Ola,
estes días é bastante probable que quededes fartos da cantidade de
mensaxes sobre terminoloxía con estatísticas sacadas do open-Tran que
vou enviar. De feito estou pensando en escribir un programiña que
traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
directamente as estatísticas con gráficas e todo.

Isto valerá para poñer de manifesto as diferencias entre os glosarios
de Mancomun e de open-Tran e intentar que as cousas vaian converxendo.

Penso que é boa idea ver cales son as traducións usadas e tratar de
homoxeneizar algo as traducións sen cair no da "opción única" e tamén
para ver onde hai erros de tradución ou de escritura ou usos de
traducións desaconselladas.

@Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
maior parte de KDE e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
corrixindo os erros. Normalmente deixarei o que considero erros ou
traducións desaconselladas ó final da lista de traducións que atopei.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a