Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Camilo Regueiro
Galego21 - Proxecto Xis (www.galego21.org/xis):

O proxecto Xis ven de reorientarse e de extrenar páxinas Web novas.

O Proxecto Xis, nacido para a adaptación do Netscape Communicator ao galego, 
despois de sacar a súa primeira versión, o Xis 4.03, reorienta a súa idea 
inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución. 
o Proxecto Xis está incluido dentro da plataforma de traballo de Galego21 
(www.galego21.org) que engloba aos seguintes proxectos:

Lapis de Cores: , onde se poden atopar recursos educativos en Galego de todo 
tipo, dende textos ata programas educativos (Lapis de Cores)

Proxecto Rianxo: Un proxecto de elaborar un traductor de textos automático de 
galego-castelán e de castelán ao galego e que xa conta cunha versión operativa 
totalmente gretuíta na rede en forma de applet de Java nunha páxina Web.

Proxecto Tomiño: Proxecto para poñer na rede as obras dos grandes autores 
galegos que xa estean libres de dereitos de autor para que calquera poda 
baixalas e disfrutar delas. Hoxe en dia xa se contan con mais de 5Gb de obras 
de autores entre os que figuran Rosalía de Castro, Padre Feijoo, Alfonso X, 
etc..

Proxecto Rábade: Un curso en liña de galego orientado sobre todo a fillos de 
emigrantes galegos no exterior.

SOFTWARE DISPOÑIBLE NO PROXECTO XIS:

Despois de meses de traballa o Proxecto Xis acaba de poñer a dispor de todos os 
internautas e usuarios de informática de Galicia  a adaptación ao galego dos 
programas mais populares tanto de internet como de multimedia. Así pois 
calquera pode baixar de xeito gratuíto dende 'www.galego21.org/xis' os 
seguintes programas elaborados polo equipo do Xis:

- Xis 4.03 .- A adaptación ao galego do coñecido navegador Netscape 
Communicator, que inclúe navegador Web, Xestor de Correo electrónico, Xestor de 
grupos de debate, e editor HTML.

- WinAmp 2.64 .- O mais famoso reproductor de arquivos de música en formato MP3

- WebCopier 2.1 .- O navegador off-line mais empregado polos internautas a 
nivel internacional. Permite baixar todo un sitio Web ao noso disco para 
despois navegar polas suas páxinas sen conexión telefónica.

- WebZip 3.80 .- Igual que o WebCopier, pero permite gardar o sitio descargado 
en formato Zip.

- LeechFtp 1.3.- Un excelente cliente de Ftp que nos permitirá descargar 
arquivos dende servidores FTP, ou nos permitirá xestionar o noso sitio WEB.

- NetVampire 3.3 .- Un xestor de descargas de arquivos de internet que permite 
entre outras cousas, recuperar unha descarga que se cortou polo medio no punto 
onde se deixou, sen ter que comezar de novo a descarga que moitas veces pode 
supoñer unha grande cantidade de Megas. Aforrando tempo e sobre todo cartos.

Easy CD-DA Extractor: Permite pasar música dun CD a formatos dixitais para 
escoitalos por ordenador en varios formatos, principalmente MP3.

Mozilla 6 (M14) .- A evolución do Netscape Communicator, e sobre o que se basea 
a nova versión do Netscape 6 acabado de sair. Esta é unha versión provisional, 
con erros aínda pero que permitenos ver como será a vindeira versión do 
navegador XIS, con xestor de correo de grupos de novas e editor HTML, ademais 
incorpora con respecto ao Netscape Communicator técnicas avanzadas de 
programación orientada a obxectos. Este novo producto incorpora total 
compatibilidade cos estandares HTML 4, CSS, -1, XLM, RDF, etc...

Para descargar as versións destes programas ademais doutros da autoría doutras 
persoas que estan dispoñíbeis na rede podes ir a www.galego21.org/xis . 

Para mais información:

 camilo.regue...@galego21.org 

RE: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Camilo Regueiro

  inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre
distribución.

 ... para Windows, ¿non? };-) E un pouco unha broma e un pouco en
 serio: dicir todo o software de libre distribución é dicir moito, e
penso
 que dicindo que para Windows (inicialmente), ou algunha matización dese
 estilo, podería quedar mellor.

 Xa, xa sei que son un pesado, pero tamén RMS o é e mirade canta xente
 o admira ;-D

Dacordo tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos
diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é
o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen
admirado como RMS :))).

Apertas

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 18/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía:

 inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución.

... para Windows, ¿non? };-) E un pouco unha broma e un pouco en
serio: dicir todo o software de libre distribución é dicir moito, e penso
que dicindo que para Windows (inicialmente), ou algunha matización dese
estilo, podería quedar mellor.

Xa, xa sei que son un pesado, pero tamén RMS o é e mirade canta xente
o admira ;-D

-- 
 Roberto Suarez Soto ·   Help me ...
   ask...@gpul.org   ·   Heal me ...
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain   ·   Kill me ...

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 19/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía:

 Dacordo tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos
 diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é
 o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen
 admirado como RMS :))).

Non, é que en Linux hai de toda clase de software :-D Hai software de
libre distribución (freeware, para entendermonos), software Open Source (de
código aberto), shareware, software comercial ... :-) Que a meirande parte
sexa de código aberto non quere dicir que sexa todo así. Aínda que me gustaría
:-D

E o propio termo de libre distribución ten moitos detalles. Hai
moitos programas que son de distribución caseque libre: programas que permiten
a súa distribución só en forma de fontes, programas que permiten a súa
distribución libre mais non permiten que se cobre nada por eles (en forma de
CDs ou revistas, por exemplo), etc.

A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir
software gratuito (freeware) e de demostración (shareware) para Windows, xa
que iso é o que tedes de momento. Non é que cambie moito (casi nada, de
feito), pero é unha cousa máis exacta :-)

Síntoo, pasei demasiado tempo con Jacobo e pegóuseme toda a cousa
legal isa de definir as cousas do xeito máis axeitado posible :-D

-- 
 Roberto Suarez Soto ·   Help me ...
   ask...@gpul.org   ·   Heal me ...
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain   ·   Kill me ...

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Roberto Suarez Soto wrote:
 
vaia co emulador de Mr RMS, e non esquences o software libre };)))
lembra que freeware != sw libre, e opensource != sw libre tb ;))

por credes que vos serve serve de algo ...
http://www.gnu.org/philosophy/categories.html

 A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir
 software gratuito (freeware) e de demostración (shareware) para Windows, xa
 que iso é o que tedes de momento. Non é que cambie moito (casi nada, de
 feito), pero é unha cousa máis exacta :-)

hmm, eu casi que tb me apunto. pero Camilo, tómao como unha simple
*suxerencia* ;))

 Síntoo, pasei demasiado tempo con Jacobo e pegóuseme toda a cousa
 legal isa de definir as cousas do xeito máis axeitado posible :-D
 
 --
  Roberto Suarez Soto ·   Help me ...
ask...@gpul.org   ·   Heal me ...
   Corgo/Lugo/Galicia/Spain   ·   Kill me ...

PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só
fai un listado de directorios ;))

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo man...@linuxfan.com

TraSNo- GNU/Linux en galego [http://trasno.gpul.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de GNU/Linux [http://www.glug.es]
GNU [http://www.gnu.org] - Debian GNU/Linux [http://www.debian.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

RE: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Camilo Regueiro
 PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só
 fai un listado de directorios ;))

 aburinho!!

ummm ?:( estas seguro. Estiven probando e vexo que o temos. Debeu de
pasar que Roberto Abalde estivo cambiando onte as páxinas e entraches nun
intre que estaba actualizando, supoño.

Proba de novo e se estas conectado a un Proxy, actualiza a páxina. Se
segue a pasar avisame por favor.

Gracias polo aviso

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

RE: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Camilo Regueiro
A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir software
gratuito (freeware) e de demostración 
(shareware) para Windows, xa que iso é o que tedes de momento. Non é que
cambie moito (casi nada, de
feito), pero é unha cousa máis exacta :-)

A ver Roberto. como ti dis é o que temos ata o de agora, e se queremos
exactitude precisa, o Mozilla que temos é 'open source' e ademais vai servir
para Linux, está Jesus con eso, e poderíamos decir que é un proxecto
Galego21-TRASNO (non si Jesus?), asi pois a túa suxerencia xa non é
correcta. Agardamos ter algo tamén para Mac, e así pois tampouco poderíamos
limitar a cousa a Windows, etc...

Veña :))

Recibe unha forte aperta

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Novas paxinas do XIS

2000-09-19 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Camilo Regueiro wrote:
 
  PD: Camilo, fáltavos o index.html en www.galego21.org, e ao faltar só
  fai un listado de directorios ;))
 
 ummm ?:( estas seguro. Estiven probando e vexo que o temos. Debeu de
 pasar que Roberto Abalde estivo cambiando onte as páxinas e entraches nun
 intre que estaba actualizando, supoño.
 
 Proba de novo e se estas conectado a un Proxy, actualiza a páxina. Se
 segue a pasar avisame por favor.
 
 Gracias polo aviso

pois sería iso, agora mesmo está ben :))

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo man...@linuxfan.com

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe