O Xov, 21-08-2008 ás 12:37 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> >> > Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
> >> > exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
> >> > non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
> >> > rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
> >> > un complot pola vosa parte, non?
> >>
> >> Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
> >> esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
> >> só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
> >
> > si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona
> > (Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando "turno" , pero si
> > quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a "vez" para o médico...
> > así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo.
> >
> > Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono "non válido" e
> > recomenda como sinónimos "quenda" ou "vez"
> >
> > [*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp
> 
> O da vez sóame a min tamén. Se hai que cambiar turno, cámbiase, pero
> que alguén confirme isto.

"Quenda" refírese á vez que ten alguén para utilizar algo, un recurso 
limitado. Así, nas olimpiadas, os nadadores teñen que agardar a súa quenda, 
antes de nadaren teñen que rematar a proba anterior.

"Turno" é varias cousas. Pode ser un grupo de persoas que se van alternando 
para facer algo (e por extensión é que se aplica este vocábulo aos horarios 
laborais), ou a orden na que varias persoas fan ou receben algo; como a miña 
muller é algo paranoica, imos á praia e bañámonos por turno, que o mar é 
largo e couvemos todos á vez (*)

"Rolda", rolda é un turno, e máis cousas, como unha ronda (de vixilancia, 
p.ex.), ou un grupo de persoas postas en círculo, e tamén é algo relativo ás 
faenas da sega.

E caseque todo o anterior son "veces": actos, ocasións, sucesos repetidos en 
serie fortuita ou pre-estabelecida.

Para máis señas, cando vos fallen os dicionarios "normais", consultai o 
estraviz. A ligazón está anotada en trasno.

Díxoo Villarino, queda "turno".

Responderlle a