Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia
De feito estou pensando en escribir un programiña que traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve directamente as estatísticas con gráficas e todo. Iso, iso, traballa un pouco... :) A iso vou. @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da maior parte de KDE Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo montes e moreas de traballo. Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros. e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións, sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir corrixindo os erros. Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa irei botándolle un ollo. Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención humana). Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia
2009/3/10 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: De feito estou pensando en escribir un programiña que traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve directamente as estatísticas con gráficas e todo. Iso, iso, traballa un pouco... :) A iso vou. @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da maior parte de KDE Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo montes e moreas de traballo. Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros. e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións, sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir corrixindo os erros. Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa irei botándolle un ollo. Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención humana). Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das mensaxes que enviei. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia
Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das mensaxes que enviei. Perfeito!, agardo que non tomases a mal os meus anteriores comentarios, que xa me teñen dito fora da lista que estaban un pouco subidiños. Cando teña tempo, tras rematar o Tellico e unhas debconf, irei corrixindo esas cousas.
Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia
Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das mensaxes que enviei. Perfeito!, agardo que non tomases a mal os meus anteriores comentarios, que xa me teñen dito fora da lista que estaban un pouco subidiños. Xa estamos afeitos a ti. Non te preocupes, é mellor liberar a tensión ca estoupar :) Por outra parte tes bastante razón, ti non estás disposto a perder o tempo con estas trapalladas e eu estou algo máis disposto. Cando teña tempo, tras rematar o Tellico e unhas debconf, irei corrixindo esas cousas. Non hai présa, o importante é facelo. Polo de agora só poño erros de escritura e non as traducións que decidimos que son desaconselladas por consenso, ainda que nun futuro tamén chegaremos a iso, supoño, ainda que como aparecen en moitas máis traducións facer unha lista pode levarnos a vida a non ser que teñamos un programa que nola faga. Ata logo, Leandro Regueiro
Sobre as mensaxes de terminoloxia
Ola, estes días é bastante probable que quededes fartos da cantidade de mensaxes sobre terminoloxía con estatísticas sacadas do open-Tran que vou enviar. De feito estou pensando en escribir un programiña que traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve directamente as estatísticas con gráficas e todo. Isto valerá para poñer de manifesto as diferencias entre os glosarios de Mancomun e de open-Tran e intentar que as cousas vaian converxendo. Penso que é boa idea ver cales son as traducións usadas e tratar de homoxeneizar algo as traducións sen cair no da opción única e tamén para ver onde hai erros de tradución ou de escritura ou usos de traducións desaconselladas. @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da maior parte de KDE e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións, sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir corrixindo os erros. Normalmente deixarei o que considero erros ou traducións desaconselladas ó final da lista de traducións que atopei. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia
O Luns 09 Marzo 2009 13:45:41 Leandro Regueiro escribiu: vou enviar. De feito estou pensando en escribir un programiña que traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve directamente as estatísticas con gráficas e todo. Iso, iso, traballa un pouco... :) @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da maior parte de KDE Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo montes e moreas de traballo. e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións, sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir corrixindo os erros. Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa irei botándolle un ollo. Normalmente deixarei o que considero erros ou traducións desaconselladas ó final da lista de traducións que atopei. Ata logo, Leandro Regueiro