En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo electrónico
para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder
asistir expresen tamén a súa opinión.
Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións ás
que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos que
tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase.
Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no TBX
das trasnadas aparecen así:
- initialization → inicialización
- initialize → inicializar
- environment → entorno
Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que
tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara.
- application, app → aplicativo
Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden así?
Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase a
súa discusión.
- altofalante vs altoparlante
Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a
única que contempla o DRAG é «altofalante».
- computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas)
---
[1]
https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto