Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-22 Conversa Manuel A Vazquez

Como Xosé está a traballar en kdeedu, eu empezarei con multimedia e 
playground-multimedia. Se hai algún problema, comunicádeo.

 Un saúdo:
Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es




--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.






Fwd: Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-22 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > 2009/5/21 Adrián Chaves Fernández :
> > > Gracias. Agora xa vexo a casiña. Pero cando a continuación escribo algo
> > > mal (inglés, castelán e "pra"), non se me queixa. Teño que darlle a
> > > algo máis?
> >
> > Non, non tes. Mira en varias mensaxes, a ver que é o que pasa, e se
> > tal mira en Utilidades->Ortografía a ver que lingua está configurada,
> > e se tal vai a Configuración  do sistema para corrixila.
>
> Utilidades > Ortografía non abre nada, e cada vez que volvo iniciar o
> Lokalize a ortografía está desactivada. Vou compilar kdesdk, a ver se así.
> Sorte que en Arch basta cun "makepkg" :D

Nada, compilei e segue igual. Cando lle dou a Utilidades > Ortografía, non 
ocorre nada (non aparece ningún diálogo. Será problema do script oficial para a 
compilación de kdesdk que trae Arch. Polo de agora, malo será que non vaia 
tirando a base de DRAG, volGa e Wordreference.


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Xosé
Eu estou agora con kdeedu, pero, por favor, revísao ti tamén porque hai 
moitísimas cousas (terminoloxía específica) sobre as que teño dúbidas.

xosé


>Ola a todos:
>A partir do 30 de maio, se non ocorre coma o ano pasado, poderei botar unha 
man en kdeedu.
>Unha aperta:

> Manuel A Vázquez
>xixi...@yahoo.es


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Manuel A Vazquez

Ola a todos:
A partir do 30 de maio, se non ocorre coma o ano pasado, poderei botar unha man 
en kdeedu.
Unha aperta:

 Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es



- Mensaje original 
De: mvillarino 
Para: Trasno - Lista 
Enviado: jueves, 21 de mayo, 2009 9:01:52
Asunto: [KDE] Patentes de corso

Estamos a algo así como un mes da publicación de KDE 4.3.0 Como
comprobaríades de consultar l10n.kde.org, desta volta produciuse unha
grande baixada no número de traducións completas nos módulos centrais
de kde; a causa, como xa se anunciou no seu día, débese a que se
xuntou dunha banda un forte incremento na cantidade de mensaxes, e
aliás que non hai tanto tempo dispoñíbel para traducir.
De feito, a día de hoxe, as únicas modificacións nos módulos kde*
foron feitas en kdepim (por Xosé) e en kdepimlibs (creo que Xosé e eu
con correccións de ortografía), kdelibs e kdebase (eu, ortografía).

Polo tanto, quen queira colaborar nos módulos kde* pode facelo, coa
excepción dos comentados no parágrafo anterior, as achegas serán
entregadas ao repositorio sen máis que unha revisión moi por riba e
que pasen as verificacións da entrega.


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.






Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> 2009/5/21 Adrián Chaves Fernández :
> > Gracias. Agora xa vexo a casiña. Pero cando a continuación escribo algo
> > mal (inglés, castelán e "pra"), non se me queixa. Teño que darlle a algo
> > máis?
>
> Non, non tes. Mira en varias mensaxes, a ver que é o que pasa, e se
> tal mira en Utilidades->Ortografía a ver que lingua está configurada,
> e se tal vai a Configuración  do sistema para corrixila.

Utilidades > Ortografía non abre nada, e cada vez que volvo iniciar o Lokalize 
a ortografía está desactivada. Vou compilar kdesdk, a ver se así. Sorte que en 
Arch basta cun "makepkg" :D


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > Non dou activado a corrección ortográfica. Sei que se pode porque en KDE
> > Bugs hai un que pide que vaia activada por defecto, pero as opcións que
> > vexo de configuración no Lokalize son poucas.
>
> Editando un ficheiro, dalle ao botón dereito do rato sobre dunha mensaxe.

Gracias. Agora xa vexo a casiña. Pero cando a continuación escribo algo mal 
(inglés, castelán e "pra"), non se me queixa. Teño que darlle a algo máis?


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Xosé
Unha cousa: en kdegames _penso_ que faláramos de non tratar de vostede ao
usuario.

Xosé

2009/5/21 Adrián Chaves Fernández 

> > Estamos a algo así como un mes da publicación de KDE 4.3.0 Como
> > comprobaríades de consultar l10n.kde.org, desta volta produciuse unha
> > grande baixada no número de traducións completas nos módulos centrais
> > de kde; a causa, como xa se anunciou no seu día, débese a que se
> > xuntou dunha banda un forte incremento na cantidade de mensaxes, e
> > aliás que non hai tanto tempo dispoñíbel para traducir.
> > De feito, a día de hoxe, as únicas modificacións nos módulos kde*
> > foron feitas en kdepim (por Xosé) e en kdepimlibs (creo que Xosé e eu
> > con correccións de ortografía), kdelibs e kdebase (eu, ortografía).
> >
> > Polo tanto, quen queira colaborar nos módulos kde* pode facelo, coa
> > excepción dos comentados no parágrafo anterior, as achegas serán
> > entregadas ao repositorio sen máis que unha revisión moi por riba e
> > que pasen as verificacións da entrega.
>
> Eu xa rematei cos exames ata setembro, e pódome adicar a traducir kdegames.
> Se
> iso vou comezando. É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación
> importante? A quen/que lle mando os PO?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> 2009/5/21 Adrián Chaves Fernández :
> > É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación
> > importante? A quen/que lle mando os PO?
>
> Segue o indicado na páxina de trasno ao respecto, a ser posible, caso
> contrario vai ficheiro por ficheiro desde a propria páxina das
> estatísticas.

O mesmo que lle dixen a Miguel, non sei como non o pensei antes.

> O fluxo de traballo normal é: escoller un módulo e notificalo na lista
> para evitar duplicacións de traballo, e finalmente cando o consideres
> oportuno envías os ficheiros por correo electrónico a quen actúe de
> coordinador (nestes momentos a min), a ser posíbel sen comprimilos nin
> empaquetalos.

Dacordo!

> Polo demais nada especial: emprega un editor de ficheiros po, a ser
> posíbel o Lokalize, e activa a corrección ortográfica. Tenta ser
> consistente.

Non dou activado a corrección ortográfica. Sei que se pode porque en KDE Bugs 
hai un que pide que vaia activada por defecto, pero as opcións que vexo de 
configuración no Lokalize son poucas.

E outra cousa, se dende o Lokalize creo un proxecto para as traducións de KDE,
1) O directorio das traduccións sería /home/chaves/proxectos/Trasno/kde ou 
/home/chaves/proxectos/Trasno/kde/gl ?
2) Que sería o "Cartafol da galla"?


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa mvillarino
2009/5/21 Adrián Chaves Fernández :
> É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación
> importante? A quen/que lle mando os PO?

Segue o indicado na páxina de trasno ao respecto, a ser posible, caso
contrario vai ficheiro por ficheiro desde a propria páxina das
estatísticas.

Os ficheiros en si son ficheiros PO normais, a única cousa especial
que teñen é na contextualización das mensaxes:
-No msgctxt ás veces hai cousas como "@menu/action" ou @info/tooltip,
que indican coa funcionalidade da mensaxe. Son moi útiles á hora de
escoller o tempo verbal ou de modular a lonxitude da tradución.
-Nos comentarios extraidos de ficheiros .ui hai tamén unha indicación
acerca da funcionalidade, non recordo como comeza pero non hai
confusión posíbel.

O fluxo de traballo normal é: escoller un módulo e notificalo na lista
para evitar duplicacións de traballo, e finalmente cando o consideres
oportuno envías os ficheiros por correo electrónico a quen actúe de
coordinador (nestes momentos a min), a ser posíbel sen comprimilos nin
empaquetalos.

Polo demais nada especial: emprega un editor de ficheiros po, a ser
posíbel o Lokalize, e activa a corrección ortográfica. Tenta ser
consistente.


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Miguel Branco

Intentarei retomar o traballo e darlle á /koffice e /kdenetwork (1100 liñas). 
Sen contar o playground é o 12% do que hai que facer. O total son unhas 9000 
liñas, aprox.

grazs polo aviso, Marce!


Re: [KDE] Patentes de corso

2009-05-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Estamos a algo así como un mes da publicación de KDE 4.3.0 Como
> comprobaríades de consultar l10n.kde.org, desta volta produciuse unha
> grande baixada no número de traducións completas nos módulos centrais
> de kde; a causa, como xa se anunciou no seu día, débese a que se
> xuntou dunha banda un forte incremento na cantidade de mensaxes, e
> aliás que non hai tanto tempo dispoñíbel para traducir.
> De feito, a día de hoxe, as únicas modificacións nos módulos kde*
> foron feitas en kdepim (por Xosé) e en kdepimlibs (creo que Xosé e eu
> con correccións de ortografía), kdelibs e kdebase (eu, ortografía).
>
> Polo tanto, quen queira colaborar nos módulos kde* pode facelo, coa
> excepción dos comentados no parágrafo anterior, as achegas serán
> entregadas ao repositorio sen máis que unha revisión moi por riba e
> que pasen as verificacións da entrega.

Eu xa rematei cos exames ata setembro, e pódome adicar a traducir kdegames. Se 
iso vou comezando. É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación 
importante? A quen/que lle mando os PO?