Re: Diaro de Carballo: autobombo
>> > o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en >> > serio, pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle >> > dea a xente por aprender e tal que... >> >> A min o que realmente me segue dando que pensar é que teña asignado un >> código ISO!! Por certo, e ainda o vin hoxe outra vez, non oiras falar >> do experimento dunha parella que lle falou el en klingon e ela en >> inglés ó seu fillo para ver o que pasaba? > > Teñen código ISO?? Manda Carallo!! O destes é de siquiatra. Tamén din > que ha 2000 nativos de esperanto, lol. Pois si, segundo a wikipedia o tlh para o ISO 639-2 e mailo ISO 639-3, pero non ten código para o ISO 639-1 http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_klingon Respecto do do esperanto pode ser, hai moitisimos falantes. Creo que incluso ten máis falantes que máis da metade dos idiomas naturais do mundo. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Diaro de Carballo: autobombo
On Tue, Jul 29, 2008 at 7:34 PM, Miguel Branco wrote: > Resulta que Soraya me di que podemos,literalmente "escribir 2, 4 ou 400 > artigos" para o Diario de Carballo (ollo, que é un blog online) se queremos. > O que lle apeteza, adiante. Supoño que non viria mal outro explicando que se > fai aquí, e xa non en termos xerais. Vos mesmos. Si, mal non viña. Adiante. > Igual un día lles dou o coñazo ós de Vieiros ou A Nosa Terra e nos publican > algo. Que vos parece?.* > > *PD: non digo que o vaia facer eu necesariamente)) :) Lembro que hai anos, en codigocero pedironme unha especie de reportaxe sobre o mundo da tradución voluntaria de software ó galego. Pero isto foi moitos anos, cando estaba dando o salto dende a tradución no caótico mundo de Windows ó máis organizado e amplo do software libre, e finalmente non fixera nada. Tocando outro tema, xa falaramos de montar uns obradoiros ou charlas. Xa botei un globo sonda para ver se a principios de curso poderiamos dar unha charla (supoño que eu) de iniciación. Hai que facer o material, así que se esta anarquía realmente ten algo de democrático non deberia ser eu quen confeccionara o material se vou ser eu quen dea a charla :) Se precisades material anterior traio para a semana o que xuntei esta finde organizando copias de seguridade (flipei co material que atopei). Relacionada con este último tema, e cas valoracións que fixeron nalgunha lista sobre un evento organizado no festigal, penso agora que o da asociación non nos viña mal para pillar unha subvención ou axuda para facer folletos para repartir, ademais de pode así ser un interlocutor válido para certos organismos oficiais. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Diaro de Carballo: autobombo
2008/7/29 Miguel Branco : > Si, son as Illas Feroe. Fixen un calco sen querer. Mira que o revisei. Eu > creo que as Lei de Murphy teñen que dicir algo de canto máis revisas unha > cousa máis fallos che quedan sen ver. > > Está e-publicado (creo)... así q e ná. > >> O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon > >> home!! > > o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en serio, > pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle dea a xente > por aprender e tal que... A min o que realmente me segue dando que pensar é que teña asignado un código ISO!! Por certo, e ainda o vin hoxe outra vez, non oiras falar do experimento dunha parella que lle falou el en klingon e ela en inglés ó seu fillo para ver o que pasaba? >> Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor > >> que poñas unha ligazón directamente a ela. > > Hai un carteliño que pon colabora e logo aparece unha escueta intro, moi > escueta.Habería que revisala... (futuro, polo menos para min) Igual si. En todo caso penso que respecto ó que habia na web anterior foi un gran avance. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Diaro de Carballo: autobombo
Resulta que Soraya me di que podemos,literalmente "escribir 2, 4 ou 400 artigos" para o Diario de Carballo (ollo, que é un blog online) se queremos. O que lle apeteza, adiante. Supoño que non viria mal outro explicando que se fai aquí, e xa non en termos xerais. Vos mesmos. Igual un día lles dou o coñazo ós de Vieiros ou A Nosa Terra e nos publican algo. Que vos parece?.* *PD: non digo que o vaia facer eu necesariamente))
Re: Diaro de Carballo: autobombo
Si, son as Illas Feroe. Fixen un calco sen querer. Mira que o revisei. Eu creo que as Lei de Murphy teñen que dicir algo de canto máis revisas unha cousa máis fallos che quedan sen ver. Está e-publicado (creo)... así q e ná. > O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon > home!! o que haxa eses frikis resérvoo pra outro artigo, lol. Non, agora en serio, pasóuseme... resúltame incrible que sexa unha lingua que se lle dea a xente por aprender e tal que... > Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor > que poñas unha ligazón directamente a ela. Hai un carteliño que pon colabora e logo aparece unha escueta intro, moi escueta.Habería que revisala... (futuro, polo menos para min)
Re: Diaro de Carballo: autobombo: Nova versión
O dito na miña mensaxe do outro fío. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Diaro de Carballo: autobombo
> As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un > pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. > Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas > paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén > son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa > na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen > á Unión Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con > este e o Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia > dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se > atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos > ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora > de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos > servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en > Feroés. Son illas Feroes ou illas Feroe? > O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos > dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés > Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o > noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o > apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no > planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo. > A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema > francamente superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser > modificado e distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. > Habitualmente darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", > fórmase todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa > misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran > papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente que > colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que se > escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos atopar > programas de código aberto que se traducen a máis do cento de linguas. E si, > entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se conten os falantes de > feroés por milés coma por millóns, a dimensión económica do asunto > desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso adiante e se > enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou > Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén > ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas > esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que > traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces > tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software > libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, > enteiramente na nosa lingua. O de enteiramente traducido igual pode ser excesivo. Inclúe o klingon home!! > Se queredes máis información ou mesmo enrolarvos coma tradutores na súa > división galega, visitade www.trasno.net. Hai algunha páxina de colabora ou apúntate en Trasno? Se é así mellor que poñas unha ligazón directamente a ela. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: Diaro de Carballo: autobombo: Nova versión
Mais que retocar, reescribín os dous últimos parágrafos. Non sendo que vexades algo estrano esta é a versión que vou enviar. Grazas polos consellos. __ As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. Mais, e ben o explicou Ch.R. Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco falan o danés senón unha lingua relacionada con este e o noruegués, o feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores traducidos ó Feroés. Un momento, non fun preciso dabondo. A unha compañía coma Microsoft, fabricante dos arquicoñecidos XP e Vista, ou coma Apple, o feroés resúltalles unha lingua, digámolo en termos económicos, pouco rendible. E digo pouco porque traducir software, que é do que falo, é realmente caro. -Para sesenta mil falantes!?- dirán. Así que os feroeses téñense que conformar con comprar a versión inglesa deses produtos ou, probablemente o prefirán, a danesa. Pero, parece que alguén aló nas illas non está conforme con esta situación e non só isto senón que se puxo mans á obra. Resulta que alguén está disposto a que todos os seus veciños feroeses poidan navegar por internet ou ler o seu correo electrónico sen abandonar a súa lingua materna. Será o Primeiro Ministro das Feroes?. Sexa que sexa conseguirao cunha dose de paciencia e esforzo, pero sen necesidade de facer unha sentada diante das oficinas de Microsoft en Redmond. Nin creo que fose frutífera nin tampouco sería necesario. O que ese alguén fará, e do que non hai constancia de que sexa o Primeiro Ministro, será traducir un dos escritorios [1] dispoñibles para Linux [2]. Linux, igual ca Windows XP ou Mac OS X, é un sistema operativo, é dicir, digámolo así, é o software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o apagamos. O escritorio é todo o que vemos e usamos entre medias. Cando remate a súa tradución os seus veciños e el mesmo poderán empregar un ordenador cen por cento en feroés... a custo cero. Nin este veciño ha cobrar por traducir software nin tampouco é necesario pagar por descagar, instalar ou usar Linux legalmente. Fagan contas e comprobarán que, como moito, os feroeses só pagarán a factura de compra do ordenador grazas a esquecerse de compañías coma as citadas enriba. O misterio da redución drástica no importe da factura reside en que Linux é software libre, ó igual có escritorio que este feroés traduce. Estamos acostumados a ver e usar produtos de software que son producidos de xeito privado, por compañías, e a logo ver como nos venden eses produtos, enlatados e ben pechadiños. Porén, o software libre ten como sinal de identidade ser feito de xeito colaborativo a través de internet por voluntarios, ser distribuible gratiuitamente e ser modificable ó antollo dos usuarios, legalmente, claro. O efecto colateral disto é que os proxectos de software libre poden ser traducidos sen necesidade dun estudo de marketing previo e sen render contas a ninguén. Linux, KDE e Gnome, que son os principais escritorios para Linux, Firefox, OpenOffice,... son software libre e son traducidos por voluntarios. Para ese alguén que traduce ó feroés dá igual que os seus compatriotas se conten por miles coma por millóns, a el só lle importa que haxa informática en feroés.. Coma co feroés, o software libre tradúcese a centos de linguas. Tradúcese ó frisón, alemán, chinés ou bengalí, tamén ó butanés, zulú e ó guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó esperanto, ó ido e ó inglés antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software e facémolo, principalmente, baixo o Proxecto Trasno [3] (www.trasno.net). Inda que queda moito por facer, xa temos ordenadores galegofalantes... todo software libre. A min gústame dicir que o software libre, amais de ofrecer calidade, é socialmente xusto. É que, abonda con que haxa un só voluntario disposto as romper as barreiras da imposición lingüística ou as impostas pola demografía que a totalidade dos seus esforzos han chegar da man do software libre, independentemente de razóns socioeconómicas, a onde a tecnoloxía dea chegado, [1] http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_de_escritorio [2]
Re: Diaro de Carballo: autobombo
> Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland > non opera nada. si, si, é evidente. O que pasa é, como lle explican nu cacho breve cal é a diferenza entre Linux e os DE?. Por iso usei intensivamente Linux coma sinónimo de Linux/DE > >> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, > leva agá: hostes (pero non sería mellor algo menos militar?) Apuntado > Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux??? Nótase que onte estaba eu de resaca de festas, si, se poño FF tamén hei poñer KDE e Gnome!. Isto vai en xeral, hei modificar bastante a última parte do artigo e omitir moitas das explicacións que fago.
Re: Diaro de Carballo: autobombo
> Eu non usaría a linguaxe militar, pero supoño que é cuestión de gustos. Siu, tes razón, lido hoxe faise excesivo.
Re: Diaro de Carballo: autobombo
2008/7/28 Adrián Chaves : >> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar >> cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 >> polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland non opera nada. > Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o > rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse, > que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles > que o leven (o chasco). Vender seguridade, ou posición na táboa das linguas máis traducidas, é pouco recomendábel: abonda cun fallo de seguridade, ou unha mensaxe non/mal traducida para ter a agarrada montada. >> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, leva agá: hostes (pero non sería mellor algo menos militar?) > Non estou de todo seguro disto, pero en galego creo que as linguas non > levan maiúscula inicial. Non, non levan. >> E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés >> Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está >> o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese >> traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre >> gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma >> Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na >> nosa lingua. Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???
Re: Diaro de Carballo: autobombo
O Dom, 27-07-2008 ás 18:07 +0200, Miguel Branco escribiu: > Olá a todos, > > Non sei se recordades que comentara o do "Diario de > Carballo" (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz > do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran > que escribira algo para esa web explicando o da tradución Antes de > que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que > vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas) > destructivas, :) > > Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis > complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. > > ... > > As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca > un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de > Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son > habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto > á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha > provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas > e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco > falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o > Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os > habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na > emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos > ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á > hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo > que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen > ordenadores en Feroés. > > Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con > Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un > atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable > empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón > básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro. > Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas > a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías. Non sei se está ben que digas iso de "esta nova maneira", xa que suponse que nos primeiros pasos da informática o software libre era A MANEIRA. Se atopas unha forma de deixalo claro sen ter que o explicar noutro parágrafo, estaría ben ;-) > Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de > facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os > programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo > venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios; Aquí creo que te confundiches, pois empezaches co "Se" e continuaches cunha contraposición. Volve lelo. Creo que pretendías empezar "O modelo estándar...". > o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a > xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a > facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e > distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a > nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e > filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade > e complexidade. > > > O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar > cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 > polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un > software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o > botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema > operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único. > Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e > perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior, Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse, que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles que o leven (o chasco). > Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e > distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente > darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase > todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa > misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun > gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente > que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que > se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos > atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de > linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se > conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión > económica do asunto desaparece. O único que fai fa
Re: Diaro de Carballo: autobombo
Parabéns! En xeral gustame, Eu non usaría a linguaxe militar, pero supoño que é cuestión de gustos. Saúdos Miguel Branco escribiu: Olá a todos, Non sei se recordades que comentara o do "Diario de Carballo" (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran que escribira algo para esa web explicando o da tradución Antes de que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas) destructivas, :) Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. ... As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en Feroés. Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro. Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías. Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios; o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade e complexidade. O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso adiante e se enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na nosa lingua. A min gústame dicir que o software libre é socialmente xusto,
Diaro de Carballo: autobombo
Olá a todos, Non sei se recordades que comentara o do "Diario de Carballo" (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran que escribira algo para esa web explicando o da tradución Antes de que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas) destructivas, :) Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. ... As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores en Feroés. Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro. Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías. Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios; o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade e complexidade. O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992 polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único. Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior, Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que alguén dea un paso adiante e se enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó Frisón, Alemán, Chinés ou Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na nosa lingua. A min gústame dicir que o software libre é socialmente xusto, pois, grazas a todo ese exercito de voluntarios, galegos incluídos, dá igual a razón socioeconómica ou o lugar do planeta no que se viva.