Re: Sobre a páxina web...

2001-09-02 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 01/Sep/2001, Santiago Garcia Mantinan escribía:

> Home, eu llo propuña á xente de scene, para facer no fast por ali, pero
> seguro que non lles vai facer moita gracia, e non creo que o feito de darlle
> un par de moniños dos de Ximian vaia cambiar moito a cousa, pero bouno
> intentar de todas todas.

Non creo que houbera problema algún :-m Vamos, que normalmente o que
fan nas fast xa é unha tontería por mor do tempo que dan, así que ... :-)

> Hai outra cousa, podemos esperar (a Arroutada é a principios de novembro) a
> ver si aparece algo novo ou sae o da arroutada, e se non, podo tentar
> pedirlle a Alvarete, un colega de Isidro, que é un diseñador caralludo, dos
> que soen gañar ou quedar ben nos concursos de gráficos, nos fast e tal, a
> ver se nos quere facer algo e nos gusta.

Tamén é boa opción. ¿E Ismael? Creo que el tamén é un diseñador
tremendo, ¿non si? :-?

-- 
   Roberto Suarez Soto   I'm bold as love
 ask...@gpul.orgJust ask the Axis
Corgo/Lugo/Galicia/Spain
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-09-01 Conversa Santiago Garcia Mantinan
>   ¿E se (como xa pensaramos antes) se propón como concurso para a
> Arroutada? :-)

Home, eu llo propuña á xente de scene, para facer no fast por ali, pero
seguro que non lles vai facer moita gracia, e non creo que o feito de darlle
un par de moniños dos de Ximian vaia cambiar moito a cousa, pero bouno
intentar de todas todas.

Non dixera nada porque non convén que se saiba, xa sabes como vai isto dos
fast, ten que ser ali, non vale traelo de casa, si se corre a voz de que o
concurso de fast vai a ter por tema o trasno, pois... seguro que non o fan.

Outra cousa que pode pasar e que pase o de sempre, que esperemos e que logo
nos quedemos sen logo porque ou non o queiran facer ou non nos gusten as
cousas, dende logo vendo o que son capaces de facer... sería mais que
interesante.

Hai outra cousa, podemos esperar (a Arroutada é a principios de novembro) a
ver si aparece algo novo ou sae o da arroutada, e se non, podo tentar
pedirlle a Alvarete, un colega de Isidro, que é un diseñador caralludo, dos
que soen gañar ou quedar ben nos concursos de gráficos, nos fast e tal, a
ver se nos quere facer algo e nos gusta.

En fin, vos decidides, o da Arroutada mellor que non saia de aquí, porque
senon non se fai, ok ;-)

Saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-09-01 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 01/Sep/2001, Santiago Garcia Mantinan escribía:

> Umm, vaia por unha vez vou da-la miña opinión, creo que deberiamos escoller
> un pronto, non deixalo para moito mais adiante, porque senon pasa o de
> sempre, que non se escolle nunca.

¿E se (como xa pensaramos antes) se propón como concurso para a
Arroutada? :-)

Porque vale, os que se presentaron na XGN foron ... ben ... non
demasiado óptimos ;-) Pero quizais na Arroutada, facendoo un concurso non só
de Linux, apareza algún logo xeitoso. Haberá grafistas moi bos, e sempre pode
ser que algún teña unha boa idea :-m

-- 
   Roberto Suarez Soto  "If it can break,
 ask...@gpul.org   It'll break"
Corgo/Lugo/Galicia/Spain  (Murphy's Law)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-09-01 Conversa Fco. X. Vázquez
Jacobo Tarrio wrote:
> 
> 
>  Pasa por http://www.trasno.net/logos/ e bota unha ollada. A pregunta é:
> ¿aceptamos máis propostas, desbotamo-las que temos e voltamos comezar, ou
> votamos xa con esas opcións? :-)
> 

Ou poñer un prazo límite, votar, e o que saia saeu. Digo plazo límite
porque igual alguen se anima agora despois de retomarmo-lo tema na
lista, e cantos máis haxa para escoller mellor. Xa diredes.

Saudos. ;)
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-09-01 Conversa Santiago Garcia Mantinan
>  Pasa por http://www.trasno.net/logos/ e bota unha ollada. A pregunta é:
> ¿aceptamos máis propostas, desbotamo-las que temos e voltamos comezar, ou
> votamos xa con esas opcións? :-)

Umm, vaia por unha vez vou da-la miña opinión, creo que deberiamos escoller
un pronto, non deixalo para moito mais adiante, porque senon pasa o de
sempre, que non se escolle nunca.

Estiven a ve-la páxina, e a verdade, non volo tomedes a mal, se eu non
presentei nada é porque calquera cousa que fixese estaría peor. Dos que hai
en plan letras o que mais me gustou foi o de Grandal, e dos debuxos o
trasno.png de Jacobo.

Jacobo: se colleras ese e lle puxeras unas letriñas de trasno por ahi que
quedaran a xogo eu creo que estaría caralludo.

Nada mais, que ninguén se sinta coaccionado polas miñas opinións, eh!
Que logo o discutimos e vos razono por que me gostan mais eses e me dades
todos a razón ;-)

Saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-08-31 Conversa Jacobo Tarrio
O Venres, 31 de Agosto de 2001 ás 20:33:14 +0200, Fco. X. Vázquez escribía:

>Por certo, falando do logo, ¿alguen se ve quen de debuxar un trasno?,
> porque eu xa o tentei infinidade de veces e non me sae, a ver se alguen
> máis o tenta.

 Pasa por http://www.trasno.net/logos/ e bota unha ollada. A pregunta é:
¿aceptamos máis propostas, desbotamo-las que temos e voltamos comezar, ou
votamos xa con esas opcións? :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre a páxina web...

2001-08-31 Conversa Fco. X. Vázquez
Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> - Modifiquei a páxina principal das novidades.  Quitei o logo (mentres non
>   [...]
>   funciona demasiado ben, pero todo chegará.  O deseño global é agora aínda
>   peor que antes, pero eu teño un gusto bastante pésimo. O:)
> 
Ola

   A min gustame máis agora ca antes, claro que tampouco gozo dun gusto
moi exquisito. Creo que ten o que ten que ter, porque o de slashdot
sobraba. Dame un pouco de non sei que vervos asi tan traballadores e eu
adicado á fricción oval asi que creo que a partires de mediados de mes
me porei a traducir un pouquiño.

   Por certo, falando do logo, ¿alguen se ve quen de debuxar un trasno?,
porque eu xa o tentei infinidade de veces e non me sae, a ver se alguen
máis o tenta.

Saudos a todos. ¡¡MOITO TRASNO!!
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Sobre a páxina web...

2001-08-30 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Ola,

Varias modificacións:

- Modifiquei a páxina principal das novidades.  Quitei o logo (mentres non
  teñamos o definitivo), quitei as citas (agora están na páxina de
  información), e quitei as caixas de slashdot e os buscadores (e puxen
  outra co resume do estado da traducción, para ter algún contido dinámico
  na páxina principal ademais das novidades).  Polo momento aínda non
  funciona demasiado ben, pero todo chegará.  O deseño global é agora aínda
  peor que antes, pero eu teño un gusto bastante pésimo. O:)

- GNOME: Actualicei as estatísticas (por fin O:)) e dividín os paquetes en
  dúas partes (tal como fan na páxina de gnome).  Non me convence demasiado
  esa división, e posiblemente a farei doutro xeito (cando teña tempo ao
  remataren os exames :P)

- KDE: Tamén actualicei as estatísticas, que levaban dous meses sen facelo
  porque o servidor de kde que utilizaba para baixar os ficheiros xa non
  funcionaba...

- Ispell: Engadín información sobre o diccionario de ispell en mínimos
  feito por Ramón Flores e André Ventas  (isto aparecerá esta noite)

- RedHat: Agora usa o ultra-power-merdento sistema de estatísticas, o que
  facilita a actualización (antes facíao a man e era un pouco coñazo)

E creo que máis nada... Supoño que farei algunha outra modificación
cando teña máis tempo, pero é o que hai. :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe