Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
>> Iso si, antes teremos que definir toda a terminoloxía.
>
> E como saberás de antemao que palabras che van dar problemas?

Moi fácil, tódalas palabras que non están nun glosario, ou deron
problemas antes probablemente me dean problemas, así que traballaremos
sobre esa suposición. Ademais xa sei de varias cas que ainda non di
saido dos problemas. Outras cas que pensaba que non ía ter problema
ningún apareceron como posibles conflitos (p.ex. "grid"), pero en
principio agardo que os problemas por esa parte sexan limitados.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa mvillarino
O Venres 14 Novembro 2008 14:53, Leandro Regueiro escribiu:
> Iso si, antes teremos que definir toda a terminoloxía.

E como saberás de antemao que palabras che van dar problemas?
-- 
Best regards,
MV


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/14 mvillarino :
> 2008/11/14 Leandro Regueiro :
>> "outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
>> por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
>> traducir está acabando comigo.
>
> Neste senso, a opinión de Xosé pesa máis ca miña, dado que na
> actualidade é quen máis se ven adicando á documentación, e por ende ha
> ter o proceso máis definido, pero...
> ...talvez, dadas as circunstancias, debas prantexarte ler o manual
> antes de traducir, ou mesmo traducir o manual á vez ou un pouco antes
> ca interface, ou traducir a interface e logo traducir o manual,
> corrixindo aquela onde corresponda.

Xa. A ver e consigo involucrar ó que o ía traducir, para ver se está
de acordo con este esquema de traballo. Iso si, antes teremos que
definir toda a terminoloxía.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa mvillarino
2008/11/14 Leandro Regueiro :
> "outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
> por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
> traducir está acabando comigo.

Neste senso, a opinión de Xosé pesa máis ca miña, dado que na
actualidade é quen máis se ven adicando á documentación, e por ende ha
ter o proceso máis definido, pero...
...talvez, dadas as circunstancias, debas prantexarte ler o manual
antes de traducir, ou mesmo traducir o manual á vez ou un pouco antes
ca interface, ou traducir a interface e logo traducir o manual,
corrixindo aquela onde corresponda.


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-14 Conversa Leandro Regueiro
>> Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
>> preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
>> realzar porque era o que usaban en mancomun.

Ata onde eu sei gnome agora está orfo, igual ca debian, fedora, e
tódolos programas que traducia nacho (que son unha chea deles). Esta
era unha das cousas que tiñamos que falar na akademy.


> 3 [C] technical a light bright area on a painting or photograph:
>>> iluminar (como verbo) ilmunicación, áreas claras, áreas iluminadas...
>
> e esta creo q é a que buscas

Creo que supós de máis. Que estea traducindo o Inkscape no quere dicir
que "highlight" que traduzo non teña que ver con texto, ou con cousas
da interface (entendo que vos referides a por exemplo o cambio de
aspecto dun botón cando se lle pon o rato enriba).


> O que en inglés pode ser unha única palabra en galego poden ser varias e
> depende do sentido. Así non é o mesmo
>
> - Nun texto (ou en código)
> - Nunha imaxe
> - Nunha UI (efecto de selección)
> - Nun discurso
>
> Realzar, contrastar, resaltar, brillar, subliñar, destacar, iluminar,
> reflectir...
>
> E tamén hai que ter en conta a colisión con outras traducións técnicas como
> "outline" que pode ser destacar, resaltar, trazar, remarcar, contornear,
> perfilar, subliñar, salientar...

"outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
traducir está acabando comigo.


> Creo que antes habería que decidir unha cousa... en que caso estamos a falar
> dun termo técnico e cando estamos a usar un vocábulo corrente. O termo
> técnico debe ser fixado, o vocábulo pode ser variábel.
>
> Pensemos nun caso como "highlight color". Non pode ser que traduzamos "cor
> de brillo" porque iso non ten sentido nun texto, pero si en Gimp. E un
> realce non é o mesmo que un reflexo. Seguramente axudaría unha axuda dun
> deseñador e as súas técnicas.
>
> A miña proposta agora mesmo
>
> highlight
>
> - nun texto, etc > realzar/realce
> - nunha imaxe > distinguir: iluminar(e brillo) // reflectir (e reflexo)
> - UI e discurso > todas as opcións

Conforme co do texto, agora teremos que comezar a substituir se os
demais están de acordo nisto.

No da imaxe xa non o teño tan claro. E no discurso e na UI non vexo
por que poñemos xuntos os dos ámbitos.

> outline
>
> - destacar

Eu diria que pode depender do contexto. Non lembro exactamente, pero
no Inkscape pódese refirir a reducir unha imaxe ós trazos principais,
pero repito, non estou seguro.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-13 Conversa Antón Méixome

Leandro Regueiro escribió:

Teño empregado várias destas opcións. Non teño preferéncias.


Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
realzar porque era o que usaban en mancomun.

Ata logo,
   Leandro Regueiro



Francamente complicado. Creo que podería axudar a decidir ter en conta 
non só as formas senón tamén o sentido e o contexto.


O que en inglés pode ser unha única palabra en galego poden ser varias e 
depende do sentido. Así non é o mesmo


- Nun texto (ou en código)
- Nunha imaxe
- Nunha UI (efecto de selección)
- Nun discurso

Realzar, contrastar, resaltar, brillar, subliñar, destacar, iluminar, 
reflectir...


E tamén hai que ter en conta a colisión con outras traducións técnicas 
como "outline" que pode ser destacar, resaltar, trazar, remarcar, 
contornear, perfilar, subliñar, salientar...


Creo que antes habería que decidir unha cousa... en que caso estamos a 
falar dun termo técnico e cando estamos a usar un vocábulo corrente. O 
termo técnico debe ser fixado, o vocábulo pode ser variábel.


Pensemos nun caso como "highlight color". Non pode ser que traduzamos 
"cor de brillo" porque iso non ten sentido nun texto, pero si en Gimp. E 
un realce non é o mesmo que un reflexo. Seguramente axudaría unha axuda 
dun deseñador e as súas técnicas.


A miña proposta agora mesmo

highlight

- nun texto, etc > realzar/realce
- nunha imaxe > distinguir: iluminar(e brillo) // reflectir (e reflexo)
- UI e discurso > todas as opcións

outline

- destacar

A verdade é que teño que estudalo moito máis.

Antón



Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-13 Conversa Miguel Branco

dependendo do contexto:

(Longman)
highlight
W3 v [T] 
1 to make a problem or subject easy to notice so that people pay attention to 
it: --Your resume should highlight your skills and achievements.// 
>> resaltar, poñer de relevancia, destacar
2 to mark written words with a special coloured pen, or in a different colour 
on a computer: --Use the cursor to highlight the name of the document you want 
to print.//
>> subliñar
3 to make some parts of your hair a lighter colour than the rest: -- 
highlighting n [U] //
>> va, esta non interesa, LOL
highlight 2 n 
1 [C] the most important, interesting, or enjoyable part of something such as 
a holiday, performance, or sports competition: highlight of// --That weekend 
in Venice was definitely the highlight of our trip.// highlight from// --At
30 we'll be showing highlights from the Third Round of the FA Cup.//
>> o destacable, o relevante, importante
2 highlights [plural] areas of hair that have been made a lighter colour than 
the rest:
>>idem
3 [C] technical a light bright area on a painting or photograph:
>> iluminar (como verbo) ilmunicación, áreas claras, áreas iluminadas...

e esta creo q é a que buscas


Re: [G11n] [terminoloxia] highlight

2008-11-13 Conversa Leandro Regueiro
> Teño empregado várias destas opcións. Non teño preferéncias.

Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
realzar porque era o que usaban en mancomun.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[terminoloxia] highlight

2008-11-13 Conversa Leandro Regueiro
O termo de hoxe é hightlight, tanto coma verbo coma substantivo, con
número de aparicións.

No open-tran (verbo):
  Realzar (10×KDE, 1xOpenOffice.org, 3xGNOME)
  Resaltar (2xKDE, 1xGNOME, 2xSUSE)

Antes tamén se usaba destacar.

No open-tran (substantivo):
  Realce (4xKDE, 6xGNOME, 3×OpenOffice.org)
  Realzado (7xKDE, 1xGNOME)
  Resaltado (1xKDE, 6×GNOME)
  Resalte (1xKDE, 1xGNOME, 1xInkscape)
  Brillo (2xGNOME)
  Destaque (2xGNOME)<--- do sodipodi que leva anos sen actualizar
  Destacada (KDE)


Ata logo,
Leandro Regueiro