mvillarino wrote:
> O Xoves, 3 de Agosto de 2006 18:36, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>
>> mvillarino wrote:
>>
>>> O Mércores, 19 de Xullo de 2006 08:35, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>>>
>>>> Ola a todo o mundo,
>>>>
>>> Sería posíbel que copiasedes --parte de--
>>> http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/
>>> dentro dun proxecto criado adrede, de nome KDEtrunk?
>>>
>> Ola, "case" feito... resulta que existe un ficheiro con estatísticas (
>> ---".stats"--- que supoño se crea cando se sube o ".po" ou se traduce),
>> que parece ser imprescindible para que un proxecto en Pootle funcione
>> correctamente. Ao poñer a man os ficheiros na estrutura de directorios,
>> este ficheiro non existe. ¿Preguntas por isto na lista de Pootle
>> seguindo o fio? (se o prefires fagoo eu).
>>
> Faino ti, que eu non coñezo os detalles.
> Maña probarei o que di F Wolff de subir un zip.
>
Ola, copiei todo o de http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/ en
http://argan.homelinux.com/gl/KDEtrunk/.
Xa vin que conseguiras que o Pootle aceptase os arquivos subindo o
".zip". Polo que se ve, traballando coa interface web téñense menos
problemas que colocando as cousas "a man" na estrutura de directorios.
Un saúdo.
Felipe.
P.S.: Para o resto da xente (por se estas mensaxes resultan un pouco
crípticas), estoulle botando unha man a mvillarino subindo uns ficheiros
ao servidor Pootle de proba, replicando a estrutura do svn. Non estaba
moi claro como se podía facer, polo que houbo algún que outro problema.
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno