Re: [terminoloxia] tile

2016-01-11 Conversa Enrique Estévez Fernández
En Firefox estase traducindo como miniaturas.
On Jan 11, 2016 9:06 PM, "Oscar Carballal" 
wrote:

> Perdón, mandei o correo directo a Xosé ne vez de a lista, o que dixen foi:
>
> Non é que eu empregue demasiado o galego nas cousas que fago, pero eu creo
> que "teselas" sería a tradución correcta, en canto referido a "tiled
> sprites" ou en traballos murais.
>
> Ademáis non sei por qué, pero no pasado paréceme que vin esa traducción
> noutros programas gráficos.
>
>
> Regards,
> Oscar
>
> --
> Oscar Carballal Prego
> http://oscarcp.com | @pizte
>
> 2016-01-11 19:54 GMT+00:00 Xosé :
>
>> Eu uso "teselas" para os mapas.
>>
>> Xosé
>> O 11 xan, 2016 8:49 p.m., "Antón Méixome"  escribiu:
>>
>>> Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
>>>
>>> Outro que se está "impoñendo"
>>>
>>>
>>> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
>>>
>>> En ambiente android andará por aquí
>>>
>>> http://developer.android.com/design/index.html
>>>
>>> A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
>>> "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
>>> convencer.
>>> ___
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: Ideas para a páxina web

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
O 11 xaneiro 2016 21:55, Xurxo Barreiro  escribiu:
> Comento aquí para que non se perdan. Se teño tempo trato de facelo eu:
>
> - A cabeceira da páxina principal cambia de altura segundo o que amose. Iso
> fai difícil ler as novas da portada xa que é todo un vaivén arriba e abaixo.

Si, iso vén de que as imaxes non teñen un tamaño mínimo necesario, xa
que son herdadas. Ao redimensionalas temos ese problema que se debería
ir solucionando a medida que se vaian engadindo novas entradas máis
adaptadas ao novo deseño.

>
> - A apertura do Digalego ben merece unha entrada na páxina.

Adiante, Proxecto Trasno ten unha longa e antiga relación con ese dicionario.

> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] tile

2016-01-11 Conversa Marcos Lans
En Windows traducen: Tile > Mosaicos
 Live Tile > Mosaico dinámico

http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx?sString=digest=gl-es

On 11/01/16 20:49, Antón Méixome wrote:
> Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
> 
> Outro que se está "impoñendo"
> 
> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
> 
> En ambiente android andará por aquí
> 
> http://developer.android.com/design/index.html
> 
> A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
> "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
> convencer.
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] scan

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome  escribiu:
> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
>
> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
>
> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en inglés:
>
> escanear
>  verbo transitivo
>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
> gárdaas no disquete.
>
> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
> por exemplo no caso de redes.
>
> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
>
> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
> un radar, un varrido de radar.
> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar


Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
valor non estea recollido pola RAG

"Deter escaneo"
En

https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Ideas para a páxina web

2016-01-11 Conversa Xurxo Barreiro
Comento aquí para que non se perdan. Se teño tempo trato de facelo eu:

- A cabeceira da páxina principal cambia de altura segundo o que amose. Iso 
fai difícil ler as novas da portada xa que é todo un vaivén arriba e abaixo.

- A apertura do Digalego ben merece unha entrada na páxina.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


tradución de android

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
Non sei desde cando, para min desde hoxe; pero xa se pode acceder á
tradución de android no seu git

https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/android-6.0.1_r3/res/

O problema é que a tradución está así esparexida na árbore de
cartafoles, e ten que haber varios centos de ramificacións con

 values-gl-rES/
 values-gl-rES-nokeys/

Polo que levo visto, á parte de pequenas diferenzas como a terminación
-ble, o uso do masculino para "o tablet" e cousas así, é amplamente
compatible co noso modelo lingüístico.

Alguén se lle ocorre maneira de recollelas nunha memoria TMX?
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] toast notification

2016-01-11 Conversa Xurxo Barreiro
O primeiro que se me vén á cabeza é «notificación lixeira».

O Luns, 11 de Xaneiro de 2016 14:50:50 Antón Méixome escribiu:
> Ultimamente vou atopando unha serie de termos novos que cumpría darlle
> unha volta. Non sei se estades a empregar algo
> 
> notification/toast
> 
> Trátase dun tipo de xanela emerxente que presenta brevemente algún
> tipo de info ao usuario na interface tanto de Android coma en Windows.
> 
> A metáfora do "toast" queda clara en como se comporta: aparece saíndo
> dunha barra de notificacións para logo agocharse como se fose unha
> ficha ou unha tostada na tostadora de pan (a RAG prefire, por certo,
> torrar/torradora).
> 
> Definición en inglés:
> 
> Android:
> http://developer.android.com/guide/topics/ui/notifiers/toasts.html
> 
> Windows:
> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=toast%20notific
> ation=183 ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


[terminoloxia] toast notification

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
Ultimamente vou atopando unha serie de termos novos que cumpría darlle
unha volta. Non sei se estades a empregar algo

notification/toast

Trátase dun tipo de xanela emerxente que presenta brevemente algún
tipo de info ao usuario na interface tanto de Android coma en Windows.

A metáfora do "toast" queda clara en como se comporta: aparece saíndo
dunha barra de notificacións para logo agocharse como se fose unha
ficha ou unha tostada na tostadora de pan (a RAG prefire, por certo,
torrar/torradora).

Definición en inglés:

Android:
http://developer.android.com/guide/topics/ui/notifiers/toasts.html

Windows:
https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=toast%20notification=183
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Dicionario de Ir Indo

2016-01-11 Conversa Xosé
O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde vía
Internet. A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que
permite o acceso sen límites a este traballo, que chega ao público da man
dun acordo entre a Administración e a editora. Un total 65.000 temos,
traducións a múltiples linguas ou etimoloxías están presentes no novo
espazo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a
Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que
cedeu os dereitos do manual á Administración autonómica.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo [feedly]

2016-01-11 Conversa Alejo Pacín Jul
FYI


*A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo*

// *NOVAS |culturagalega.org*


O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde vía
Internet. A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que
permite o acceso sen límites a este traballo, que chega ao público da man
dun acordo entre a Administración e a editora. Un total 65.000 temos,
traducións a múltiples linguas ou etimoloxías están presentes no novo
espazo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a
Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que
cedeu os dereitos do manual á Administración autonómica.



Shared via *my feedly reader* 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo [feedly]

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
Pois menos mal que non desaparece de todo.

Son as típicas cousas que fai a Xunta a final de lexislatura, coas
migallas que sobran aquí e alá.



O 11 xaneiro 2016 14:43, Alejo Pacín Jul  escribiu:
> FYI
>
> 
> A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo
> // NOVAS |culturagalega.org
>
> O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
> completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde vía Internet.
> A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que permite o acceso
> sen límites a este traballo, que chega ao público da man dun acordo entre a
> Administración e a editora. Un total 65.000 temos, traducións a múltiples
> linguas ou etimoloxías están presentes no novo espazo. A iniciativa foi
> posible grazas a un acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e
> Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de
> Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que cedeu os dereitos do manual á
> Administración autonómica.
>
> 
>
> Shared via my feedly reader
>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


[terminoloxia] scan

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
recollido no DRAG temos o tema do verbo.

Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...

A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en inglés:

escanear
 verbo transitivo
 Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
gárdaas no disquete.

O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
por exemplo no caso de redes.

A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.

Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
un radar, un varrido de radar.
http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] tile

2016-01-11 Conversa Oscar Carballal
Perdón, mandei o correo directo a Xosé ne vez de a lista, o que dixen foi:

Non é que eu empregue demasiado o galego nas cousas que fago, pero eu creo
que "teselas" sería a tradución correcta, en canto referido a "tiled
sprites" ou en traballos murais.

Ademáis non sei por qué, pero no pasado paréceme que vin esa traducción
noutros programas gráficos.


Regards,
Oscar

--
Oscar Carballal Prego
http://oscarcp.com | @pizte

2016-01-11 19:54 GMT+00:00 Xosé :

> Eu uso "teselas" para os mapas.
>
> Xosé
> O 11 xan, 2016 8:49 p.m., "Antón Méixome"  escribiu:
>
>> Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
>>
>> Outro que se está "impoñendo"
>>
>>
>> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
>>
>> En ambiente android andará por aquí
>>
>> http://developer.android.com/design/index.html
>>
>> A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
>> "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
>> convencer.
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


[terminoloxia] tile

2016-01-11 Conversa Antón Méixome
Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés

Outro que se está "impoñendo"

https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183

En ambiente android andará por aquí

http://developer.android.com/design/index.html

A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
"mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
convencer.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] tile

2016-01-11 Conversa Xosé
Eu uso "teselas" para os mapas.

Xosé
O 11 xan, 2016 8:49 p.m., "Antón Méixome"  escribiu:

> Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
>
> Outro que se está "impoñendo"
>
>
> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
>
> En ambiente android andará por aquí
>
> http://developer.android.com/design/index.html
>
> A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
> "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
> convencer.
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto