Re: inkscape

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

On 5/19/06, nacho resa nacho.r...@gmail.com wrote:

Está alguén a traducilo?


Ola,
si, estouno traducindo eu. Conto de conseguir algo, pero estame
costando traballo.

Ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-10 Conversa Daniel Muñiz Fontoira



Leandro Regueiro escribió:

On 8/9/06, Luisiño pequerre...@gmail.com wrote:

 Opcións - Xeral - Configuración da conexión = Usas proxies cando
 normalmente usamos proxys


E se empregamos servidor mandatario no canto de proxy?


Creo que está bastante máis asentado proxy.



¿cal é o motivo?


Saúdos,
Luis
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno




___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

 Opcións - Xeral - Configuración da conexión = Usas proxies cando
  normalmente usamos proxys
 

 E se empregamos servidor mandatario no canto de proxy?

 Creo que está bastante máis asentado proxy.

 ¿cal é o motivo?


O motivo de que? Non entendo que queres dicir.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal

  Usas esas palabras normalmente?

Eu si, cousas da adicación :). Pero pode que fóra da literatura científica non 
sexa moi común. Vós veredes.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa mvillarino
O Xoves, 10 de Agosto de 2006 01:01, Xabi G. Feal escribiu:
   Usas esas palabras normalmente?

 Eu si, cousas da adicación :). Pero pode que fóra da literatura científica
 non sexa moi común. Vós veredes.


En química orgánica si son moi usadas, pero en oceanografia física o que se 
usa é horário/anti-horário, para por exemplo, referir-se ao sentido de xiro 
dos vórtices e ao sentido no que a aceleración de Coriolis desvia a 
traxectória dun corpo en movimento.

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpZI6axOt1Zt.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

Non sei se horario e antihorario son correctos. No caso de que o
sexan, recomendaremolos, a non ser que atopemos algunha forma mellor
de traducir clockwise e counterclockwise que entenda a xente sen ter
necesidade de acudir a un diccionario.

Eu xa propuxen algúns termos novos para incluir, agora tócavos a vós...

Ata logo,
   Leandro Regueiro

On 8/10/06, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote:

O Xoves, 10 de Agosto de 2006 01:01, Xabi G. Feal escribiu:
   Usas esas palabras normalmente?

 Eu si, cousas da adicación :). Pero pode que fóra da literatura científica
 non sexa moi común. Vós veredes.


En química orgánica si son moi usadas, pero en oceanografia física o que se
usa é horário/anti-horário, para por exemplo, referir-se ao sentido de xiro
dos vórtices e ao sentido no que a aceleración de Coriolis desvia a
traxectória dun corpo en movimento.

--
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno




___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Eu penso que hai que usar o mais axeitado e non o que a xente use. 
Moitas veces a xente usa algo porque non sabe que o mais axeitado é 
outra cousa ¿non?



Xabi G. Feal escribió:

 Usas esas palabras normalmente?



Eu si, cousas da adicación :). Pero pode que fóra da literatura científica non 
sexa moi común. Vós veredes.


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

On 8/10/06, Daniel Muñiz Fontoira dmun...@gmail.com wrote:


 Eu penso que hai que usar o mais axeitado e non o que a xente use. Moitas
veces a xente usa algo porque non sabe que o mais axeitado é outra cousa
¿non?


Pero é que chegados a un certo punto non ten sentido ningún ir a
contracorrente só porque sexa máis axeitado. Hai palabras que
desaparecen por falta de uso.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa mvillarino
O Mércores, 9 de Agosto de 2006 19:16, Leandro Regueiro escribiu:


 Depende de como me pille, úsoos indistintamente. Ti es coma Cincenta,
 ás sete desapareces ;-)

o mau é que ás nove do dia seguinte teño que voltar a aparecer. :-P

Tranquis, só me quedan 12700 dias para xubilar-me.

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpsclsUNrwtj.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Daniel Muñiz Fontoira

Ola Leandro, cal é o teu dicionario e de que ano é??


Leandro Regueiro escribió:

Ola outra vez,
vexo que debería ter posto nalgúns casos a opción que eu escollin para
a tradución de Inkscape e noutros casos citar o contexto no que
apareceu, ou se solicitaba a tradución coma verbo, coma nome ou
ambolos dous.

On 8/9/06, Jacobo Tarrio jtar...@trasno.net wrote:
El miércoles,  9 de agosto de 2006 a las 13:39:20 +0200, Leandro 
Regueiro escribía:


 Omito as que non sei, as que están repetidas ou as que estean xa no
glosario do Trasno.

 format = formatar, formatear?

 Formatar.


No meu dicionario aparece formatear...


 zoom

 Aumentar ou ampliar.


Eu usei achegar e alonxar para zoom in e zoom out. No resto deixei
zoom porque no diccionario di que zoom é un aparello que se usa para
ampliar... Tamén se poderia usar ampliacion...


 pattern

 Patrón (e template tamén é patrón).


pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?


 preview

 Previsualizar, previsualización.

 reference

 Referencia, ¿non?


Coma verbo supoño que sería referirse a


 rename

 Cambiar o nome (non hai renomear).


No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática


 gradient

 Gradiente.


Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino
consultando a tradución do gimp.


 palette

 Paleta (a dos pintores, non a dos albaneis).

 resolution

 Resolución (de pantalla, de impresión).

 indent

 Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.


Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos
indentar coma opción alternativa? eu diría que non...


 render

 Representar, debuxar.


Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...


 justify

 Xustificar (un texto).

 fullscreen

 Pantalla completa.

 metadata

 Metadatos (neoloxismo).

 portrait

 Retrato

 landscape

 Apaisado (orientación do papel)

 clear

 Borrar, limpar, despexar.


e baleirar tamén


 attribute

 Atributo.


máis abaixo citaban característica...


 toggle

 Cambiar, conmutar.


alguén engadiu activar/desactivar


 trace

 Trazar, calcar, seguir.


delinear ou algo así non vale, ¿non? vino nunha parte de Inkscape na
que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path), ou sexa que
vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?


 flip

 Invertir, virar.


será inverter...


 bitmap

 Mapa de bits.

 canvas

 Lenzo.

 scrollbar

 Barra de desprazamento

 match

 Coma verbo: encaixar, coincidir, buscar.

 Coma nome: coincidencia, correspondencia.


citaban ocorrencia noutra mensaxe...


 tile

 Mosaico, azulexo.


tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape
non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como
explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar - Clonar -
Create tiled clones...


 guideline

 Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.


non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar
ou algo así. Eu usei liñas de guía


 highlight

 Resaltar.


e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o 
substantivo...



 skew

 Inclinar.

 regular

 Normal.

 handles = os chismes estes que aparecen no lenzo ó redor dunha figura

 Asas.


Si, non se me ocorre nada mellor, agás tiradores para casos
particulares nos que non valen as asas...


 plotter

 Plotter (é un tipo de impresora que se inventou para debuxar planos, e
hoxe en día emprégase tamén para facer carteis e para recortar vinilo).


tamén falaba do que fai plot, trazador poderia valer...


 plot = representar?

 Debuxar, trazar.


e representar non? plot the sin(x) function


 standalone = independiente?

 Independiente.

 check = comprobar, marcar un cadro, verificar?

 Comprobar, marcar.


e sigo engadindo verificar...


 step??? paso, nivel?
 Paso.

alguen dixo etapa, que tamen me parece ben



 misc
 miscellaneous

 Varios, variados.


e miscelánea que comentou alguén. Ainda me parece máis axeitado.


 publisher

 Editor (dun libro)


e se non é dun libro senon dun documento...


 clockwise

 Na dirección (¿no sentido?) das agullas do reloxo.


falaban de sentido horario e antihorario. No meu diccionario non
veñen, pero supoño que poderemos estender o galego, que se ten que
adaptar ós novos tempos...


 counterclokwise

 Na dirección (¿?) contraria á das agullas do reloxo.

 frame = fotograma, marco, cadro??

 Marco, fotograma.

 display = visualización

 Pantalla, visualizar, visualización.

 segment = sector

 Segmento (de liña).


No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos
diagramas de sectores


 cue = sinal

 Si, emprégase no teatro, cine, TV e radio.


falaban da marca do punteiro cando cambia para seleccionar ou algo
así. Non se me ocorre nada mellor.

border = contorno, bordo

deselect = deseleccionar

extrude = extruir, extrudir. Extrusión si que existe, pero non sei cal
é o verbo...

grid = grella, reixa. Eu usei reixa...

overlap = sobrepoñer, superpoñer

row = fila, liña. Creo que poderíamos quedar só 

Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

É o gran diccionario xerais da lingua e é do 2000. Pensaba que era máis novo...

On 8/10/06, Daniel Muñiz Fontoira dmun...@gmail.com wrote:


 Ola Leandro, cal é o teu dicionario e de que ano é??


 Leandro Regueiro escribió:
Ola outra vez,
 vexo que debería ter posto nalgúns casos a opción que eu escollin para
 a tradución de Inkscape e noutros casos citar o contexto no que
 apareceu, ou se solicitaba a tradución coma verbo, coma nome ou
 ambolos dous.

 On 8/9/06, Jacobo Tarrio jtar...@trasno.net wrote:

El miércoles,  9 de agosto de 2006 a las 13:39:20 +0200, Leandro Regueiro
escribía:

  Omito as que non sei, as que están repetidas ou as que estean xa no
 glosario do Trasno.

  format = formatar, formatear?

  Formatar.

 No meu dicionario aparece formatear...


 zoom

  Aumentar ou ampliar.

 Eu usei achegar e alonxar para zoom in e zoom out. No resto deixei
 zoom porque no diccionario di que zoom é un aparello que se usa para
 ampliar... Tamén se poderia usar ampliacion...


 pattern

  Patrón (e template tamén é patrón).

 pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?


 preview

  Previsualizar, previsualización.

  reference

  Referencia, ¿non?

 Coma verbo supoño que sería referirse a


 rename

  Cambiar o nome (non hai renomear).

 No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática


 gradient

  Gradiente.

 Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino
 consultando a tradución do gimp.


 palette

  Paleta (a dos pintores, non a dos albaneis).

  resolution

  Resolución (de pantalla, de impresión).

  indent

  Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.

 Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos
 indentar coma opción alternativa? eu diría que non...


 render

  Representar, debuxar.

 Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...


 justify

  Xustificar (un texto).

  fullscreen

  Pantalla completa.

  metadata

  Metadatos (neoloxismo).

  portrait

  Retrato

  landscape

  Apaisado (orientación do papel)

  clear

  Borrar, limpar, despexar.

 e baleirar tamén


 attribute

  Atributo.

 máis abaixo citaban característica...


 toggle

  Cambiar, conmutar.

 alguén engadiu activar/desactivar


 trace

  Trazar, calcar, seguir.

 delinear ou algo así non vale, ¿non? vino nunha parte de Inkscape na
 que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path), ou sexa que
 vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?


 flip

  Invertir, virar.

 será inverter...


 bitmap

  Mapa de bits.

  canvas

  Lenzo.

  scrollbar

  Barra de desprazamento

  match

  Coma verbo: encaixar, coincidir, buscar.

  Coma nome: coincidencia, correspondencia.

 citaban ocorrencia noutra mensaxe...


 tile

  Mosaico, azulexo.

 tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape
 non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como
 explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar - Clonar -
 Create tiled clones...


 guideline

  Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.

 non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar
 ou algo así. Eu usei liñas de guía


 highlight

  Resaltar.

 e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o
substantivo...


 skew

  Inclinar.

  regular

  Normal.

  handles = os chismes estes que aparecen no lenzo ó redor dunha figura

  Asas.

 Si, non se me ocorre nada mellor, agás tiradores para casos
 particulares nos que non valen as asas...


 plotter

  Plotter (é un tipo de impresora que se inventou para debuxar planos, e
 hoxe en día emprégase tamén para facer carteis e para recortar vinilo).

 tamén falaba do que fai plot, trazador poderia valer...


 plot = representar?

  Debuxar, trazar.

 e representar non? plot the sin(x) function


 standalone = independiente?

  Independiente.

  check = comprobar, marcar un cadro, verificar?

  Comprobar, marcar.

 e sigo engadindo verificar...


 step??? paso, nivel?
  Paso.
 alguen dixo etapa, que tamen me parece ben



  misc
  miscellaneous

  Varios, variados.

 e miscelánea que comentou alguén. Ainda me parece máis axeitado.


 publisher

  Editor (dun libro)

 e se non é dun libro senon dun documento...


 clockwise

  Na dirección (¿no sentido?) das agullas do reloxo.

 falaban de sentido horario e antihorario. No meu diccionario non
 veñen, pero supoño que poderemos estender o galego, que se ten que
 adaptar ós novos tempos...


 counterclokwise

  Na dirección (¿?) contraria á das agullas do reloxo.

  frame = fotograma, marco, cadro??

  Marco, fotograma.

  display = visualización

  Pantalla, visualizar, visualización.

  segment = sector

  Segmento (de liña).

 No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos
 diagramas de sectores


 cue = sinal

  Si, emprégase no teatro, cine, TV e radio.

 falaban da marca do punteiro cando cambia para seleccionar ou algo
 así. Non se me ocorre nada mellor.

 border = contorno, bordo

 

Re: Elevar mensaxe a ferramentas_e_estratexias.

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

Ola,
estou de acordo co que dis, pero vexo que sería mellor que a Xunta
tivera máis tino a próxima vez que faga un encargo deste tipo (ou que
non foi a Xunta quen lle encargou a Imaxin o corrector?). Imaxin
deixou, polo que lin, o traballo a medio facer. Así non vale para
moito. Pero agora ti comentas que non o podemos usar porque ainda non
se realizou unha implementación do corrector, logo o traballo de
Imaxin non vale absolutamente para nada.

Agardo que corrixan isto o máis rápidamente posible.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

On 8/10/06, Xabi G. Feal xab...@gmx.net wrote:

Boas,

estes días que se andan a superar marcas coa tradución de KDE surxe,
inveitabelmente, a cuestión da revisión. Na actualidade a póla en
desenvolvemento está no 75% (posto 19 do ranking, por certo, superamos xa aos
cataláns!) e, consecuentemente, para as vindeiras versións 4.x de KDE vaise
incluir o galego xa decentemente implementado, referíndose claro á
cuantificación.

Ben, o da cualificación do traballo é distinto. Compre facer unha revisión do
mesmo, o que pasa en primeiro lugar por unha revisión ortográfica.
Evidentemente non vou facer o que fixestes estes días con Firefox porque o
KDE é inabarcábel. Son preto de 135.000 mensaxes que, se ben xa é difícil
traducir, dobre traballo se se ten que facer a man a revisión. Tampouco é de
recibo andar a compilar as alpha, beta, RC1, RC2 ,RC3  na busca do erro en
calquera menú de calquera programa do ambiente de escritorio.

Por iso suxería entrar no debate da necesidade urxente dun corrector
ortográfico decente para se poder usar xunto co KBabel ou semellante. O
corrector/dicionario feito polos de Imaxin é para Hunspell, e Hunspell non
está aínda implementado para a meirande parte dos programas de Linux con
corrección ortográfica integrada. Por outra banda, no suposto de que Hunspell
se implemente a curto prazo no KDE, habería que agardar ata a versión 4.0.1
do mesmo para poder usar a implementación ou compilar a man, se se pode, a
parte correspondente do código fonte aínda en fase de desenvolvemento.
Hai xa unha asignación de febreiro deste ano para que se implemente en KSpell

http://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=121228


E sobre o diccionario de Imaxin, é pouco máis que tecnoloxía inútil, xa que
segue co problema dos enclíticos (equivócome?). Logo, non estaría mal suxerir
ao Proxecto Mancomun, para o periodo postvacacional, a que se urxa á
elaboración dun dicionario/corrector completo para galego. Resumo:

1) Mellorar o actual dicionario/corrector para Hunspell
2) Tentar que se implemente en KSpell2 (agora chamado Sonnet) o Hunspell
(pódese falar con Zack Rusin para preguntar por previsións?)


Ou, doutro xeito, publicar, como se fixo ata o de agora, traducións con
dislates de antoloxía.



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Elevar mensaxe a ferramentas_e_estratexias.

2006-08-10 Conversa mvillarino
O Xoves, 10 de Agosto de 2006 14:12, Xabi G. Feal escribiu:
 Boas,

 estes días que se andan a superar marcas coa tradución de KDE surxe,
 inveitabelmente, a cuestión da revisión. Na actualidade a póla en
 desenvolvemento está no 75% (posto 19 do ranking, por certo, superamos xa
 aos cataláns!) e, consecuentemente, para as vindeiras versións 4.x de KDE
 vaise incluir o galego xa decentemente implementado, referíndose claro á
 cuantificación.
Nota: isto, se para entón o essential acada unha % de abondo.

 Ben, o da cualificación do traballo é distinto.

Nota: suores frios escorregan polo meu crisma...

 Compre facer unha revisión 
 do mesmo, o que pasa en primeiro lugar por unha revisión ortográfica.

Ben, proposta: Berto, Gamallo, et al., podedes facer un transliterador da 
norma de mínimos para a norma RALG-ILG de 2003 ?

 Evidentemente non vou facer o que fixestes estes días con Firefox porque o
 KDE é inabarcábel. Son preto de 135.000 mensaxes que, se ben xa é difícil
 traducir, dobre traballo se se ten que facer a man a revisión. 

Pois non hai mais collóns. Se Berto e Pablo se animan, o que tería(s) que 
facer é usar as ferramentas que outras equipas fixeron para comprobar que a 
mesma palabra foi traducida igual / para palabras admisíbeis, e logo que a 
mesma mensaxe fose traducida sempre igual (salvando o marcador de atallo de 
teclado).
Pasado iso, pouco erro grave queda.

 Tampouco é 
 de recibo andar a compilar as alpha, beta, RC1, RC2 ,RC3  na busca do erro
 en calquera menú de calquera programa do ambiente de escritorio. 
E quen pense o contrário, que mo demonstre.

 Por iso suxería entrar no debate da necesidade urxente dun corrector
 ortográfico decente para se poder usar xunto co KBabel ou semellante. O
 corrector/dicionario feito polos de Imaxin é para Hunspell, e Hunspell non
 está aínda implementado para a meirande parte dos programas de Linux con
 corrección ortográfica integrada.Por outra banda, no suposto de que 
 Hunspell se implemente a curto prazo no KDE, habería que agardar ata a
 versión 4.0.1 do mesmo para poder usar a implementación ou compilar a man,
Non, o ciclo de desenvolvimento da galla 3.5 voltou a ser aberto porque o 
número de commits que se recebian nas aplicacións era altísimo (uns 580+ na 
anterior semana). Por tanto, podemos falar con quen sexa para que adapten o 
traballo feito, se o hai, na extensión para Hunspell de KSpell2.
A data límite é o 18 de setembro de 2006 ás 00:00 UTC.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpaYZxVZ4yns.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Iván Seoane

Boas a todos:

Queríame pór a traducir algo do KDE, e estiven mirando que traduce
cada quen na páxina de trasno e como non hai ninguén a traduci-lo
paquete kdegames pois gustaríame comezar con el se non sei se hai
ningún problema.

Saúdos
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
Sen problema. Se hai alguén en desacordo que fale agora ou cale para sempre.



O Xoves 10 Agosto 2006 18:26, Iván Seoane escribiu:
 Boas a todos:

 Queríame pór a traducir algo do KDE, e estiven mirando que traduce
 cada quen na páxina de trasno e como non hai ninguén a traduci-lo
 paquete kdegames pois gustaríame comezar con el se non sei se hai
 ningún problema.

 Saúdos
 ___
 Trasno mailing list
 tra...@ceu.fi.udc.es
 http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
O Xoves 10 Agosto 2006 21:09, Leandro Regueiro escribiu:
 Ola,
 eu estou en desacordo pero non me opoño sempre que traballe xa ;-) Aí
 debe estar boa parte do pouco que traducin en KDE. Quero ver subir
 esas estatísticas. kdegames é unhas das partes, que en porcentaxe,
 menos ten traducido.

Home Leandro, se non tes pensado traducir máis non vai estar agardando o 
cartafol a que che surxa o espírito tradutor. 

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Leandro Regueiro

Home Leandro, se non tes pensado traducir máis non vai estar agardando o
cartafol a que che surxa o espírito tradutor.


Pois se o cartafol me quere abandonar e irse con outro, que se vaia co
outro... Non vou chorar por el, ainda que me veñan as ganas ;-). Agora
en serio, non teño pensado volver traducir nada de KDE nunca máis...
en principio.

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno