Re: Abuso de confianza

2006-08-04 Conversa Felipe Gil Castiñeira
mvillarino wrote:
 O Xoves, 3 de Agosto de 2006 18:36, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
   
 mvillarino wrote:
 
 O Mércores, 19 de Xullo de 2006 08:35, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
   
 Ola a todo o mundo,
 
 Sería posíbel que copiasedes --parte de--
 http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/
 dentro dun proxecto criado adrede, de nome KDEtrunk?
   
 Ola, case feito... resulta que existe un ficheiro con estatísticas (
 ---.stats--- que supoño se crea cando se sube o .po ou se traduce),
 que parece ser imprescindible para que un proxecto en Pootle funcione
 correctamente.  Ao poñer a man os ficheiros na estrutura de directorios,
 este ficheiro non existe. ¿Preguntas por isto na lista de Pootle
 seguindo o fio? (se o prefires fagoo eu).
 
 Faino ti, que eu non coñezo os detalles.
 Maña probarei o que di F Wolff de subir un zip.
   
Ola, copiei todo o de http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/ en
http://argan.homelinux.com/gl/KDEtrunk/.

Xa vin que conseguiras que o Pootle aceptase os arquivos subindo o
.zip. Polo que se ve,  traballando coa interface web téñense menos
problemas que colocando as cousas a man na estrutura de directorios.

Un saúdo.
Felipe.

P.S.: Para o resto da xente (por se estas mensaxes resultan un pouco
crípticas), estoulle botando unha man a mvillarino subindo uns ficheiros
ao servidor Pootle de proba, replicando a estrutura do svn. Non estaba
moi claro como se podía facer, polo que houbo algún que outro problema.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Abuso de confianza

2006-08-04 Conversa mvillarino
O Venres, 4 de Agosto de 2006 16:27, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
 Ola, copiei todo o de http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/ en
 http://argan.homelinux.com/gl/KDEtrunk/.

Estupendo. Xa só isto merece que se conserve a titulación de Telemática!!!

A ver se fago algunha proba mais.

De momento parece que está todo, supoño que os detalliños que cito son erros 
do próprio pootle:
Erro= Estatísticas:  79% translated + 8% fuzzy + 11% Sen traducir = 98%. Onde 
vai o 2% restante, Serán entradas específicas de KDE (os créditos de 
tradución, supoño)?
Erro= 79% translated??? As estatísticas en 
l10n.kde.org/stats/gui/trunk/gl/index.html marcan un 72.99%, mais ou menos o 
mesmo que o catalog manager de kbabel.
Erro= Detecta un total de 593045 palabras. A fin de semana pasada pasei-lle o 
guión do translation toolkit á miña cópia local do repositório e daba-me un 
total própio á 700K palabra.
Erro= Detecta 111279. En realidade son 134035. A diferenza é perto do 17%.

-Como anónimo (non me identifiquei) non me deixa suxerir, acedo como 
administrador para mudar os permisos.
-O proxecto non aparece en enlaces rápidos
-Nos permisos, cámbio nobody para ter Ver+Suxerir. Engado o administrador 
de probas para ter todos os permisos
-Desconecto do usuário administrador. Agora --supoño-- son nobody.
-Imos para extragear-network (o primeiro que non está completo).

Problema=Vaia, claro, non se ven os ficheiros que faltan (non están nen 
criados no repositório), por iso estarán mal as estatísticas.

-Acedamos a ktorrent.po.
-Deixa-me unha opción, á direita da coluna onde aparece a cadea traducida, 
pero mais aló desta coluna, onde pon Editar. Dou-lle á segunda cadea 
(Uploads), remprazo por Subidas e dou-lle ao botón suxerir.

Problema= Non se ven as suxeréncias por nengún lado. Onde vexo Editar, 
deberia ver Suxerir, e asimesmo, as cadeas onde haxa suxeréncia deberan 
mostrar esta, por exemplo como no kartouche.

-Volto a conectar como administrador. Vou a todos os proxectos e a 
KDEtrunk/galician/eg-network. Para ver se podo ver as suxeréncias por aí.
Problema=Non vexo a suxeréncia feita como nobody hai un segundo.
-Obteño o ficheiro para ver se foi rexistrada
Non foi rexistrada.

Problema=Non vexo unha forma intuitiva de revisar as traducións.
Dito en inglés: Fuck!!!

 P.S.: Para o resto da xente (por se estas mensaxes resultan un pouco
 crípticas), estoulle botando unha man a mvillarino subindo uns ficheiros
 ao servidor Pootle de proba, replicando a estrutura do svn. Non estaba
 moi claro como se podía facer, polo que houbo algún que outro problema.
Cal é o obxectivo de todo isto, amais de ter outro fio eterno na rolda de 
correo?
-Coñecer o funcionamento do pootle.
-Colaborar para mellorá-lo.
-Probá-lo para ver se é viábel como sistema de produción nun proxecto tan 
amplo como trasno.

Felipe: Vou tentar traducir isto (antes do PS) e enviá-lo a modo de informe de 
erro para a rolda de pootle.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

pgpemOrjmZOJW.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Normativizador

2006-08-04 Conversa Xabi G. Feal

A ver, algoritmo falado:

1)Normativizar primeiro sen ter en conta os marcadores.
2)Determinar se se traballa con  ou con ~
3)Procurar todos os atallos e polo tanto todas as palabras con atallo (uso un 
contador n)
4)Declaro un vector de dimensión n e nos seus elementos concateno todas estas 
palabras quitándolles os marcadores e lembrar, noutro vector, a situación de 
cada cal.
5)Pasarlle a isto o normativizador
6)Volver poñer aos elementos do vector os marcadores no seu sitio.
7)Substituir no ficheiro todo isto.

Corolario: creo que vou facer o programa en C ou C++ (seica os msgconv son tan 
merdentos que cando erran ás veces non dan unha saída/explicación do porqué).

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Normativizador

2006-08-04 Conversa mvillarino
O Xoves, 3 de Agosto de 2006 21:23, Xabi G. Feal escribiu:
 A ver, algoritmo falado:

 1)Normativizar primeiro sen ter en conta os marcadores.
 2)Determinar se se traballa con  ou con ~
 3)Procurar todos os atallos e polo tanto todas as palabras con atallo (uso
 un contador n)
 4)Declaro un vector de dimensión n e nos seus elementos concateno todas
 estas palabras quitándolles os marcadores e lembrar, noutro vector, a
 situación de cada cal.
 5)Pasarlle a isto o normativizador
 6)Volver poñer aos elementos do vector os marcadores no seu sitio.
 7)Substituir no ficheiro todo isto.

 Corolario: creo que vou facer o programa en C ou C++ (seica os msgconv son
 tan merdentos que cando erran ás veces non dan unha saída/explicación do
 porqué).

 Cona, que complicado é cando se entra polo miúdo. E se miras o código das 
procuras de Kbabel (Ctrl+F), para ver como fai co Ignore shortcuts?

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

pgpl6A89gY9IJ.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Normativizador

2006-08-04 Conversa Xabi G. Feal
Logo hai outro problema, para mudar de  codificación, ás veces o msgconv erra 
e non se sabe a causa. Só pon Conversio Failure e punto: din pola rede que 
o fai se o ficheiro é moi grande porque sobrepasa o buffer.

No seu lugar, non hai problema ningún se usas kwrite ou algo así. Gardas o 
ficheiro en utf ou iso sen pegas.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Beta 2 da tradución de Mozilla Firefox 1.5

2006-08-04 Conversa Daniel Muñiz Fontoira

X a teño instalada, grazas!! todo vai perfecto.

Jacobo Tarrio escribió:

 Xa está dispoñible a beta 2 da miña tradución non oficial de Mozilla
Firefox 1.5 en http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla .

 Publícoa baixo a licenza FOQQCIMNMTAC (Fai O Que Queiras Con Isto Mais Non
Me Tolees A Cabeza).

 Para empregala:

 1) Descargade a tradución dende o URL:
http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

 2) Abride o ficheiro no Firefox (poñendo a ruta completa na barra de
enderezos ou con File-Open file -- ou Ficheiro-Abrir ficheiro se xa
empregades a beta 1 da tradución).

 3) Saíde de Firefox.

 4) Arrincade Firefox coa opción -uilocale gl-ES.

 5) Botádelle unha ollada e dicídeme os problemas que atopedes.

 Algúns dos cambios que tén:

 * Cambiado pestana por lingüeta
 * Cambiado persoalizar (e derivados) por personalizar
 * Cambiado ordear (e derivados) por ordenar
 * Cambiado suliñar por subliñar
 * Cambiados Léronse %1$S e Escribíronse %1$S por A ler de %1$S e A
   escribir en %1$S

 Erro que queda por arranxar (descuberto despois de subir a tradución):

 * Aparece comando. Un comando é un grupo entrenado para misións de asalto
   por sorpresa. Hai que cambialo por orde.

2006-08-04 Conversa Leandro Regueiro

On 8/4/06, Daniel Muñiz Fontoira dmun...@gmail.com wrote:

X a teño instalada, grazas!! todo vai perfecto.

Jacobo Tarrio escribió:
  Xa está dispoñible a beta 2 da miña tradución non oficial de Mozilla
 Firefox 1.5 en http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla .

  Publícoa baixo a licenza FOQQCIMNMTAC (Fai O Que Queiras Con Isto Mais Non
 Me Tolees A Cabeza).

Agora xa non podemos protestar :-(

  Para empregala:

  1) Descargade a tradución dende o URL:
 http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

  2) Abride o ficheiro no Firefox (poñendo a ruta completa na barra de
 enderezos ou con File-Open file -- ou Ficheiro-Abrir ficheiro se xa
 empregades a beta 1 da tradución).

  3) Saíde de Firefox.

  4) Arrincade Firefox coa opción -uilocale gl-ES.

  5) Botádelle unha ollada e dicídeme os problemas que atopedes.

Dende logo.

  Algúns dos cambios que tén:

  * Cambiado pestana por lingüeta
  * Cambiado persoalizar (e derivados) por personalizar
  * Cambiado ordear (e derivados) por ordenar
  * Cambiado suliñar por subliñar
  * Cambiados Léronse %1$S e Escribíronse %1$S por A ler de %1$S e A
escribir en %1$S

Están aquí tódalas cousas que comentamos?

  Erro que queda por arranxar (descuberto despois de subir a tradución):

  * Aparece comando. Un comando é un grupo entrenado para misións de asalto
por sorpresa. Hai que cambialo por orde.

Seguro que é un grupo de asalto? Haberá que engadila ó glosario logo.

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Beta 2 da tradución de Mozilla Firefox 1.5

2006-08-04 Conversa Leandro Regueiro

Ola,
Jacobo, ías traducir a documentación?

2006-08-04 Conversa Jacobo Tarrio
El viernes,  4 de agosto de 2006 a las 12:00:32 +0200, Leandro Regueiro 
escribía:

 Jacobo, ías traducir a documentación?

 Si, hei traducir a axuda. Xa case teño feito todo o necesario para me poder
pór con ela.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Beta 2 da tradución de Mozilla Firefox 1.5

2006-08-04 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Penso que isto é un falliño: En enviar información dun sitio roto, 
enviar informe ten ao final un simbolo  aparece

Enviar informe

Saudos e grazas

Jacobo Tarrio escribió:

 Xa está dispoñible a beta 2 da miña tradución non oficial de Mozilla
Firefox 1.5 en http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla .

 Publícoa baixo a licenza FOQQCIMNMTAC (Fai O Que Queiras Con Isto Mais Non
Me Tolees A Cabeza).

 Para empregala:

 1) Descargade a tradución dende o URL:
http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

 2) Abride o ficheiro no Firefox (poñendo a ruta completa na barra de
enderezos ou con File-Open file -- ou Ficheiro-Abrir ficheiro se xa
empregades a beta 1 da tradución).

 3) Saíde de Firefox.

 4) Arrincade Firefox coa opción -uilocale gl-ES.

 5) Botádelle unha ollada e dicídeme os problemas que atopedes.

 Algúns dos cambios que tén:

 * Cambiado pestana por lingüeta
 * Cambiado persoalizar (e derivados) por personalizar
 * Cambiado ordear (e derivados) por ordenar
 * Cambiado suliñar por subliñar
 * Cambiados Léronse %1$S e Escribíronse %1$S por A ler de %1$S e A
   escribir en %1$S

 Erro que queda por arranxar (descuberto despois de subir a tradución):

 * Aparece comando. Un comando é un grupo entrenado para misións de asalto
   por sorpresa. Hai que cambialo por orde.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

sobre o xfce

2006-08-04 Conversa Leandro Regueiro

Ola a todos,
hoxe estiven xogando un pouco co Xubuntu 6.06 (nunca crin que chegaría
ó nivel dos frikis que proban tódalas distribucións de GNU/Linux que
caen nas súas mans) e ilusioneime tanto que me entraron ganas de
poñerme a traducir o XFCE.

¿hai alguén traducindo xa o XFCE? ¿Quen o traducira xa antes?

Ata logo,
 Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: sobre o xfce

2006-08-04 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Leandro Regueiro wrote:

Ola Leandro,

En Rosetta hai unhas cantas persoas que teñen bastante traducido.
Estivera mirando aí atrás, e xa vira que non hai grupo de tradución de
XFCE para o galego. Tiña pensado propoñerlle a algún dos tradutores que
creasen ese grupo (pero o de sempre, entre a falta de tempo e outras
cousas, quedou niso, na intención). Se queres póñote en contacto con
eles, para montar o grupo, subir as traducións xa feitas e completalas.

Un saúdo.
Felipe.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: sobre o xfce

2006-08-04 Conversa Leandro Regueiro

Ola,
con eles? os outros tradutores ou os de xfce?

Ata logo,
  Leandro Regueiro

On 8/4/06, Felipe Gil Castiñeira x...@det.uvigo.es wrote:

:-) , si, debín ter sido máis claro, quería dicir cos outros tradutores.

en principio interesaríame traducir só, á miña bola, ainda que hei
tomar coma base o traballo feito en Rosetta. Hoxe xa non estou tanto
polo labor coma onte, xuntánseme as cousas. Se o fago será despois dos
exames de setembro.

En principio só preguntaba por se alguén me podía comentar como habia
que facer, porque na súa web non explican con que se hai que poñer en
contacto.

Ola, en http://i18n.xfce.org/wiki/new_translators está a información.

   hoxe estiven xogando un pouco co Xubuntu 6.06 (nunca crin que
 chegaría
   ó nivel dos frikis que proban tódalas distribucións de GNU/Linux
 que
   caen nas súas mans) e ilusioneime tanto que me entraron ganas de
   poñerme a traducir o XFCE.
  
   ¿hai alguén traducindo xa o XFCE? ¿Quen o traducira xa antes?
  
   Ata logo,
Leandro Regueiro
  Ola Leandro,
 
  En Rosetta hai unhas cantas persoas que teñen bastante traducido.
  Estivera mirando aí atrás, e xa vira que non hai grupo de
 tradución de
  XFCE para o galego. Tiña pensado propoñerlle a algún dos
 tradutores que
  creasen ese grupo (pero o de sempre, entre a falta de tempo e outras
  cousas, quedou niso, na intención). Se queres póñote en contacto con
  eles, para montar o grupo, subir as traducións xa feitas e
 completalas.