>> > Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
>> > exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
>> > non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
>> > rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
>> > un complot pola vosa parte, non?
>>
>> Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
>> esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
>> só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
>
> si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona
> (Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando "turno" , pero si
> quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a "vez" para o médico...
> así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo.
>
> Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono "non válido" e
> recomenda como sinónimos "quenda" ou "vez"
>
> [*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp

O da vez sóame a min tamén. Se hai que cambiar turno, cámbiase, pero
que alguén confirme isto.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a