unha actividade académica. O de facelo antes de
semana santa dicía que é máis complicado porque xa van ser as avaliacións e
os rapaces andan máis afogados de exames e sería máis dificil atopar algún
profesor que nos ceda a súa hora, eu mesmo ando moi apurado coa
programación. Nada máis pasar semana santa, xa é moito máis doado. De todos
xeitos, se ten que ser agora, buscamos a maneira.
En resume, propoñede vós o día e hora  que vos vaia mellor (o horario do
cole é polas mañás de 9:35 a 15:05 e o xoves tarde de 16:45 a 18:35) e logo
eu miro a ver se damos organizado. Se tal dádeme un par de opcións para ter
xogo.
O dito, moitas grazas e ficamos en contacto.
Tucho

2009/3/12 Miguel Branco 

>
> > Unha pasantían? Iso que ven sendo? (son un ignorante, seino, pero o levo
> > ben
>
> onde metes ós rapaces cando suspenden no cole (clases de apoio, academia...
> )
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>