O Sábado, 14 de Abril de 2012 15:44:49 Fran Dieguez escribiu:

>  - Levo xa un tempo pensando en crear unha guía de localización de
> software ao estilo da publicada por Microsoft para o galego ou tamén
> como a de SoftCatalá. No grupo de tradutores ao castelán de GNOME tamén
> teñen unha guía de localización bastante completa.  Baixo meu punto de
> vista a guía de localización publicada por Mancomún quedouse moi
> desactualizada e realmente non cobre tódolos puntos que quixera.
> 
>  - Xeración dunha pequena guía de localización (non máis de 10
> páxinas), que servirá aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter
> que ler moita documentación. Isto minimizaralle o traballo de revisión
> aos coordinadores.

Dúas guías entón, unha curta para xente que queira iniciarse, e outra completa 
con todo tipo de temas relacionados coa localización de software libre ao 
galego.

Creo que estaría ben ademais que as guías estivesen dispoñibles no sitio web 
de Trasno, e en varios formatos (PDF e ODT mínimo).

Ademais, creo que o seu contido debería ir actualizándose, cunha reedición 
anual das dúas.

>  - Publicación dos TBX na web para consulta rápida, isto é
> transformándoos a html ou mesmo cunha ferramenta que permita buscas.

Isto non é para o que server o Glósima? Non se podería incluír unha forma de 
buscar só no TBX das trasnadas, se é que non se pode facer xa?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a