2010/3/25 Indalecio Freiría Santos <[email protected]>:
> Boas,
> Eu non sei se será máis correcto devasa ou cortalumes, o que si podo dicir é
> que estiben varios anos traballando nas cuadrillas anti-incendios, e pódovos
> asegurar que nin dios sabe o que é unha devasa.
> Cortalumes como tal está claro que non está aceptado, pero corta-lumes? A
> min o corrector ortográfico dámo por bo.

Eu non sei se "cortalumes" está aceptado ou non. Só digo que non
atopei referencia ningunha a el. Que o confirmen outros se tal. Se non
está aceptado entón usemos "devasa".

Respecto ao da metáfora, creo que a idea é evitar que os problemas, ou
paquetes non se espallen a partir dun determinado punto (firewall),
igual que unha devasa nun monte evita que o lume se espalle dun lado a
outro. Non sei se me explico...

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a