On Fri, 10 Sep 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

>       Estiven a mira-la páxina, e baixei algún documento, e (menos mal)
> usan galego normativo.

        Eso está ben.

>       E volto de novo ós temas off-topic.  Dende fora, mirando o que
> pasa, semella que vos levades a morrer, o GLUG e o GPUL. :-?  Imaxino que é
> estúpido, pero é o que vexo eu do único que vos coñezo...

        Eu en concreto tiven algún problema cun membro (ex-membro seica).
Pero as miñas relacións coa xente de GLUG non son malas. De feito, as dúas
veces que falei con xente de alí (ademáis de este individuo) non atopei
motivos de cabreo.

>       E volto a dicir o que puxen aquí hai dez días.  En lugar dun
> proxecto "pangalaico" (góstame esa palabriña :-) ), existen un proxecto do
> GLUG chamado "GZ Linux", e outro do GPUL chamado "traduccion" ;)

        En principio acordaramos (iso se dixo por eiquí) que eles facían a
parte de LDP. E nos faciamos por agora os POTs (a lo menos). Sería algo
moi parecido á situación LuCAS-Insflug-Slug-...

>       E se se miran as páxinas dos dous proxectos, ¡non aparece por
> ningures o outro!  Dúas listas diferentes, dúas páxinas diferentes, canles
> de IRC que existen nun lado e non no outro...

        Bueno, eu por iso comentei o tema. Ata ese momento, non tiña
coñecemento sequera de que tiñan unha páxina do proxecto, nin que tiñan un
nome en especial nin nada. Creo que na lista había alguén do outro
proxecto, pero non parece existir, non responde PINGs ;-)

> Nin sequera se adican a
> cousas completamente diferentes, pois no do GPUL tamén se fan traduccións
> de manuais...

        Tamén se comentou isto por aquí. Parece que como non aparecía o
"contacto" de GLUG por ningures, pois ian empezar con ese libros, pero sen
meternos, polo que parece, con LDP.

>       En fin, unha de dúas, ou teño razón, ou non me entero de nada e
> tería que ir pasar uns días a Coruña.  X'D  A ver se me dicides algo
> coherente. :-)))))

        A verdade é que non sei se hai problemas, por riba dunha falta
clara de comunicación.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
                | DynDNS: metalicana.ddns.org
                | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a