Re: El GLUG

2000-01-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Sun, Sep 12, 1999 at 11:15:30PM +0200, Jacobo Tarrio escribiu:

 internacionalización da bash... pois non é o único, tampouco parecen ter os
 paquetes diffutils, findutils, e algún outro máis. :-??

 Ben, pero no servidor canadiano onde están as cousas hai un po. :-?

 Hei preguntar a François Pinard, que é o coordinador...

Xa sei que isto é un pouco antigo, pero... ¿preguntácheslle isto ó
final? O:)))

Que, por certo, é curioso:

ls *.pot  1
grep -l POT-Creation-Date  2
diff -u 1 2

(resume)
-bash-2.0.pot
-bison-1.25.pot
-cpio-2.3.911.pot
-diffutils-2.6.90.pot
-error.pot
-findutils-4.1.pot
-flex-2.5.2.pot
-music-0.3.8.pot
-ptx-0.4.2.pot

Curiosamente só aqueles que non teñen directorio po/. :-DDD

Ben, se serve para algo traducir isto, apúntame o paquete
findutils. ;-)

E se non (ou se vai servir :-D), apúntame as sharutils, aínda que
só sexa por traducir o uuencode e o uudecode. :-)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-20 Conversa Jacobo Tarrio
O Fri 10 Sep 1999 16:28:49 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

 E se se miran as páxinas dos dous proxectos, ¡non aparece por ningures o
 outro!

 Son un parvo. Solucionado :-

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Jacobo Tarrio
O Fri 10 Sep 1999 16:28:49 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

   E volto a dicir o que puxen aquí hai dez días.  En lugar dun
 proxecto pangalaico (góstame esa palabriña :-) ), existen un proxecto do
 GLUG chamado GZ Linux, e outro do GPUL chamado traduccion ;)

 Ten coidado, non digas que GZlinux é do GLUG, que lles senta mal (sobre
todo, porque non o é) :-)))

 E, falando do dos documentos, e tal, xa quedáramos había tempo en que
eles facían os documentos e nós os programas.

-- 

   Tarrío Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Fri, Sep 10, 1999 at 11:35:40PM +0200, Jacobo Tarrio escribió:

  E volto a dicir o que puxen aquí hai dez días.  En lugar dun
 proxecto pangalaico (góstame esa palabriña :-) ), existen un proxecto do
 GLUG chamado GZ Linux, e outro do GPUL chamado traduccion ;)

 Ten coidado, non digas que GZlinux é do GLUG, que lles senta mal (sobre
todo, porque non o é) :-)))

Ah, fan ben, non coma este, que é do GPUL. ¡Ai, boca calada! }:)))

 E, falando do dos documentos, e tal, xa quedáramos había tempo en que
eles facían os documentos e nós os programas.

¿Entón Francisco Xosé, que está a face-la traducción dos
documentos, é do GZLinux ou do gpul-traduccion? :-?

De calquera xeito, é difícil comprender iso que dis, xa que un
grupo titúlase: Proxecto de Traducción de Linux ao Galego (na túa páxina
Web), e o outro Grupo adicado ao soporte do sistema GNU/LiNuX en galego.
X')))

¡Ai, ai, boca calada! X''

Por certo, e para emprega-la lista para algo.  O que che dixen da
internacionalización da bash... pois non é o único, tampouco parecen ter os
paquetes diffutils, findutils, e algún outro máis. :-??

¿Miraches ti as versións de desenrolo dalgún deles para ver se
están?  Se non, a ver se o podo mirar eu o mércores, que remato as exames e
estarei na escola. O:)))

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Francisco Xose Vazquez Grandal


Jesus Bravo Alvarez escribió:

 ¿Entón Francisco Xosé, que está a face-la traducción dos
 documentos, é do GZLinux ou do gpul-traduccion? :-?

Eu son independiente, non pertenzo a ningun grupo. O que pasa e que me parecia
interesante suscribirme á lista de correo do gpul por ver se habia algen facendo
o mesmo e mais para compartir opinións con xente que tamen está traducindo.
Eu de feito xa comezara a traduccion da guía do usuario GNOME antes de coñecer a
existencia destes grupos organizados. Ó fin e o cabo non imos limitar un 
traballo
de interese xeral por non pertencer a un grupo determinado.

Saudos a todos.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Sun, Sep 12, 1999 at 11:06:35AM +0200, Francisco Xose Vazquez Grandal escribió:

 ¿Entón Francisco Xosé, que está a face-la traducción dos
 documentos, é do GZLinux ou do gpul-traduccion? :-?

Eu son independiente, non pertenzo a ningun grupo. O que pasa e que me parecia
interesante suscribirme á lista de correo do gpul por ver se habia algen 
facendo
o mesmo e mais para compartir opinións con xente que tamen está traducindo.
Eu de feito xa comezara a traduccion da guía do usuario GNOME antes de coñecer 
a
existencia destes grupos organizados. Ó fin e o cabo non imos limitar un 
traballo
de interese xeral por non pertencer a un grupo determinado.

Entón estás na mesma situación ca min.  Eu tamén vou por libre, e
tamén comezara antes a traducir, pola miña conta.

E non digo nada sobre suscribirse ás listas, xa que está ben claro
que son abertas.

Pero paréceme bastante mal que ti e mais eu comezásemos a traducir
antes de coñece-los proxectos.  E non é culpa nosa.  Paréceme tamén
bastante mal que non haixa ningún tipo de coordinación entre os dous
grupos.  Se fose así, alguén, ou algunha páxina web, diríache que te
subscribises á outra lista, xa que é a adicada ás traduccións de manuais.

E o traballo non se vai limitar, ninguén pensa deixar de traducir
por mor disto (eu si, polo menos ata que remate os exames) X'

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Jose Dapena
On Fri, 10 Sep 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

   Estiven a mira-la páxina, e baixei algún documento, e (menos mal)
 usan galego normativo.

Eso está ben.

   E volto de novo ós temas off-topic.  Dende fora, mirando o que
 pasa, semella que vos levades a morrer, o GLUG e o GPUL. :-?  Imaxino que é
 estúpido, pero é o que vexo eu do único que vos coñezo...

Eu en concreto tiven algún problema cun membro (ex-membro seica).
Pero as miñas relacións coa xente de GLUG non son malas. De feito, as dúas
veces que falei con xente de alí (ademáis de este individuo) non atopei
motivos de cabreo.

   E volto a dicir o que puxen aquí hai dez días.  En lugar dun
 proxecto pangalaico (góstame esa palabriña :-) ), existen un proxecto do
 GLUG chamado GZ Linux, e outro do GPUL chamado traduccion ;)

En principio acordaramos (iso se dixo por eiquí) que eles facían a
parte de LDP. E nos faciamos por agora os POTs (a lo menos). Sería algo
moi parecido á situación LuCAS-Insflug-Slug-...

   E se se miran as páxinas dos dous proxectos, ¡non aparece por
 ningures o outro!  Dúas listas diferentes, dúas páxinas diferentes, canles
 de IRC que existen nun lado e non no outro...

Bueno, eu por iso comentei o tema. Ata ese momento, non tiña
coñecemento sequera de que tiñan unha páxina do proxecto, nin que tiñan un
nome en especial nin nada. Creo que na lista había alguén do outro
proxecto, pero non parece existir, non responde PINGs ;-)

 Nin sequera se adican a
 cousas completamente diferentes, pois no do GPUL tamén se fan traduccións
 de manuais...

Tamén se comentou isto por aquí. Parece que como non aparecía o
contacto de GLUG por ningures, pois ian empezar con ese libros, pero sen
meternos, polo que parece, con LDP.

   En fin, unha de dúas, ou teño razón, ou non me entero de nada e
 tería que ir pasar uns días a Coruña.  X'D  A ver se me dicides algo
 coherente. :-)

A verdade é que non sei se hai problemas, por riba dunha falta
clara de comunicación.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
| DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: El GLUG

1999-09-12 Conversa Francisco Xose Vazquez Grandal


Jesus Bravo Alvarez escribió:

 Pero paréceme bastante mal que ti e mais eu comezásemos a traducir
 antes de coñece-los proxectos.  E non é culpa nosa.  Paréceme tamén
 bastante mal que non haixa ningún tipo de coordinación entre os dous
 grupos.  Se fose así, alguén, ou algunha páxina web, diríache que te
 subscribises á outra lista, xa que é a adicada ás traduccións de manuais.

Ola:
Tan so queria decirvos que estou tentando porme en contacto cos do gzlinux 
para
que amparen a miña traduccion no seu seo. Nembargantes eu teño que procurar 
seguir en
contacto cos membros do gpul xa que son eles os que estan traducindo GNOME, 
cando
remate a traduccion terei que comprobar se os termos utilizados na guia 
coinciden cos
dos programas e terei que face-las capturas de pantallas para sustitui-las que 
hai
agora que estan en castelan ( por certo: ¿con eses ficheiros que traducides xa
funcionan todolos progamas de GNOME en galego?). Unha das razons que me levou a
suscribirme a gpul-traduccion é que os do gpul son xente da miña mesma 
facultade e
levo vendo os seus carteis polas paredes dous anos. Ademais espero ser algun dia
membro do gpul, cando a miña situacion linuxeira deixe de ser tan precaria :´-(.
Actualmente teño un cutreoitoseis con moi pouco disco duro (case non me colle o
demo(w95) con dous programas mais) e unha instalacion linux tan pequena que non 
podo
ter nin as X. Como espero poder cambiar o equipo en breve enton poderei facer os
screenshots e proba-las vosas traduccions eu mesmo, pero ata enton seguirei 
traducindo
a guia de GNOME no composer en w95 (usa-lo pico era un coñazo para as tildes e 
iso).
Espero que a ninguen lle pareza mal que faga unha traduccion para linux en w95 
(so é
temporal).

Xa postos decirvos que hai tempo que non envio traduccions pero e que 
estiven
actualizando o que levaba traducidoá ultima version da guia e correxindo os 
erros que
tiña ( gracias a Sergio Rua por enviarme os fallos que lle atopou).

Podedes espertar que xa rematei  ;-D. Saudos a todos e non vos rompade-la 
cabeza
tanto con isto dos distintos grupos.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe