2008/8/21 Leandro Regueiro <[email protected]>:
> 2008/8/16 Adrián Chaves <[email protected]>:
>> O Sáb, 16-08-2008 ás 00:41 +0100, Iván Lago Castro escribiu:
>>>
>>>
>>> El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves
>>> <[email protected]> escribió:
>>> Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth
>>> cando de
>>> súpeto a palabra "turnos" aparéceme subliñada con vermello.
>>> Posto que me
>>> pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario
>>> para que
>>> non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E
>>> non atopo
>>> "turno". Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.
>>>
>>> A continuación collín o meu dicionario de papel (si,
>>> teño :-D), e
>>> aparéceme turno coma "*turno - quenda", o que en termos do meu
>>> dicionario significa que a xente adoita dicir "turno" pero non
>>> é
>>> correcto.
>>>
>>> Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
>>> Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda
>>> que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do
>>> diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente
>>> para o confirmar.
>>> Iván
>>
>> Nese caso deberiamos decidir que termo usar no Wesnoth. Eu me decanto
>> por "rolda".
>
> Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
> exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
> non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
> rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
> un complot pola vosa parte, non?
Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
Ata logo,
Leandro Regueiro