[terminoloxia] handler
Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece non existir a outra alternativa é manipulador que si existe. A cadea é: JDispatcher: :register: Event handler not recognised. Handler: %s e quedaría así: JDispatcher::register : manipulador de eventos non recoñecido. Manipulador: %s Outros idiomas: [ES] jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s JDispatcher: :register: Evento del manejador no reconocido. Manejador: %s [FR] jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s JDispatcher::register : sous-programme de traitement des évènements non reconnu. Sous-programme#160;: %s [PT] jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s JDispatcher:: registrar: manipulador de eventos não reconhecido. Manipulador: %s ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [terminoloxia] node
Grazas Xosé! Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node Alguén que opine distinto? En 05/05/2012 20:37, Xosé escribiu: DRAG: nodo s.m. 1. Astron. Cada un dos puntos de intersección da órbita dun planeta coa eclíptica. Nodo ascendente. Nodo descendente. 2. Fís. Punto que, nun corpo en vibración, permanece en repouso. O nodo dunha corda vibrante. 3. Med. Tumor duro que se forma ao redor das articulacións óseas e dificulta o seu movemento. O nodo pode deberse á acumulación de ácido úrico. Ou sexa: nada nó sm 5. Punto ou lugar onde converxen varias vías de comunicación. Monforte é un importante nó ferroviario. Todas as acepcións de nodo pertencen a linguaxes de especialidade. Poderíamolo incorporar, pero os nodes de que falamos enténdense facilmente con nó, ao meu ver. Xosé 2012/5/6 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com Grazas polas respostas. Alguén podería dar algún argumento sobre esta cuestión?. En 05/05/2012 18:54, Xosé escribiu: 2012/5/5 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com mailto:mgl.bra...@gmail.com mailto:mgl.bra...@gmail.com mailto:mgl.bra...@gmail.com Non me parece apropiado «nodo». Prefiro o «nó». +1 Xosé 2012/5/5 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com Boas: Teño dúvida de como traducir node root node not found. Nodo raíz no encontrado. (ES) root node not found. Nœud racine introuvable. (FR) root node not found. Nó raiz não encontrado. (PT) A dúbida xúrdeme porque o portugués traduce nodo como nó. Eu diría que o dicionario non recolle o significado nin dentro de nó nin dentro de nodo http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=nodo http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1id=33193 http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1id=33193 http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1id=33193 http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1id=33193 Algunha opinión? Grazas ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [terminoloxia] handler
O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:11:12 damufo escribiu: Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece non existir a outra alternativa é manipulador que si existe. Eu creo que «manipulador» implica que o «handler» pode facer cambios[0] sobre o «evento»[1], pero un «handler» non deixa de ser (nos casos que eu coñezo) unha función que se executa cando sucede un evento, recibindo xeralmente datos sobre o evento. É dicir, non «manipula» o evento, senón que «actúa» en reacción a este. O concepto a traducirmos aquí non é simplemente «handler», senón «event handler», e ao mellor isto nos facilita as cousas. Coincido con que «manexador» non é unha opción pouco desexable (non me gusta inventarmos termos se podemos evitalo), pero «manipulador» tampouco me acaba de convencer. En calquera caso, aquí vai unha tormenta das ideas: - manipulador (de eventos) - xestor (de eventos) - controlador (de eventos) - función (ou método) de control - función (ou método) de reacción - función (ou método) reactivo[2] - reactivo[3] - función (ou método) reactor[4] - reactor[5] - función (ou método) de tratamento (de eventos) - función (ou método) de procesamento (de eventos) - procesador (de eventos) Notas: [0] Isto é unha asunción persoal, o RAG fala de «operacións sobre [algo]», e se dende a informática aceptamos que as «operacións» poden ser de lectura, podería pasar. [1] Houbo algunha decisión sobre a tradución de «event»? Lembro falarmos diso algunha vez, pero non vexo nada no TBX das trasnadas. [2] RAG para «reactivo» como adxectivo: que reacciona, que ten capacidade de reaccionar. Nótese que como substantivo só ten o significado químico. [3] Poderíamos asignarlle un novo significado (aparte do químico). Polo menos a palabra existe. [4] Non está recoñecida como adxectivo. [5] A palabra existe, aínda que estaríamos inventándonos o significado. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [terminoloxia] node
O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:55:14 damufo escribiu: Grazas Xosé! Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node Alguén que opine distinto? Eu veño traducíndoo como «nodo», pero non vexo problema de ningún tipo en cambiar. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: Trasnada 12.0
Ao final si que poderei estar o 26, e se o 17 se fai algo tamén poderei. PS: vou reler o fío, pero por se non se dixo, cal vai ser o horario? O Xoves, 26 de Abril de 2012 21:27:15 Miguel Branco escribiu: Aquí vou actualizando segundo o Centro Ágora me vai dicindo o espazo dispoñible. http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Programa O evento principal é o sábado 26, case seguro, ao 99%. Cantos máis sexamos ese día mellor, e avisade se preferides outro día. O do día previo que o propuxen só o propoño para un espazo de promoción do evento ou relatorios de difusión que se vos ocorran. Agora mesmo, se o celebramos, só podería ser o xoves 17 ou venres 18; que non estaría mal o 17 xa que cadra nun día propio ;D___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: Trasnada 12.0
O Sábado, 14 de Abril de 2012 15:44:49 Fran Dieguez escribiu: - Levo xa un tempo pensando en crear unha guía de localización de software ao estilo da publicada por Microsoft para o galego ou tamén como a de SoftCatalá. No grupo de tradutores ao castelán de GNOME tamén teñen unha guía de localización bastante completa. Baixo meu punto de vista a guía de localización publicada por Mancomún quedouse moi desactualizada e realmente non cobre tódolos puntos que quixera. - Xeración dunha pequena guía de localización (non máis de 10 páxinas), que servirá aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter que ler moita documentación. Isto minimizaralle o traballo de revisión aos coordinadores. Dúas guías entón, unha curta para xente que queira iniciarse, e outra completa con todo tipo de temas relacionados coa localización de software libre ao galego. Creo que estaría ben ademais que as guías estivesen dispoñibles no sitio web de Trasno, e en varios formatos (PDF e ODT mínimo). Ademais, creo que o seu contido debería ir actualizándose, cunha reedición anual das dúas. - Publicación dos TBX na web para consulta rápida, isto é transformándoos a html ou mesmo cunha ferramenta que permita buscas. Isto non é para o que server o Glósima? Non se podería incluír unha forma de buscar só no TBX das trasnadas, se é que non se pode facer xa?___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [terminoloxia] node
2012/5/6 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:55:14 damufo escribiu: Grazas Xosé! Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node Alguén que opine distinto? Eu veño traducíndoo como «nodo», pero non vexo problema de ningún tipo en cambiar. Eu estou na mesma situación, pero prefiriría seguir con «nodo». Vendo o que aparece no DRAG podería ser calquera das dúas opcións. Deica ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [Difusión] Trasnada 12.0
Eu podo botar unha man na difusión aquí por Coruña, ademais de que vivo a 200m do centro Ágora e se vos fai falla calquera cousa podedes avisar. O malo e que véñenme agora os exames finais e case non teño tempo para nada. Saúdos. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [Difusión] Trasnada 12.0
Outra cousa, acabo de botarlle unha ollada na wiki (http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Como_chegar.3F ) e a ligazón a Google maps está mal (IES Agra do Orzán??), e a situación que fai o Open Street Map do Centro tamén está mal. Mellor fiarse do mapa fornecido pola web da Coruña. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [Difusión] Trasnada 12.0
O Domingo, 6 de Maio de 2012 15:51:50 kaptan escribiu: Outra cousa, acabo de botarlle unha ollada na wiki (http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Como_chegar.3F ) e a ligazón a Google maps está mal (IES Agra do Orzán??), e a situación que fai o Open Street Map do Centro tamén está mal. Mellor fiarse do mapa fornecido pola web da Coruña. Vou intentar aquelar un pouco o OSM, pero salvo que alguén teña unha imaxe por satélite agochada (Google Maps non é actual dabondo), non vai quedar moito mellor. De todos xeitos, para chegar debería valer. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [Terminoloxía] Trasnada 12.0 — initialization, initialize, environment, application/app, speaker, computer
En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu: Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo electrónico para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder asistir expresen tamén a súa opinión. Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións ás que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos que tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase. Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no TBX das trasnadas aparecen así: - initialization → inicialización - initialize → inicializar - environment → entorno Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara. - application, app → aplicativo Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden así? Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase a súa discusión. - altofalante vs altoparlante Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a única que contempla o DRAG é «altofalante». - computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas) --- [1] https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto