> 2009/5/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación
> > importante? A quen/que lle mando os PO?
>
> Segue o indicado na páxina de trasno ao respecto, a ser posible, caso
> contrario vai ficheiro por ficheiro desde a propria páxina das
> estatísticas.

O mesmo que lle dixen a Miguel, non sei como non o pensei antes.

> O fluxo de traballo normal é: escoller un módulo e notificalo na lista
> para evitar duplicacións de traballo, e finalmente cando o consideres
> oportuno envías os ficheiros por correo electrónico a quen actúe de
> coordinador (nestes momentos a min), a ser posíbel sen comprimilos nin
> empaquetalos.

Dacordo!

> Polo demais nada especial: emprega un editor de ficheiros po, a ser
> posíbel o Lokalize, e activa a corrección ortográfica. Tenta ser
> consistente.

Non dou activado a corrección ortográfica. Sei que se pode porque en KDE Bugs 
hai un que pide que vaia activada por defecto, pero as opcións que vexo de 
configuración no Lokalize son poucas.

E outra cousa, se dende o Lokalize creo un proxecto para as traducións de KDE,
1) O directorio das traduccións sería /home/chaves/proxectos/Trasno/kde ou 
/home/chaves/proxectos/Trasno/kde/gl ?
2) Que sería o "Cartafol da galla"?

Responderlle a