O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está > recollido no DRAG temos o tema do verbo. > > Por exemplo: scan WI-FI que se traduce como ... > > A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en inglés: > > escanear > verbo transitivo > Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e > gárdaas no disquete. > > O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería > valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar" > por exemplo no caso de redes. > > A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como > para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de > realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar > supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é > máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar. > > Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai > un radar, un varrido de radar. > http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal valor non estea recollido pola RAG <string name="stop_scan" msgid="527546916633745779">"Deter escaneo"</string> En https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

