Re: [Dúbidas] A gogó....

2008-05-05 Conversa damufo



Leandro Regueiro escribiu:

Máis dúbidas:

bridge (p.ex PCI bridge, ISA bridge)
con respecto a ista, pode ser conextor PCI, conector ISA, tamén se me 
ocorre fenda, rañura...



passphrase
hotplug
gamepad
hub
loopback
checksum
digest
overview
Braille display

E isto é polo de agora :)

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [Dúbidas] A gogó....

2008-05-05 Conversa Xabier Villar
2008/5/4 mvillarino mvillar...@gmail.com:

 Olá xentes,
 a ver, que anovei a w.c. do repositorio, e atópome cunha desagradábel
 sorpresa chamada (redobran os tambores)... ktabedit
 Como eu non teño a máis p. idea de música e notación musical, pois vou
 amargarvos a existencia durante uns días.
 Van ser unha barbaridade de dúbidas.

 A ver, comezamos:
 strumming pattern


Non me soa, pero mirarei de preguntar... dame a min que é a estrutura  do
ritmo co que se golpean as cordas nuha guitarra, por exemplo, se D é abaixo
e U arriba: D D U D U D D D...


 dotted note


Cando unha nota está punteada, engádeselle a metade da súa duración; é
dicir, se unha
negra vale dúas corcheas, unha negra punteada vale tres corcheas.


 triplet note


Isto é o que se chama un tresillo... non sei explicarche moi ben que é (as
miñas clases de guitarra reducíronse a tres meses de un día á semana... e
sen dedicarlle moito tempo ademais :-P), pero é como se fixeses que tres
notas da mesma duración desen a sensación de formar unha unidade .



 .


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.


Terei que mirar ese programa... ata o de agora probara tuxguitar e kguitar,
pero non me acababa de acomodar.
Un saúdo!


-- 

Xabier Villar


Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Publicitar g11n

2008-05-05 Conversa mvillarino
O Sábado, 3 de Maio de 2008, baleato  escribiu:
Lamento o crossposting.
 Polo momento que eu saiba só está o wiki que hai en mancomún, que habería
 que actualizar coa última info por certo.

A estas alturas, preciso coñecer o lugar e o programa finais.
@irene: por favor, apura!

 Ahí aparecerá a info que aparecerá na última versión que vos enviei da
 ficha, cambiando Ramom por Nacho. Ademais haberá que poñer a Marce, que
 se non lin mal será él quen fale por Trasno.

@trasno: ??? Se non hai oposición, pois vale, falo. Se tal, cando matine por 
que facemos falla nacho e máis eu, e en que parte do programa cae a cousa, 
iniciarei un fío pedindo información aos membros. Posibelmente mañá.
-- 
Best regards
MV


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


[META] O rollete este da xuntanza do día 10 e 11, trasno, o ser e o nada, etc.....

2008-05-05 Conversa mvillarino
Olá,
pois vale, teño a pelota no meu tellado. Ao parecer, teño que falar na
xuntaza/ida de pelota esa á que lle deron en chamar g11n, e non, non
se refere a globalization.
Pois ben, para facer un papel minimamente digno preciso da vosa
colaboración, máis ben, da vosa información.
Así que sen máis, paso a enumerar unhas perguntas que se forades tan
amábeis de contestar, habían ser de grande utilidade. Eu tamén as
responderei (mañá, que teño que facer a cea), e prégovos que as
respostas vaias directamente á mensaxe nai, é dicer, que se responda a
esta mensaxe, non a respostas de respostas. Asimesmo, sería útil que
non vos influades polas respostas de outra xente. Finalmente, isto vai
para todos, antigos, modernos, activos, pasivos, ..
A ver, que me lío:

1.-Que é trasno?
2.-Que fai que defina a alguén como trasnego (membro de trasno)?
3.-Como escolle en que colaborar?
4.-De onde saca o tempo para colaborar?
5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
5'.-Como está organizado trasno?
6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
7.-De que carece trasno?
8.-Como se meteu nisto da tradución?
9.-Como é que segue nisto?
10.-Como sería o seu proxecto de proxectos ideal?

Máis nada, vémonos o sábado,


Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Publicitar g11n

2008-05-05 Conversa suso
Boas,

Tou en Bruxelas co tema soft libre, desculpade se non contesto coa
celeridade destes días atrás. Agardo voltar o xoves, Irene está ao tanto
de todo.

En canto ao programa por eiquí atoparás

http://www.mancomun.org/novas/eventos/innovacion-e-industria-aposta-polo-software-libre-no-seu-programa-de-actos-para-o-dia-das-letra.html

e tamén por eiquí:

http://www.maisinternetmaisgalego.org/evento.php?estxt=evento08_6lg=gal

Marce, a vosa parte está na mesa redonda; a idea sería unha rolda de
intervencións de máximo 10 minutos (contadas polo reloxio) para dar paso a
unha pequena posta en común xunto con Helena, xa que a temos. Se alguén
quere levar presentación senza problema, pero deberei insistir no tema do
tempo.

Marce a xente que interviremos na mesa iremos para amosar cada quen dende
a súa perspectiva o tema da tradución de software libre: Nacho dende un
escritorio, Xabier dende unha empresa, Alexandre dende o ciberactivismo,
eu dende a administracion pública... no teu caso sería que lle amosaras un
pouco a perspectiva dun grupo de tradución como é Trasno. Contar o que
facedes, cómo vos organizades... en fin, compartir un pouco con todo o
mundo a vosa movida. Despois das intervencións de cada quen, o tema sería
dar paso a unha posta en común que moderaría Helena na que idealmente
interviría o público.

Despois diso imos comer, pola tarde estamos con Juan Rafael e mais con
Albert e así imos entrando en materia suavesito, imos cear, quen queira se
toma unhas cervexas... e o domingo identificar problemas e buscar
solucións.

Se atopo tempo -e conexión- para actualizar o wiki vou facendo. Senón que
ninguén pida permiso...

Saúdos,

 O Sábado, 3 de Maio de 2008, baleato  escribiu:
 Lamento o crossposting.
 Polo momento que eu saiba só está o wiki que hai en mancomún, que
 habería
 que actualizar coa última info por certo.

 A estas alturas, preciso coñecer o lugar e o programa finais.
 @irene: por favor, apura!

 Ahí aparecerá a info que aparecerá na última versión que vos enviei da
 ficha, cambiando Ramom por Nacho. Ademais haberá que poñer a Marce, que
 se non lin mal será él quen fale por Trasno.

 @trasno: ??? Se non hai oposición, pois vale, falo. Se tal, cando matine
 por
 que facemos falla nacho e máis eu, e en que parte do programa cae a cousa,
 iniciarei un fío pedindo información aos membros. Posibelmente mañá.
 --
 Best regards
 MV



-- 
http://susinho.pagina.de/


Re: [META] O rollete este da xuntanza do día 10 e 11, trasno, o ser e o nada, etc.....

2008-05-05 Conversa mvillarino
As miñas proprias respostas:

 1.-Que é trasno?
Trasno é un par temático formado por unha lista de correo e unha wiki.
Este par está adicado a que persoas que voluntaria e non
profisionalmente se adican á tradución de sóftware libre podan
acudirse entre elas.
 2.-Que fai que defina a alguén como trasnego (membro de trasno)?
Ser membro da lista e ter un mínimo de participación activa, sexa
traducindo, resolvendo dúbidas, etc...

 3.-Como escolle en que colaborar?
Polo xeral, os voluntarios traducen aquelo que empregan. Eu non son
unha excepción.

 4.-De onde saca o tempo para colaborar?
É tempo libre, fora de horas de traballo/estudo/familia/amigos, etc.

 5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
Dentro de trasno, eu colaboro en kde. Aló escollo o que me peta dentro
de aquelas partes nas que máis ou menos sei que non hai ninguén a
traballar, e nada... a traducir.

 5'.-Como está organizado trasno?
Non o sei. Para min que non existe organización. Definir a
organización de trasno é algo así como definir a organización da
guerrilla nas guerras napoleónicas, o que si teño claro é que o
mandamais de trasno, é dicer, a persoa única con capacidade para
acabar con trasno é Jacobo Tarrío.

 6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
Emprego o glosario e a lista de recursos na web.

 7.-De que carece trasno?
Para min, trasno carece de aquelo que carecen as ferramentas de
tradución. Por exemplo, só hai un glosario, e este céntrase en termos
informáticos. Hai outras áreas que merecerían un glosario: paises,
linguas, divisas, música, imaxe e son...
Outras cousas, como a guía de estilo, non están moi definidas.

 8.-Como se meteu nisto da tradución?
Cando casei, quería levar mais ou menos as contas da casa. Daquela eu
era usuario de gnome e gnucash, mais este non me satisfacía, así que
probei o kmymoney. Durante un tempo empreguei ambos á vez, e acabei
por darlle porta ao gnucash. Como o ordenador daquela estaba a quedar
algo antigo e lento, tiven que alixeirar o sistema pasándome a kde
(para non ter cargadas tantas bibliotecas e tal). Despois, como o
kmymoney non estaba traducido, pois nada púxenme a iso, e depois non
me daba gusto que houbese tantas parte do escritorio sen traducir como
había. Daquela foi que me puxen niso.

 9.-Como é que segue nisto?
Na actualidade, traducir axúdame a desconectar do traballo. É unha
especie de hixiene mental.

 10.-Como sería o seu proxecto de proxectos ideal?
Buf: ten que dar moita liberdade a cada tradutor (como agora), e
evitar pasar todo o traballo através de coordinadores (un pouco máis
descentralizado do que pode ser agora o flúxo de traballo da equipa de
kde), ademais debe permitir ter varios glosarios, e mesmo varias guías
de estilo: xeral, de equipo, mesmo de tradutor.
Polo demais, nunca pensei moito niso: eu só traduzo.