Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Leandro Regueiro
>> > o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en
>> > serio, pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle
>> > dea a xente por aprender e tal que...
>>
>> A min o que realmente me segue dando que pensar é que teña asignado un
>> código ISO!! Por certo, e ainda o vin hoxe outra vez, non oiras falar
>> do experimento dunha parella que lle falou el en klingon e ela en
>> inglés ó seu fillo para ver o que pasaba?
>
> Teñen código ISO?? Manda Carallo!! O destes é de siquiatra. Tamén din
> que ha 2000 nativos de esperanto, lol.

Pois si, segundo a wikipedia o tlh para o ISO 639-2 e mailo ISO 639-3,
pero non ten código para o ISO 639-1
http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_klingon

Respecto do do esperanto pode ser, hai moitisimos falantes. Creo que
incluso ten máis falantes que máis da metade dos idiomas naturais do
mundo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Leandro Regueiro
On Tue, Jul 29, 2008 at 7:34 PM, Miguel Branco  wrote:
> Resulta que Soraya me di que podemos,literalmente "escribir 2, 4 ou 400
> artigos" para o Diario de Carballo (ollo, que é un blog online) se queremos.
> O que lle apeteza, adiante. Supoño que non viria mal outro explicando que se
> fai aquí, e xa non en termos xerais. Vos mesmos.

Si, mal non viña. Adiante.

> Igual un día lles dou o coñazo ós de Vieiros ou A Nosa Terra e nos publican
> algo. Que vos parece?.*
>
> *PD: non digo que o vaia facer eu necesariamente))

:) Lembro que hai anos, en codigocero pedironme unha especie de
reportaxe sobre o mundo da tradución voluntaria de software ó galego.
Pero isto foi moitos anos, cando estaba dando o salto dende a
tradución no caótico mundo de Windows ó máis organizado e amplo do
software libre, e finalmente non fixera nada.

Tocando outro tema, xa falaramos de montar uns obradoiros ou charlas.
Xa botei un globo sonda para ver se a principios de curso poderiamos
dar unha charla (supoño que eu) de iniciación. Hai que facer o
material, así que se esta anarquía realmente ten algo de democrático
non deberia ser eu quen confeccionara o material se vou ser eu quen
dea a charla :) Se precisades material anterior traio para a semana o
que xuntei esta finde organizando copias de seguridade (flipei co
material que atopei).

Relacionada con este último tema, e cas valoracións que fixeron
nalgunha lista sobre un evento organizado no festigal, penso agora que
o da asociación non nos viña mal para pillar unha subvención ou axuda
para facer folletos para repartir, ademais de pode así ser un
interlocutor válido para certos organismos oficiais.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Leandro Regueiro
2008/7/29 Miguel Branco :
> Si, son as Illas Feroe. Fixen un calco sen querer. Mira que o revisei. Eu
> creo que as Lei de Murphy teñen que dicir algo de canto máis revisas unha
> cousa máis fallos che quedan sen ver.
>
> Está e-publicado (creo)... así q e ná.
>
>> O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon
>
>> home!!
>
> o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en serio,
> pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle dea a xente
> por aprender e tal que...

A min o que realmente me segue dando que pensar é que teña asignado un
código ISO!! Por certo, e ainda o vin hoxe outra vez, non oiras falar
do experimento dunha parella que lle falou el en klingon e ela en
inglés ó seu fillo para ver o que pasaba?

>> Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor
>
>> que poñas unha ligazón directamente a ela.
>
> Hai un carteliño que pon colabora e logo aparece unha escueta intro, moi
> escueta.Habería que revisala... (futuro, polo menos para min)

Igual si. En todo caso penso que respecto ó que habia na web anterior
foi un gran avance.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Miguel Branco

Resulta que Soraya me di que podemos,literalmente "escribir 2, 4 ou 400 
artigos" para o Diario de Carballo (ollo, que é un blog online) se queremos. O 
que lle apeteza, adiante. Supoño que non viria mal outro explicando que se fai 
aquí, e xa non en termos xerais. Vos mesmos. 

Igual un día lles dou o coñazo ós de Vieiros ou  A Nosa Terra e nos publican 
algo. Que vos parece?.*

*PD: non digo que o vaia facer eu necesariamente))


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Miguel Branco

Si, son as Illas Feroe. Fixen un calco sen querer. Mira que o revisei. Eu creo 
que as Lei de Murphy teñen que dicir algo de canto máis revisas unha cousa 
máis fallos che quedan sen ver. 

Está e-publicado (creo)... así q e ná. 

> O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon
> home!!

o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en serio, 
pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle dea a xente 
por aprender e tal que...

> Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor
> que poñas unha ligazón directamente a ela.

Hai un carteliño que pon colabora e logo aparece unha escueta intro, moi 
escueta.Habería que revisala... (futuro, polo menos para min)



Re: Diaro de Carballo: autobombo: Nova versión

2008-07-29 Conversa Leandro Regueiro
O dito na miña mensaxe do outro fío.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-29 Conversa Leandro Regueiro
> As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un
> pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega.
> Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas
> paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén
> son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa
> na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen
> á Unión Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con
> este e o Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia
> dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se
> atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos
> ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora
> de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos
> servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en
> Feroés.

Son illas Feroes ou illas Feroe?

> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos
> dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés
> Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o
> noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o
> apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no
> planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo.
> A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema
> francamente superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser
> modificado e distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén.
> Habitualmente darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo",
> fórmase todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa
> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran
> papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente que
> colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que se
> escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos atopar
> programas de código aberto que se traducen a máis do cento de linguas. E si,
> entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se conten os falantes de
> feroés por milés coma por millóns, a dimensión económica do asunto
> desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso adiante e se
> enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou
> Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén
> ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas
> esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que
> traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces
> tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software
> libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos,
> enteiramente na nosa lingua.

O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon home!!

> Se queredes máis información ou mesmo enrolarvos coma tradutores na súa
> división galega, visitade www.trasno.net.

Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor
que poñas unha ligazón directamente a ela.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Diaro de Carballo: autobombo: Nova versión

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

Mais que retocar, reescribín os dous últimos parágrafos. Non sendo que vexades 
algo estrano esta é a versión que vou enviar. Grazas polos consellos. 

__
As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un  
pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. 
Mais, e ben o explicou Ch.R. Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes 
cheas de peculiaridades naturais. En canto á  súa xente, si, tamén son 
peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que 
viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión 
Europea. Tampouco falan o danés senón unha lingua relacionada con este e o 
noruegués, o feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os 
habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na 
emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer 
centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a 
tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos 
terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores traducidos ó 
Feroés.
 
Un momento, non fun preciso dabondo. A unha compañía coma Microsoft, 
fabricante dos arquicoñecidos XP e Vista, ou coma Apple, o feroés resúltalles 
unha lingua, digámolo en termos económicos, pouco rendible. E digo pouco 
porque traducir software, que é do que falo, é realmente caro. -Para sesenta 
mil falantes!?- dirán. Así que os feroeses téñense que conformar con comprar a 
versión inglesa deses produtos ou, probablemente o prefirán, a danesa. Pero, 
parece que alguén aló nas illas non está conforme con esta situación e non só 
isto senón que se puxo mans á obra. Resulta que alguén está disposto a que 
todos os seus veciños feroeses poidan navegar por internet ou ler o seu correo 
electrónico sen abandonar a súa lingua materna. Será o Primeiro Ministro das 
Feroes?. Sexa que sexa conseguirao cunha dose de paciencia e esforzo, pero sen 
necesidade de facer unha sentada diante das oficinas de Microsoft en Redmond. 
Nin creo que fose frutífera nin tampouco sería necesario. O que ese alguén 
fará, e do que non hai constancia de que sexa o Primeiro Ministro, será 
traducir un dos escritorios [1] dispoñibles para Linux [2]. Linux, igual ca 
Windows XP ou Mac OS X,  é un sistema operativo, é dicir, digámolo así, é o 
software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de 
acendido ata que o apagamos. O escritorio é todo o que vemos e usamos entre 
medias. Cando remate a súa tradución os seus veciños e el mesmo poderán 
empregar un ordenador cen por cento en feroés... a custo cero. Nin este veciño 
ha cobrar por traducir software nin tampouco é necesario pagar por descagar, 
instalar ou usar Linux legalmente. Fagan contas e comprobarán que, como moito, 
os feroeses só pagarán a factura de compra do ordenador grazas a esquecerse de 
compañías coma as citadas enriba.

O misterio da redución drástica no importe da factura reside en que Linux é 
software libre, ó igual có escritorio que este feroés traduce. Estamos 
acostumados a ver e usar produtos de software que son producidos de xeito 
privado, por compañías, e a logo ver como nos venden eses produtos, enlatados 
e ben pechadiños. Porén, o software libre ten como sinal de identidade ser 
feito de xeito colaborativo a través de internet por voluntarios, ser 
distribuible gratiuitamente e ser modificable ó antollo dos usuarios, 
legalmente, claro. O efecto colateral disto é que os proxectos de software 
libre poden ser traducidos sen necesidade dun estudo de marketing previo e sen 
render contas a ninguén. Linux, KDE e Gnome, que son os principais escritorios 
para Linux, Firefox, OpenOffice,... son software libre e son traducidos por 
voluntarios. Para ese alguén que traduce ó feroés dá igual que os seus 
compatriotas se conten por miles coma por millóns, a el só lle importa que 
haxa informática en feroés.. Coma co feroés, o software libre tradúcese a 
centos de linguas. Tradúcese ó frisón, alemán, chinés ou bengalí, tamén ó 
butanés, zulú e ó guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó esperanto, ó ido 
e ó inglés antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén 
está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software e 
facémolo, principalmente, baixo o Proxecto Trasno [3] (www.trasno.net). Inda 
que queda moito por facer, xa temos ordenadores galegofalantes... todo 
software libre.   
 
A min gústame dicir que o software libre, amais de ofrecer calidade, é 
socialmente xusto. É que, abonda con que haxa un só voluntario disposto as 
romper as barreiras da imposición lingüística ou as impostas pola demografía 
que a totalidade dos seus esforzos han chegar da man do software libre, 
independentemente de razóns socioeconómicas, a onde a tecnoloxía dea chegado,


[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_de_escritorio
[2]

Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

> Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland
> non opera nada.
si, si, é evidente. O que pasa é, como lle explican nu cacho breve cal é a 
diferenza entre Linux e os DE?. Por iso usei intensivamente Linux coma 
sinónimo de Linux/DE

> >> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios,
> leva agá: hostes (pero  non sería mellor algo menos militar?)
Apuntado

> Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???
Nótase que onte estaba eu de resaca de festas, si, se poño FF tamén hei poñer 
KDE e Gnome!.

Isto vai en xeral, hei modificar bastante a última parte do artigo e omitir 
moitas das explicacións que fago. 



Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

> Eu non usaría a linguaxe militar, pero supoño que é cuestión de gustos.

Siu, tes razón, lido hoxe faise excesivo. 


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa mvillarino
2008/7/28 Adrián Chaves :

>> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
>> cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
>> polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo,
Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland
non opera nada.

> Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
> rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
> que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
> que o leven (o chasco).

Vender seguridade, ou posición na táboa das linguas máis traducidas, é
pouco recomendábel: abonda cun fallo de seguridade, ou unha mensaxe
non/mal traducida para ter a agarrada montada.

>> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios,
leva agá: hostes (pero  non sería mellor algo menos militar?)

> Non estou de todo seguro disto, pero en galego creo que as linguas non
> levan maiúscula inicial.
Non, non levan.


>>  E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés
>> Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está
>> o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese
>> traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre
>> gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma
>> Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na
>> nosa lingua.
Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Adrián Chaves
O Dom, 27-07-2008 ás 18:07 +0200, Miguel Branco escribiu:
> Olá a todos, 
> 
> Non sei se recordades que comentara o do "Diario de
> Carballo" (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz
> do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran
> que escribira algo para esa web explicando o da tradución Antes de
> que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que
> vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas)
> destructivas, :) 
> 
> Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis
> complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. 
> 
> ...
> 
> As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca
> un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de
> Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son
> habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto
> á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha
> provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas
> e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco
> falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o
> Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os
> habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na
> emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos
> ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á
> hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo
> que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen
> ordenadores en Feroés. 
> 
> Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con
> Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un
> atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable
> empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón
> básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro.
> Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas
> a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías.

Non sei se está ben que digas iso de "esta nova maneira", xa que suponse
que nos primeiros pasos da informática o software libre era A MANEIRA.
Se atopas unha forma de deixalo claro sen ter que o explicar noutro
parágrafo, estaría ben ;-)

> Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de
> facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os
> programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo
> venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios;

Aquí creo que te confundiches, pois empezaches co "Se" e continuaches
cunha contraposición. Volve lelo. Creo que pretendías empezar "O modelo
estándar...".

> o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a
> xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a
> facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e
> distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a
> nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e
> filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade
> e complexidade. 
> 
> 
> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
> cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
> polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un
> software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o
> botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema
> operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único.
> Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e
> perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior,

Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
que o leven (o chasco).

> Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e
> distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente
> darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase
> todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa
> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun
> gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente
> que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que
> se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos
> atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de
> linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se
> conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión
> económica do asunto desaparece. O único que fai fa

Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa damufo

Parabéns!
En xeral gustame,
Eu non usaría a linguaxe militar, pero supoño que é cuestión de gustos.
Saúdos

Miguel Branco escribiu:

Olá a todos,

Non sei se recordades que comentara o do "Diario de Carballo" 
(http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz do evento de 
Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran que escribira 
algo para esa web explicando o da tradución Antes de que llo mande a 
Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que vos parece. Admito 
críticas contructivas e (algunhas) destructivas, :)


Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis complementando 
este artigo, a ver que lle parece e que me di.


...

As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un 
pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de 
Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son 
habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á 
súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha provincia 
autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo 
dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco falan o Danés 
senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o Feroés. Si, é 
unha lingua nada nas illas e propia dela; só os habitantes das Feroes, 
xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na emigración, o falan a 
diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer centos de problemas 
na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a tele, escoitar a 
radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos terán na súa 
lingua propia... de feito non teñen ordenadores en Feroés.


Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con 
Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un atranco 
que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable empresa coma 
Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón básica é que 
traducir software, que é do que falo, é realmente caro. Pero os feroeses 
si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas a unha nova 
maneira de entender as novas tecnoloxías. Esta nova maneira, o código 
aberto ou software libre, é unha forma de facer software, programas 
informáticos. Se o modelo estándar é que os programas os faga unha 
compañía, dun xeito privado, para que logo venda os seu produtos, 
enlatados e pechados, ós usuarios; o software libre, pola contra, 
aproveitase da internet para reunir a xente que altruistamente colabore 
en proxectos abertos adicados a facer software, software que se pode 
examinar, retocar, modificar e distribuír gratis e legalmente. É todo un 
cambio de concepto ó que a nosa sociedade inda non se acostumou e iso 
que esta metodoloxía, e filosofía de traballo, é quen de producir 
software de enorme calidade e complexidade.


O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar 
cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo 
finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que 
fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de 
acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo 
máis estendido no planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é 
un sistema operativo. A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, 
aparte de ser un sistema francamente superior, Linux sendo un proxecto 
de software libre pode ser modificado e distribuído legalmente sen lle 
render contas a ninguén. Habitualmente darredor de proxectos coma este, 
de software "colaborativo", fórmase todo un exercito de desenvolvedores 
voluntarios que contribúen a esa misión común. Unha das divisións desas 
ostes de voluntarios, e cun gran papel que xogar, fórmana o batallón dos 
tradutores. Isto é, xente que colabora traducindo nese proxecto pasando 
do inglés, lingua na que se escriben os programas informáticos, á súa 
lingua. Así, podemos atopar programas de código aberto que se traducen a 
máis do cento de linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá 
igual que se conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a 
dimensión económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que 
alguén dea un paso adiante e se enrole na misión. Como o feroés, 
tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó 
Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés 
Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está o 
Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese 
traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre 
gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma Linux, 
Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na nosa lingua.


A min gústame dicir que o software libre é socialmente xusto, 

Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-27 Conversa Miguel Branco

Olá a todos, 
Non sei se recordades que comentara o do "Diario de Carballo" 
(http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é  que a raíz do evento de 
Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran que escribira algo 
para esa web explicando o da tradución Antes de que llo mande a Soraya, a 
rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que vos parece. Admito críticas 
contructivas e (algunhas) destructivas, :) 
Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis complementando este 
artigo, a ver que lle parece e que me di.  
...
As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un 
pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. 
Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas 
paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén son 
peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que 
viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión 
Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o 
Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os 
habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na 
emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer 
centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a 
tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos 
terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en Feroés. 

Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con Windows 
XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un atranco que bota para 
atrás mesmo a unha economicamente saudable empresa coma Microsoft á hora de 
traducir os seus produtos. A razón básica é que traducir software, que é do 
que falo, é realmente caro. Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores 
na súa lingua grazas a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías. 
Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de facer 
software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os programas os 
faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo venda os seu produtos, 
enlatados e pechados, ós usuarios; o software libre, pola contra, aproveitase 
da internet para reunir a xente que altruistamente colabore en proxectos 
abertos adicados a facer software, software que se pode examinar, retocar, 
modificar e distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que 
a nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e filosofía 
de traballo, é quen de producir software de enorme calidade e complexidade. 

O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos dous 
adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés Linus 
Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o noso 
ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o apagamos. 
Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no planeta, pero como 
vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza 
fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente 
superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e 
distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente darredor 
de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase todo un exercito 
de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa misión común. Unha das 
divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran papel que xogar, fórmana o 
batallón dos tradutores. Isto é, xente que colabora traducindo nese proxecto 
pasando do inglés, lingua na que se escriben os programas informáticos, á súa 
lingua. Así, podemos atopar programas de código aberto que se traducen a máis 
do cento de linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que 
se conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión 
económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso 
adiante e se enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, 
Chinés ou Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de 
moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, 
entre todas esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios 
que traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás 
veces tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter 
software libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, 
enteiramente na nosa lingua.

A min gústame dicir que o software libre é socialmente xusto, pois, grazas a 
todo ese exercito de voluntarios, galegos incluídos, dá igual a razón 
socioeconómica ou o lugar do planeta no que se viva.

Re: Autobombo

2008-07-22 Conversa Miguel Branco
O Tuesday 22 July 2008 13:49:31 Leandro Regueiro escribiu:
> Xa estou empezando a pensar que che entusiasma tanto a idea do
> autobombo porque a páxina esta é de cor verde :)

hahaha, moi boa!


Re: Autobombo

2008-07-22 Conversa Leandro Regueiro
Xa estou empezando a pensar que che entusiasma tanto a idea do
autobombo porque a páxina esta é de cor verde :)

Eu non me vexo con tempo para facer nada. Imprevistos acontecementos
familiares fodéronme case todo o tempo do que dispoño. Intentarei
rematar as catro cousas que estou facendo agora e non creo que teña
tempo para máis ata que comece o novo curso...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Autobombo

2008-07-19 Conversa Miguel Branco
On Saturday 19 July 2008 15:44:30 mvillarino wrote:
> O Sábado 19 Xullo 2008 13:27, Miguel Branco escribiu:
> > Gustariame que outros de vós escribirades tamén algún artículo.
>
> Antes tería que dar o visto e prace a rapaza esta, ou?

Si, claro: eu pregunto antes aquí para ver se alguén máis lle fai escribir, 
antes de lle dicir nada. 
>
> > Outros de vós poderiades falar doutros pormenores, como cal é historia de
> > Trasno; que se fai na Localización ó Galego ou outras cousas que se vos
> > ocorran.  Veña, a animarse, que fai falta autobombo!!.
>
> Por min vale, avisa un par de semanas antes e listo (supoño que abondará
> para un par de colunas)

Na páxina que ela di (Diario de Carballo) podedes ver exemplos. 


Re: Autobombo

2008-07-19 Conversa mvillarino
O Sábado 19 Xullo 2008 13:27, Miguel Branco escribiu:
> Gustariame que outros de vós escribirades tamén algún artículo.
Antes tería que dar o visto e prace a rapaza esta, ou?
> Outros de vós poderiades falar doutros pormenores, como cal é historia de
> Trasno; que se fai na Localización ó Galego ou outras cousas que se vos
> ocorran.  Veña, a animarse, que fai falta autobombo!!.
Por min vale, avisa un par de semanas antes e listo (supoño que abondará para 
un par de colunas)
-- 
Best regards,
MV


Autobombo

2008-07-19 Conversa Miguel Branco
Bos Días, 

Despois da exposición en Carballo chegoume ó meu correo isto, pertence a unha 
das rapazas que que forma parte da rede de Dinaminazación da Consll. de 
Industria e Innovación, da que algo vos falei. Pídeme o seguinte:

> son Soraya, Dinamizadora da Sociedade da Información no Concello de
> Carballo [...] non sei se te quedaches cun dos proxectos que comentou
> Carmen, a coordinadora da RDSI, que estou a levar a cabo en Carballo:
> Diario de Carballo. O asunto polo que te escribo é para saber se me
> poderías mandar un pequeno escrito, artigo ou chámao como queiras para
> publicar neste espazo. O tema sería, á túa libre elección: un pequeno
> resumo do que comentabas na túa exposición, ou simplemente como viviches a
> mesa redonda na que participaches. Polo momento non hai moito que ver,
> agardo que sexa polo momento que estamos a comezar e somos moi poucos, pero
> para que te fagas unha idea http://diariodecarballo.wordpress.com/ nun
> futuro moi próximo será http://diariodecarballo.es.tl/. Tamén tes a
> liberdade de se queres contarnos calquera outra cousa, a poder ser que teña
> que ver co teu traballo, NNTT, etc. etc. será benvido.[...]

Contesteille que o faría de bo grao. Pero ocórreseme abusar un pouco da súa 
confianza e pedirlle que poidamos facer unha pequena serie de publicacións que 
poide publicar, por exemplo, 3 ou 4 salteadas cada semana. 

Gustariame que outros de vós escribirades tamén algún artículo. 

Eu por exemplo, podería falar de algo que falei na exposición, de porqué é 
necesario traducir e cal é o impacto que o código libre ten na normalización a 
nivel mundial. Comentei que o código aberto permite localización a calquera 
idioma, indendentemente do país onde se fale, a situación de desenvolvemento 
do país e da situación após doutras linguas e que isto faino socialmente 
xusto. 

Outros de vós poderiades falar doutros pormenores, como cal é historia de 
Trasno; que se fai na Localización ó Galego ou outras cousas que se vos 
ocorran.  Veña, a animarse, que fai falta autobombo!!.