Ola,
para o tema da terminoloxía algo hai en:

http://termos.trasno.gal/


Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
estilo:

http://trasno.gal/memorias-de-traducion/


Saúdos

2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se paga a
> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.
>
> Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...
>
> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])
>
> file por arquivo no canto de por ficheiro
>
> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa
>
> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking porque tes
> arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes arquivos
> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
> fusionar.»
>
> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>',
> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.
>
> erros como «conflicto» (conflito),
>
> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
> MERGE_HEAD)
>
> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))
>
> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.
>
> E aquí todo un pouco mesturado
> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.
>
> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
> checkout.
>
> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
> Por exemplo:
>
> git checkout -b <nome-da-nova-póla>
>
> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas
>
>
> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos e
> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a tradución
> non lle fío moito futuro :-)
>
> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:
>
>> Boas Marcos:
>>
>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.
>>
>>
>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un glosario
>> específico onde poñer os termos as súas traducións
>> commit
>> merge
>> branch
>> push
>> pull
>> diff
>> status
>> reset
>> checkout
>> clone
>> init
>> add
>> staged
>> amend
>> ...
>> Aquí hai algo que igual che pode servir.
>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html
>>
>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío
>> http://termos.trasno.gal/
>>
>>
>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
>> https://github.com/git/git/tree/master/po
>> para logo crear o
>> gl.po
>>
>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa máis
>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións
>>
>>
>> Dani
>>
>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:
>>
>>> Ola a todos,
>>>
>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que serve
>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de traduccións; de
>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear novas
>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se o estou
>>> a facer ben.
>>> Grazas.
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/
>>> git/+pots/git/gl/+translate
>>>
>>
>>
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a