Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
recollido no DRAG temos o tema do verbo.

Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...

A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en inglés:

escanear
 verbo transitivo
 Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
gárdaas no disquete.

O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
por exemplo no caso de redes.

A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.

Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
un radar, un varrido de radar.
http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a