2008/8/16 Adrián Chaves <[email protected]>:
> O Sáb, 16-08-2008 ás 00:41 +0100, Iván Lago Castro escribiu:
>>
>>
>> El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves
>> <[email protected]> escribió:
>> Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth
>> cando de
>> súpeto a palabra "turnos" aparéceme subliñada con vermello.
>> Posto que me
>> pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario
>> para que
>> non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E
>> non atopo
>> "turno". Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.
>>
>> A continuación collín o meu dicionario de papel (si,
>> teño :-D), e
>> aparéceme turno coma "*turno - quenda", o que en termos do meu
>> dicionario significa que a xente adoita dicir "turno" pero non
>> é
>> correcto.
>>
>> Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
>> Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda
>> que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do
>> diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente
>> para o confirmar.
>> Iván
>
> Nese caso deberiamos decidir que termo usar no Wesnoth. Eu me decanto
> por "rolda".
Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
un complot pola vosa parte, non?
Ata logo,
Leandro Regueiro