[terminoloxia] handler

2012-05-06 Conversa damufo
Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece 
non existir a outra alternativa é manipulador que si existe.

A cadea é:
JDispatcher: :register: Event handler not recognised. Handler: %s
e quedaría así:
JDispatcher::register : manipulador de eventos non recoñecido. 
Manipulador: %s

Outros idiomas:
[ES]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher: :register: Evento del manejador no reconocido. Manejador: %s

[FR]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher::register : sous-programme de traitement des évènements non 
reconnu. Sous-programme#160;: %s

[PT]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher:: registrar: manipulador de eventos não reconhecido. 
Manipulador: %s

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] node

2012-05-06 Conversa damufo

Grazas Xosé!

Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node
Alguén que opine distinto?

En 05/05/2012 20:37, Xosé escribiu:

DRAG:

nodo
s.m. 1. Astron. Cada un dos puntos de intersección da órbita dun 
planeta coa eclíptica. Nodo ascendente. Nodo descendente. 2. Fís. 
Punto que, nun corpo en vibración, permanece en repouso. O nodo dunha 
corda vibrante. 3. Med. Tumor duro que se forma ao redor das 
articulacións óseas e dificulta o seu movemento. O nodo pode deberse á 
acumulación de ácido úrico.

Ou sexa: nada

nó
sm 5. Punto ou lugar onde converxen varias vías de comunicación. 
Monforte é un importante nó ferroviario.

Todas as acepcións de nodo pertencen a linguaxes de especialidade. 
Poderíamolo incorporar, pero os nodes de que falamos enténdense 
facilmente con nó, ao meu ver.

Xosé

2012/5/6 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com

Grazas polas respostas.
Alguén podería dar algún argumento sobre esta cuestión?.

En 05/05/2012 18:54, Xosé escribiu:

2012/5/5 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com
mailto:mgl.bra...@gmail.com mailto:mgl.bra...@gmail.com
mailto:mgl.bra...@gmail.com

   Non me parece apropiado «nodo». Prefiro o «nó».

+1

Xosé

   2012/5/5 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com
mailto:dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com

   Boas:
   Teño dúvida de como traducir node

   root node not found. Nodo raíz no encontrado. (ES)
   root node not found. Nœud racine introuvable. (FR)
   root node not found. Nó raiz não encontrado.  (PT)

   A dúbida xúrdeme porque o portugués traduce nodo como nó.

   Eu diría que o dicionario non recolle o significado nin
dentro
   de nó nin dentro de nodo

http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=nodo

http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1id=33193

   Algunha opinión?
   Grazas
   ___
   Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net
mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net

http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

   ___
   Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net
mailto:Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net

http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net mailto:Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] handler

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:11:12 damufo escribiu:
 Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece
 non existir a outra alternativa é manipulador que si existe.

Eu creo que «manipulador» implica que o «handler» pode facer cambios[0] sobre 
o «evento»[1], pero un «handler» non deixa de ser (nos casos que eu coñezo) 
unha función que se executa cando sucede un evento, recibindo xeralmente datos 
sobre o evento. É dicir, non «manipula» o evento, senón que «actúa» en 
reacción a este.

O concepto a traducirmos aquí non é simplemente «handler», senón «event 
handler», e ao mellor isto nos facilita as cousas.

Coincido con que «manexador» non é unha opción pouco desexable (non me gusta 
inventarmos termos se podemos evitalo), pero «manipulador» tampouco me acaba 
de convencer.

En calquera caso, aquí vai unha tormenta das ideas:
- manipulador (de eventos)
- xestor (de eventos)
- controlador (de eventos)
- función (ou método) de control
- función (ou método) de reacción
- función (ou método) reactivo[2]
- reactivo[3]
- función (ou método) reactor[4]
- reactor[5]
- función (ou método) de tratamento (de eventos)
- función (ou método) de procesamento (de eventos)
- procesador (de eventos)

Notas:
[0] Isto é unha asunción persoal, o RAG fala de «operacións sobre [algo]», e 
se dende a informática aceptamos que as «operacións» poden ser de lectura, 
podería pasar.
[1] Houbo algunha decisión sobre a tradución de «event»? Lembro falarmos diso 
algunha vez, pero non vexo nada no TBX das trasnadas.
[2] RAG para «reactivo» como adxectivo: que reacciona, que ten capacidade de 
reaccionar. Nótese que como substantivo só ten o significado químico.
[3] Poderíamos asignarlle un novo significado (aparte do químico). Polo menos a 
palabra existe.
[4] Non está recoñecida como adxectivo.
[5] A palabra existe, aínda que estaríamos inventándonos o significado.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] node

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:55:14 damufo escribiu:
 Grazas Xosé!
 
 Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo
 http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node
 Alguén que opine distinto?

Eu veño traducíndoo como «nodo», pero non vexo problema de ningún tipo en 
cambiar.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
Ao final si que poderei estar o 26, e se o 17 se fai algo tamén poderei.

PS: vou reler o fío, pero por se non se dixo, cal vai ser o horario?

O Xoves, 26 de Abril de 2012 21:27:15 Miguel Branco escribiu:

Aquí vou actualizando segundo o Centro Ágora me vai dicindo o espazo 
dispoñible.
http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Programa

O evento principal é o sábado 26, case seguro, ao 99%. Cantos máis sexamos ese 
día mellor, e avisade se preferides outro día.
O do día previo que o propuxen só o propoño para un espazo de promoción do 
evento ou relatorios de difusión que se vos ocorran. Agora mesmo, se o 
celebramos, só podería ser o xoves 17 ou venres 18; que non estaría mal o 17 
xa que cadra nun día propio ;D___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Sábado, 14 de Abril de 2012 15:44:49 Fran Dieguez escribiu:

  - Levo xa un tempo pensando en crear unha guía de localización de
 software ao estilo da publicada por Microsoft para o galego ou tamén
 como a de SoftCatalá. No grupo de tradutores ao castelán de GNOME tamén
 teñen unha guía de localización bastante completa.  Baixo meu punto de
 vista a guía de localización publicada por Mancomún quedouse moi
 desactualizada e realmente non cobre tódolos puntos que quixera.
 
  - Xeración dunha pequena guía de localización (non máis de 10
 páxinas), que servirá aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter
 que ler moita documentación. Isto minimizaralle o traballo de revisión
 aos coordinadores.

Dúas guías entón, unha curta para xente que queira iniciarse, e outra completa 
con todo tipo de temas relacionados coa localización de software libre ao 
galego.

Creo que estaría ben ademais que as guías estivesen dispoñibles no sitio web 
de Trasno, e en varios formatos (PDF e ODT mínimo).

Ademais, creo que o seu contido debería ir actualizándose, cunha reedición 
anual das dúas.

  - Publicación dos TBX na web para consulta rápida, isto é
 transformándoos a html ou mesmo cunha ferramenta que permita buscas.

Isto non é para o que server o Glósima? Non se podería incluír unha forma de 
buscar só no TBX das trasnadas, se é que non se pode facer xa?___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [terminoloxia] node

2012-05-06 Conversa Leandro Regueiro
2012/5/6 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:55:14 damufo escribiu:
 Grazas Xosé!

 Tendo en conta que a maior parte das traducións están como nodo
 http://en.gl.open-tran.eu/suggest/node
 Alguén que opine distinto?

 Eu veño traducíndoo como «nodo», pero non vexo problema de ningún tipo en
 cambiar.

Eu estou na mesma situación, pero prefiriría seguir con «nodo». Vendo
o que aparece no DRAG podería ser calquera das dúas opcións.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Difusión] Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa kaptan
Eu podo botar unha man na difusión aquí por Coruña, ademais de que vivo 
a 200m do centro Ágora e se vos fai falla calquera cousa podedes avisar. 
O malo e que véñenme agora os exames finais e case non teño tempo para nada.

Saúdos.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Difusión] Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa kaptan
Outra cousa, acabo de botarlle unha ollada na wiki 
(http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Como_chegar.3F ) e a ligazón a 
Google maps está mal (IES Agra do Orzán??), e a situación que fai o Open 
Street Map do Centro tamén está mal. Mellor fiarse do mapa fornecido 
pola web da Coruña.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Difusión] Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Domingo, 6 de Maio de 2012 15:51:50 kaptan escribiu:
 Outra cousa, acabo de botarlle unha ollada na wiki
 (http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Como_chegar.3F ) e a ligazón a
 Google maps está mal (IES Agra do Orzán??), e a situación que fai o Open
 Street Map do Centro tamén está mal. Mellor fiarse do mapa fornecido
 pola web da Coruña.

Vou intentar aquelar un pouco o OSM, pero salvo que alguén teña unha imaxe por 
satélite agochada (Google Maps non é actual dabondo), non vai quedar moito 
mellor. De todos xeitos, para chegar debería valer.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminoloxía] Trasnada 12.0 — initialization, initialize, environment, application/app, speaker, computer

2012-05-06 Conversa damufo

En 06/05/2012 12:30, Adrián Chaves Fernández escribiu:

Eu diría de irmos iniciando a discusión terminolóxica por correo electrónico
para que non nos leve logo tanto tempo, e para que os que non vaian poder
asistir expresen tamén a súa opinión.

Propoño discutir os termos da lista de 6 en 6, ir anotando as conclusións ás
que cheguemos na lista de termos a discutir[1], e así o día 26 só termos que
tomar unha decisión final ou facer pública aquela á que se chegase.

Os primeiros 4 termos pon que xa se debatiron e so falta votar, pero no TBX
das trasnadas aparecen así:

- initialization → inicialización

- initialize → inicializar

- environment → entorno
Se non me erro, no canto de entorno era contorno/a. E esta penso que 
tampouco era moi axeitada. Non lembro en que se quedara.

- application, app → aplicativo

Cales son as alternativas, se as hai? Alguén que se opoña a que queden así?

Os seguintes dous propúxoos Fran, e coido que debería ser el que comezase a
súa discusión.

- altofalante vs altoparlante

Para esta xa me adianto: non sei de onde saíu o de «altoparlante», pero a
única que contempla o DRAG é «altofalante».

- computer → ordenador, computador (así aparece no TBX das trasnadas)

---
[1]
https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIG
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto