O Thursday 21 August 2008 10:59:17 Leandro Regueiro escribiu: > 2008/8/21 Leandro Regueiro <[email protected]>: > > 2008/8/16 Adrián Chaves <[email protected]>: > >> O Sáb, 16-08-2008 ás 00:41 +0100, Iván Lago Castro escribiu: > >>> El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves > >>> <[email protected]> escribió: > >>> Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth > >>> cando de > >>> súpeto a palabra "turnos" aparéceme subliñada con vermello. > >>> Posto que me > >>> pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario > >>> para que > >>> non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E > >>> non atopo > >>> "turno". Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada. > >>> > >>> A continuación collín o meu dicionario de papel (si, > >>> teño :-D), e > >>> aparéceme turno coma "*turno - quenda", o que en termos do meu > >>> dicionario significa que a xente adoita dicir "turno" pero non > >>> é > >>> correcto. > >>> > >>> Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito. > >>> Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda > >>> que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do > >>> diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente > >>> para o confirmar. > >>> Iván > >> > >> Nese caso deberiamos decidir que termo usar no Wesnoth. Eu me decanto > >> por "rolda". > > > > Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non > > exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que > > non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio > > rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto > > un complot pola vosa parte, non? > > Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na > esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e > só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona (Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando "turno" , pero si quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a "vez" para o médico... así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo. Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono "non válido" e recomenda como sinónimos "quenda" ou "vez" [*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp

