Re: turno no Wesnoth

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/16 Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com:
 O Sáb, 16-08-2008 ás 00:41 +0100, Iván Lago Castro escribiu:

 El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves
 adriyeticha...@gmail.com escribió:
 Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth
 cando de
 súpeto a palabra turnos aparéceme subliñada con vermello.
 Posto que me
 pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario
 para que
 non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E
 non atopo
 turno. Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.

 A continuación collín o meu dicionario de papel (si,
 teño :-D), e
 aparéceme turno coma *turno - quenda, o que en termos do meu
 dicionario significa que a xente adoita dicir turno pero non
 é
 correcto.

 Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
 Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda
 que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do
 diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente
 para o confirmar.
 Iván

 Nese caso deberiamos decidir que termo usar no Wesnoth. Eu me decanto
 por rolda.

Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
un complot pola vosa parte, non?

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: turno no Wesnoth

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/21 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:

Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: unidades wesnoth 4 pendentes

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
On Fri, Aug 15, 2008 at 2:02 AM, Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com wrote:
 O Mar, 12-08-2008 ás 13:22 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
 Non sei por que, pero dinme conta de que me comin algunhas unidades na
 lista. Polo de agora atopei estas:

  Mermaid Initiate
 propoño sirénida iniciada

  Mermaid Enchantress
 propoño sirénida encantadora
 Gústame, pero por curiosidade, alguén coñece algún substantivo para
 enmeigar?

Como dixeron noutra mensaxe é meigo.

  Mermaid Siren
 sirénida serea queda repetitivo, ideas??
 Podemos deixalo en Serea. Non se me occorre outra cousa, pero ha de
 haber alternativas varias.

Quedará serea...

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Issue _ xerga financieira

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/15 Miguel Branco bandu...@gmail.com:
 O Friday 15 August 2008 23:44:27 mvillarino escribiu:
 O Venres 15 Agosto 2008 20:02, Miguel Branco escribiu:
  alguén ten idea de que é issue en finanzas?. Non podo dar contexto xq
  non aparece contextualizado nas traducións en que o atopo; unico se vos
  vale, unha
 
  das cadeas na que aparece (Koffice  Kspread):
  The YIELDMAT function calculates the yield of the security that pays
   interest on the maturity date.
  
  YIELDMAT( Settlement; Maturity; Issue; Rate; Price; Basis )

 Algo así como emisión (de bonos, participacións); security é un termo
 xeral, que se refere a un algo máis ben inmaterial, representa algo como
 accións, bonos, ou dereitos)
 maturity é o vencimento dunha obriga (maturity date: data de vencimento,
 dunha fra. por ex.)

 mira en investopedia.com

 ah, pois grazas!. tradución security coma título de valor, que non recordo
 onde o atopei que era iso.

Non sei se resolviches tódalas túas dúbidas, nin sei se estas
traducións se aplicarán ben a este contexto:

issue: tema, asunto.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: turno existe?

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/17 Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com:
 O Sáb, 16-08-2008 ás 14:36 +0200, mvillarino escribiu:
 O Sábado 16 Agosto 2008 12:42, Adrián Chaves escribiu:
  Deixarei turno logo.
 Tu traduces, tu decides.
 Home xa, pero as campañas do wesnoth teñen que estar o máis acordes posible 
 co motor do xogo, que traduce Leandro. Se turno é correcto e é o que usa o 
 motor, pois entón turno.

Pois turno queda. Así aforramos o traballo de cambialo en moitos sitios.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: turno no Wesnoth

2008-08-21 Conversa Miguel Branco
O Thursday 21 August 2008 10:59:17 Leandro Regueiro escribiu:
 2008/8/21 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
  2008/8/16 Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com:
  O Sáb, 16-08-2008 ás 00:41 +0100, Iván Lago Castro escribiu:
  El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves
  adriyeticha...@gmail.com escribió:
  Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth
  cando de
  súpeto a palabra turnos aparéceme subliñada con vermello.
  Posto que me
  pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario
  para que
  non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E
  non atopo
  turno. Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.
 
  A continuación collín o meu dicionario de papel (si,
  teño :-D), e
  aparéceme turno coma *turno - quenda, o que en termos do meu
  dicionario significa que a xente adoita dicir turno pero non
  é
  correcto.
 
  Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
  Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda
  que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do
  diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente
  para o confirmar.
  Iván
 
  Nese caso deberiamos decidir que termo usar no Wesnoth. Eu me decanto
  por rolda.
 
  Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
  exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
  non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
  rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
  un complot pola vosa parte, non?

 Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
 esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
 só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.

si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona 
(Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando turno , pero si 
quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a vez para o médico... 
así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo. 

Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono non válido e 
recomenda como sinónimos quenda ou vez

[*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp

O da vez sóame a min tamén. Se hai que cambiar turno, cámbiase, pero
que alguén confirme isto.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: turno no Wesnoth

2008-08-21 Conversa Adrián Chaves
O Xov, 21-08-2008 ás 12:37 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
   Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
   exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
   non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
   rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
   un complot pola vosa parte, non?
 
  Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
  esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
  só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
 
  si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona
  (Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando turno , pero si
  quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a vez para o médico...
  así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo.
 
  Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono non válido e
  recomenda como sinónimos quenda ou vez
 
  [*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp
 
 O da vez sóame a min tamén. Se hai que cambiar turno, cámbiase, pero
 que alguén confirme isto.

Quenda refírese á vez que ten alguén para utilizar algo, un recurso 
limitado. Así, nas olimpiadas, os nadadores teñen que agardar a súa quenda, 
antes de nadaren teñen que rematar a proba anterior.

Turno é varias cousas. Pode ser un grupo de persoas que se van alternando 
para facer algo (e por extensión é que se aplica este vocábulo aos horarios 
laborais), ou a orden na que varias persoas fan ou receben algo; como a miña 
muller é algo paranoica, imos á praia e bañámonos por turno, que o mar é 
largo e couvemos todos á vez (*)

Rolda, rolda é un turno, e máis cousas, como unha ronda (de vixilancia, 
p.ex.), ou un grupo de persoas postas en círculo, e tamén é algo relativo ás 
faenas da sega.

E caseque todo o anterior son veces: actos, ocasións, sucesos repetidos en 
serie fortuita ou pre-estabelecida.

Para máis señas, cando vos fallen os dicionarios normais, consultai o 
estraviz. A ligazón está anotada en trasno.

Díxoo Villarino, queda turno.